O cemiterio vello
[Redacción] Gústalle ao pobo arousán que os seus mortos, coma os vivos, teñan luz que os alumee na noite, aínda que sexa só unha vez ao ano. Así, cada un de novembro, o cemiterio énchese de bombillas e créase arredor do camposanto un resplandor que convida á visita nocturna. Este ano, porén, o sistema de iluminación será diferente. O cableado do cemiterio vello non reúne as condicións de seguridade axeitadas, segundo informou a Compañía de Electrificación, que se encarga da instalación. E o cemiterio novo aínda funciona con “luz de obra”. A empresa eléctrica propúxolles aos veciños a contratación dunha nova rede de alumeado, pero ante a falta de acordo económico –cada abonado debería pagar 30 euros pola instalación, máis outros cinco de cota mensual–, cadaquén poñeralles luz aos seus defuntos ao seu xeito. Velas, lanternas e leds servirán para prender a chama do recordo, en ausencia das bombillas. E nas fiestras dalgunhas casas, seguindo unha vella tradición, na noite de Defuntos aboiará nun vaso de aceite unha “bolboreta” –un pequeno disco de cartón cunha mecha– acendida por cada unha das almas que xa van alá.
90 euros o ano por tres dias de luz. Si que querianche facer bo negocio en tempos de crise a conta do mortos, pareceme unha vergoña.
ResponderEliminarEu penso o mesmo, pareceme excesivamente caro a relacion de precio/servicio , e vou a ir mais ala, creo que todos nos demos de conta que a luz subeu unha barbaridade nestes dous ultimos anos , pero bueno eso non quero meterme en eso , senon no asunto da liberalizacion.
ResponderEliminarAhora en teoria , nos podemos contratar a luz con quen queiramos ,digo en teoria porque non sei si na practica na Arousa e asi, xa que como a instalacion e da compañia de electrificacion(tampouco estou seguro) non sei de ninguen que contratara a luz con outra compañia.
Que conste que eu non estou descontento cos servicios de esta compañia, xa que realmente a min sempre que me fixeron falta atenderonme moi ben, e un trato moi personalizado, e eso Fenosa ou outro calquera non no lo daria, ni a inmediatez de ter a catro o cinco traballadores a nosa disposicion a golpe de telefono, eso non creo que ningunha nolo dera.
A miña duda e esa, de si se pode , e de si alguen contratou con outra empresa, economicamente non creo que se aforrara moito, tan solo e por curiosidade.