Buscar neste blog

20 de xuño de 2011

Sobre a anunciada visita de Belén Esteban


[Redacción] Mari Carmen González Vázquez, “a do  Trillo”, foi a mariscadora elixida pola produtora La Fábrica de la Tele para acompañar á mediática Belén Esteban na súa aventura carcamana. A personaxe madrileña visitará a Arousa nunha data próxima indeterminada –que non  foi anunciada­­– para gravar unha xornada de seca, como parte do seu novo proxecto televisivo. A nova de tan circense visita espertou reaccións encontradas entre os veciños da illa; e para mostra, os resultados da enquisa que publicamos hai unhas semanas. A metade dos votantes non ve con bos ollos a presenza de Belén Esteban e a outra metade móvese entre a indiferencia e a aprobación.

8 comentarios:

  1. con de tres pes20/06/11, 18:41

    estou seguro que a maioria pensa que " a Esteban" a unha personaxe estupida e pouco recomendable, pero todo o que sea que a Illa saia nos medios , por algo que non sea malo , benvido sea , que non sexa por chapapotes , rubios de batea e sustancias menos recomendables.

    ResponderEliminar
  2. En fin, en Cambados Gwyneth Paltrow, e na Illa a "muller que lle tocou a chorra a un torero" (Angel Martín, SLQH) So decir, espero que se vaya rápido. E que non se entere moita xente, non sei si será bo para o turísmo ou non. Despois opinarei.

    ResponderEliminar
  3. haber como o dijo,sin que nadie se me altere,a belen esteban non e un exemplo de nada,mais ben o contrario,penso que, non nos fai falla algunha,cousas coma esta,que o unico o que veñen e, a tocarnos a farramenta,e decir veñen polo seu propio interes,aqui nin temos toreros,nin vendemos sartens,tampouco temos marujitas e folcloricas polo estilo,asi que penso que vamos a ter que pensar en poñer na ponte unha fronteira,e pedir o pasaporte o personal,para que non se nos meta este material defectuoso no medio,e mezclarse co as nosas mulleres o mellor deste povo,as que dunha maneira calada estan sempre o pe do cañon,,esta elementa ben a desprestixiar a todo un colectivo,eu propoño,que non veña,que valla,a paises do tercer mundo,en guerra y que vexa o que sufren os desplazados,que valla a, algun dos barrios marxinais,donde a droga e a prostitucion fan estragos,para que vexa o que e realmenta a vida de quen non ten nada.

    ResponderEliminar
  4. paxaro: si que temos aljo que lle interesa a Esteban, o seu nariz amosa a sua afición de algo que pode conseguir facilmente aqui

    ResponderEliminar
  5. Marioneta de plastilina. Articulada polo poder economico,para enbobar mentes conseguindo deste xeito telas así entretidas e anestesiadas dos problemas reais que nos acucian hoxe en día, para que deste xeito non se rebelen nin protesten. Definición dunha persoaxe de ficción da telemerda.

    ResponderEliminar
  6. 4, ti si que sabes,jajajajajaja

    ResponderEliminar
  7. Eu quero que veña Monserrat Caballé, alomenos poderíamos escoitar a unha gran artista. Tamén vale Ana María Matute, a cantante de Amaral, se pode ser con todos os músicos, e moitas outras mulleres que deixan unha pegada inmortal coa súa escritura, música e demais artes.
    Por Deus, traer a unha personaxe de cotilleo nacional non dignifica, avergoña.

    ResponderEliminar
  8. Cal e o propósito que ven a Illa? Pa ver o duro que e traballar de mariscadora? Non vaya a vir deixalas en ridiculo?

    A ela como persona na vou a cualificar, solo digo que non me agrada o montaxe o que ese dedica, pero cada un fai ca vida o que lle de a gana.

    Si e bo pa A Illa que veña? Podarías dicir que a publicidade que pode ter a Illa séa voa, pero iso xa se verá como comenta o compañeir@ mais arriba.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.