Publicacións

De profesión, "sus labores"

Imaxe
Baixo a declaración profesional de “sus labores”, socialmente ben vista, moitas mulleres da Arousa ocultaban nos padróns municipais o seu traballo nas conserveiras. Con este novidoso enfoque, Daniel Vázquez Saavedra analiza o impacto que tivo a industria conserveira na organización do traballo na Illa de Arousa, incluíndo as “amas de casa” dentro da poboación activa. A investigación, titulada O impacto da industrialización na Illa de Arousa , 1889-1935 , contén moitos datos de interese para todos os interesados no estudio da historia da Illa, desde censos de poboación e de fábricas, ata rexistros sobre as loitas agraristas e sindicalistas. Antiga fábrica de conservas na Arousa

Agora que veñen as eleccións...

Imaxe
A antiga fábrica de Goday albergará o Museo da Conserva A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, anunciou na súa recente visita á Illa de Arousa que o concello recibirá un “tratamento singular” en materia de urbanismo, ó ter o 100% do seu termo municipal afectado pola franxa de protección dos 500 metros. A falta de dous meses escasos para as eleccións municipais, a conselleira deu luz verde ás obras de construción do Centro da Terceira Idade e do auditorio, á recuperación do antigo peirao de pau, á creación do Museo da Conserva, á construción do novo vial de acceso ó Chufre e á mellora das instalacións portuarias, obras todas elas anunciadas dende hai tempo.

Outro himno para o Céltiga

Imaxe
Xa vai sendo hora de que o Céltiga , o equipo de fútbol da Arousa (en terceira rexional) galeguice o seu himno e, de paso, adapte a letra ós tempos que corren. Pode que a iniciativa choque nun principio cos afeccionados acostumados a cantar “Loooos coloores, rooojo y blanco...” pero todo é cuestión de facer unha boa adaptación para que encaixe ben coa melodía de sempre. A tradución literal da letra ao galego non serviría, así que desde este blog convidamos a facer propostas. Por certo, a data de fundación do Céltiga non está moi clara. A foto máis antiga do equipo, en posesión do club, data de 1925. E a revista galeguista do mesmo nome, Céltiga, creouse en Bos Aires no 1924. Non é unha hipótese arriscada considerar que os dous nomes están relacionados... Himno do Céltiga La bella isla de Arosa tiene un club de gran valía con su furia deportiva orgullo de nuestra ría siempre juegan sus muchachos con gallardía y valor club Céltiga de la isla entre su clase el me...

Adeus a unha xeración de panadeiros

Imaxe
A panadería Alfonso, máis coñecida pola de “Pacholo”, pechou para sempre o primeiro de marzo. O panadeiro, Alfonso, cansou dun oficio que non coñece festas nin domingos, e ninguén da súa familia quixo continuar o negocio. Pacholo –a el non lle gusta este alcume- era o panadeiro máis reputado da Arousa: as súas empanadas eran as máis demandadas na fin de semana; as súas roscas, as máis vendidas na Semana Santa; o seu pan de ovos, o máis aprezado no San Xulián. Co adeus de Pacholo, despedímonos tamén para sempre dun sabor, e dunha xeración de panadeiros que iniciara seu avó. Marchou deixando a súa clientela en mans da cadea “La boutique del pan”.