Buscar neste blog

17 de maio de 2010

Ramón Nieto presenta o seu primeiro poemario

O libro foi pubicado por Espiral Maior

Ramón Nieto Otero (Illa de Arousa, 1975), arousán residente en Bruxelas, presenta o 22 de maio ás 22.00 horas na sede do círculo mercantil e industrial Unidade de Fene o seu poemario A estación única dunha illa, a obra coa que gañou a XXII edición do Premio Nacional de Poesía Xose María Pérez Parallé. Este é o primeiro libro de Nieto, "Neto" na súa sinatura literaria, e agardamos que non sexa o último, xa que o poeta arousán conta con máis obra inédita. O Pérez Parallé é un recoñecido galardón destinado a promocionar novas voces na poesía galega. O ano pasado gañouno Susana Sánchez Aríns (Vilagarcía de Arousa, 1974), profesora na illa e integrante de Dorna, co poemario (De)construçom

1 comentario:

  1. Noraboa a Ramon polo seu libro, e polo recoñecemento que obtuvo. Oxala esta non sea a tua última aparición literaria.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.