Buscar neste blog

2 de abr. de 2011

O Café Moderno

 Tomando o chocolate no Café Moderno, a finais dos sesenta

[María García] Se ben é certo que a apertura dun bar na illa non é unha noticia destacable, non deixa de ser entrañable que o novo Café Moderno leve ese nome en honor da cafetería que antes había nese mesmo sitio.
O Café Moderno foi un bar de renome no seu tempo. Estaba ubicado no primeiro andar, polo tanto, había que subir unhas escaleiras, o que xa lle daba un toque de distinción. Coas súas mesas de mármore branco e forxa, era lugar escollido por moitos homes para xogar a partida; as mulleres ían cos seus maridos os domingos. A antiga cafetería foi escenario de moitas celebracións, pero para recordar costumes xa desaparecidas, cómpre destacar unha: cando se celebraba a Primeira Comuñón, os rapaces eran convidados pola parroquia a chocolate con churros ao saír da misa; nin que dicir ten que era un momento moi esperado polos cativos. Este festexo celebrábase sempre no Café Moderno.

5 comentarios:

  1. Que dificil sair sin o traxe manchado de chocolate.

    ResponderEliminar
  2. E despois a reparti-los recordatorios.

    ResponderEliminar
  3. Nos meus tempos era na guarde a semana antes da comunión pero ahora creo que xa non se fai, as monxas non deben de ter pa chocolate. O daquela non é que supera moi ben pero fasía unha ilu que non vexas.

    ResponderEliminar
  4. Agora e na guarderia,o venres antes da comunión pero non dan chocolate,danlle un helado.

    ResponderEliminar
  5. Un helado? Cambiaron os tempos. Xa non se poden esborrear coma nós

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.