José María Rial, novo adestrador do Céltiga

Entrada do Salvador Otero

[Susi Rial] Despois dunha época convulsa, o Céltiga toma as rendas con vistas á preparación da próxima tempada. No pasado mes de maio, o clube da Illa viviu o seu particular "mes horribilus", que comezou coa inesperada espantada do antigo adestrador, Antonio Gómez, a tan só dúas xornadas para o remate da liga. Despois chegou a crise da presidencia, xerada pola falta de candidatos, e solucionada coa continuidade da actual directiva, con Martiñán como presidente. Pero a culminación dos males chegaría co descenso do equipo á Rexional Preferente, logo de cinco anos na Terceira División. Pero agora, unha vez coñecido o nome do novo adestrador, semellan soprar ventos de esperanza. Trátase de José María Rial, técnico procedente do Portonovo, equipo  ó que ven de ascender á Terceira División. Polo tanto, trátase de todo un experto nos obxectivos que perseguirá o Céltiga na próxima tempada. Xunto con el, presúmese tamén a chegada de Wagner, o seu "segundo" no equipo do Portonovo. Nos próximos meses terá lugar o axuste do cadro, posto que se cre que moitos dos actuais xogadores do Céltiga terán ofertas para continuar xogando en Terceira División.

Comentarios

  1. Pois haber si apostan por rapazes da illa para fazer o equipo.
    Cando un crio empeza a xogar no celtiga,o pai ten que se fazer socio do clube,ten que comprar a equipaxe e trasladar os rapazes no seu coche cando xogan fóra e despois de grandes,cando cobran non collen a nadie da arousa,nin siquiera poden practicar futbol,teñen que ir xogar a vilanova e San miguel

    ResponderEliminar
  2. Chejou o viernes04/06/10, 21:13

    Tataraaaara, tatararaaaara, tataraaaara, tatararáaaaaaaa....a cabaljada das Walkiryas, de Wagner.

    ResponderEliminar
  3. Eu prefiero o equipo en preferente con xente do pobo, que non en terceira con todos de fora. Pero e a miña opinión non a dos que dirixen o equipo.

    ResponderEliminar
  4. Totalmente de acordo.Donde quedou o espiritu carcamán???

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.