Buscar neste blog

2 de xul. de 2010

O verán que chegou

A praia do Mallón, nunha tarde de agosto

[Susi Rial] Tódolos anos, cando se aproximan as datas estivais, adoitamos escoitar nos medios de comunicación que o que se achega, será o verán máis cálido da Historia, sempre coa sombra alongada do cambio climático detrás. E este verán 2010 non é unha excepción, dende logo. Hai que ter en conta que cando se refiren á "Historia", queren dicir dende que se teñen datos, cousa que só acontece dende os anos 70. Polo tanto, o espazo de tempo non chega a ser o bastante significativo. Neste verán dise que as temperaturas aumentarán unha media de un ou dous graos. Neste sentido, os expertos de Meteogalicia, páxina web de referencia en canto ás previsións meteorolóxicas, avisan do arriscado que é facer unha predición a tan longo prazo. Aínda así, de ser certa, só é válida para o sur de España. Na Rías Baixas, pola contra, contamos cun clima máis variable, de xeito que non nos salvaremos dos días de chuvia, nin de poñernos unha boa chaqueta pola noite. E, por suposto, moito coidado coas altas temperaturas, sobre todo nenos e persoas maiores, sen esquecerse de recomendacións como as de beber auga aínda que non se teña sede e evita-lo sol entre as 12:00 do mediodía e as 16:00 da tarde.

6 comentarios:

  1. Susi, poderías confirmar que solo se teñen series de datos climáticos desde os 70? creo que erras.

    ResponderEliminar
  2. Recordín que o profe Augusto (Alberti) nos decía na facultade que os datos das series retrotraíanse a 1860, e fiando co que che puxen anteriormente deixo este link que o corrobora:

    http://climantica.org/climanticaFront/gl/page/unidad?u=01&c=03

    Saudos e noraboa polos comentarios.

    ResponderEliminar
  3. ...lamento ser pesado pero quero puntualizar que no link anterior haberá que ir unha vez aberta a páxina a donde pon na marxe dereita "O estudo dos climas pasados.

    Perdón por dar a lata

    ResponderEliminar
  4. Eu diría que a foto é de fai algúns meses. Estou no certo?

    ResponderEliminar
  5. Ola, compañeiro xeógrafo,
    en primeiro lugar, de pesado nada. Estou encantada cós teus comentarios e o teu interés e agradézocho. Na cuestión dos datos eu refírome ós que se utilizan nos estudios e na realización de estatísticas. Cando nos medios de comunicación se di que vai ser un verán moi caluroso, a maioría das veces o periodo de referencia é de 1971-2000. Mándoche un exemplo.

    http://www.aemet.es/es/noticias/2009/12/climatologicootono09

    A foto pertence ó arquivo "nailla", polo que non sei de cando é.

    ResponderEliminar
  6. Supoño que é debido a que o periodo de referencia que se toma (70-00) é o punto de inflexión que marca un certo cambio para o conxunto secular estudiado. É decir, o patrón climático empezaría a amosar signos de cambio nos 70 (como ben sabes, en climatoloxía tómanse series de 30 anos como referencia para a análise). Ademáis de que creo que é debido á disposición de datos homoxéos, extensibles a todo o territorio nacional, tomados por unha axencia estatal dun xeito homologable ou científico directamente ou a través de colaboradores.
    Entre párrafos menciónanse datas que se retrotraen a principios do s.XX.
    En fin, en todo caso recalco o interés da noticia, e solo desexo recordar que debemos de ser prudentes coas novas relativas ó cambio climático e neste sentido pareceme acertado o planteamento que fas da mesma.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.