Pasodobre universal (e da Arousa)
[Redacción] A canción que poden escoitar no vídeo chámase “Pasodoble universal”, e acórdase da Arousa no minuto 1.35, e de Butango e de Polonia. Trátase do tema de lanzamento de “Manual de sedución”, o segundo e último traballo discográfico de Marful , grupo liderado pola cantante Ugia Pedreira. Colaboradora da revista Dorna , Pedreira coñece ben a ínsula así que vai estar coma na casa no concerto que vai ofrecer a noite do venres 17 no auditorio. Nesta ocasión, será co grupo Nordestinas , o conxunto que forma xunto con Guadi Galego e Abe Rábade.