Buscar neste blog

17 de xan. de 2011

A malleira do polbo

A mazar un polbo de sete quilos, no peirao da Abilleira

[Redacción] Que un polbo reciba unha malleira nada máis ser pescado non é cousa de asombro, o raro sería ver un polbo mazando un home. Non queira o Demo que o intelixente octopus se rebele un día e bata as cachas dos homínidos contra os cons e peiraos da Arousa! De consumarse a sedición cefalópoda, poden estar seguros de que a malleira non obedecería a outro propósito que a vinganza por tantos agravios históricos, pois nada se sabe de que a carne de home vire correúda no prato. Masar por masar. A única tranquilidade que nos queda é a superioridade física, aínda que non quixera un servidor caír nos tentáculos do inmenso polbo que ven na imaxe.

3 comentarios:

  1. Hai moitas formas de mallar, eu conozo xente que lle dá un determinado número de golpes por cada lado independientemente do tamaño, xente que lle dá determinado número de golpes dependendo do tamaña, xente que vai vendo como está o polbo e vaille dando a boleo, con cordel, con pau, etc...

    ResponderEliminar
  2. En función do peso daselle maís ou menos malleira. E cando lle pegas, eu intento facelo o redor do polbo para que se ablande de forma uniforme, xa vas vendo cando el vai estando o perder esa dureza que ten antes de mallar.

    ResponderEliminar
  3. si no lo malla no le cabe en el cubo de grande que es

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.