Buscar neste blog

10 de maio de 2010

A reunión dos bateeiros

Os bateeiros arousáns, durante o encontro coa directiva do Consello


Aproximadamente unhas 200 persoas reuníronse o pasado 8 de maio no auditorio municipal para escoitar as explicacións do Consello Regulador da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia, ante a polémica suscitada pola filtración dunha auditoría que declaraba a entidade en "creba técnica" e acusábaa de irregularidades nas contas. O presidente do Consello, Francisco Alcalde, defendeu a xestión e a transparencia da institución, e destacou o dano que lle está a causar todo este proceso ao sector mexilloeiro. Os bateeiros arousáns apoiaron á directiva do Consello e acordaron pedir a demisión de Maneiro, director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, a quen sinalan como promotor dunha auditoría "calumniosa" e tamén como responsable da súa divulgación malintencionada.

16 comentarios:

  1. oareosoenoso11/05/10, 09:17

    O malo , e que este intento por destruir o consello e a DOP por parte da xunta, non se lles volve en contra e actua como resorte para que nos unamos e lle demos volta a esto, o que pasa e que teñen todo moi ben montado para manipular e fracturar, Vieites , Maneiro na xunta, Mendez nos medios, e J.B nos muelles.....
    e increible como con catro persoaxes poden reirse do 80% dos bateeiros.

    ResponderEliminar
  2. Moito rollo ca DOP, co Consello, e cas cortiñas de fume de sempre, pero dos gastos do anterior presidente nin papa, todo está ben jastado, temolo que comer con patacas.

    ResponderEliminar
  3. Aqui tendes un claro exemplo do que persegue Manoliño Mendez, que a xente se quede ca copla de que o anterior presidente se encheu de cartos......
    Sigue asi meu capitan, algun dia daraste conta de a quen apoias.

    ResponderEliminar
  4. Goebbels e o marketing social en estado puro, sumado a falanxistas no goberno de berto habichuela, pois está claro, xa o dicían noutro lado, Fraga=fraguismo, feixo=feixismo.

    ResponderEliminar
  5. Yo digo q alguno se debió de poner las botas con tanto gasto. Ya se sabe q
    a los socialistas les va la hípica y los pisos en Torrevieja y dietas por desplazamiento ya las cobraba alguna diputada proletaria gallega q pasó al gobierno ZP. En fin, son todos iguales y los demás, comparsas y tontos útiles. Viva el altruismo con DOP.

    ResponderEliminar
  6. Outro exemplo. Son todos iguales, no os metais en política.

    ResponderEliminar
  7. Tu que dices tia!!?eu flipo!!

    ResponderEliminar
  8. Solo digo q falta autocrítica. Como dice el administrador del blog en el post anterior: "independentemente dos erros da xestión"..., pues no, rotundamente no, si se cometieron irregularidades deben de salir a la luz y no desviar la atención como se está haciendo. Por qué se da por supuesta la honestidad del anterior presidente. Primero q se investigue y luego q se decida en consecuencia.

    ResponderEliminar
  9. Pois claro que se presume a honestidade das persoas, igual que a inocencia, o contrario é fascismo. O que acusa ten que demostrar. Vese que estes non son os teus principios, pero o que é aínda peor é que mudan segundo a ocasión...

    ResponderEliminar
  10. Deches no clavo, o que pasa é que alguns se pensan que seguimos igual que con Franco, que o que hay que demostrar e a inocencia. Hay que meterse en política.Desde ela pódese facer, decidir, participar, etc.. Volvendo a Franco; él era o que dicia: non te metas en política. Por qué o diría ?. Ánimo compañeiros traballadores do mar, non vos deixedes asoballar por istes señoritingos que arribaron a Xunta con calumnias, e agora créense os amos de galiza.

    ResponderEliminar
  11. Desde luego q me encantaría tener seguidores como vosotros, sabría q tendría carta blanca en todo momento. Pues si es lo q queréis por mi q no quede.

    ResponderEliminar
  12. A ver muller,mira, todolos cartos non sei,pero na auditria sumaronlle tamen o IVA,e o consello esta exento por acienda.Nótase que querian inflar asta con bolas.

    ResponderEliminar
  13. "Desde luego q me encantaría tener seguidores como vosotros, sabría q tendría carta blanca en todo momento. Pues si es lo q queréis por mi q no quede."


    Quen estan encantados son os do gurtel con seguidores coma vos, esto da auditoria e unha cacicada , cheira de lonxe, tan solo hay que leer distintos periodicos , e saber como funcionan os convenios coa Xunta para saber que non houbo nada do que queren facer creer a xente, esto deberia acabar no xulgado e poñer a cada un no seu sitio, e simplemente vergonzoso.

    ResponderEliminar
  14. Falamos do mexillon e pasamonos o Gúrtel, que triste. Non porque se fale do Gúrtel que cada un pode falar do que queira, senon de que aqui temos que falar de Anfaco, da deslocalización, do fraude o consumidor e si se fixeron ben as cousas nos últimos anos. O da auditoria, parece ser segun nos contan que e de coña, e se Maneiro obrou con mala fe, ou quere facernos dano temos que ir a por el. Importame o meu traballo, e insisto deixade de politizar o tema. Porque senon perderase a esencia do debate.

    ResponderEliminar
  15. Ahi está,falemos aqui a nivel autonómico:"galicia 2010"a biblia de lopez beiga.Nela ninsequera se contmpla ningunha DOP nin consello regulador se non que fala de IGP.Con esta última con que o producto se envase aqui xa poden dicir na lata que é jallejo,ainda que sea foráneo.
    Nos,aqui,temos gastos de prducción máis elevados e controis de toxina máis severos,non competimos en igualdade.Se o queren vender aqui que dijan de donde é,e a xente que elija sabendo o que compra.Aljunha tiña que segir chupando o dedo,e non andar a tocalo carallo!!

    ResponderEliminar
  16. Parece mentira, que esteamos a estas alturas, con politica, que si roubou, que si auditoria, que si DOP, que si a xunta,bla,bla,bla.

    Que sepades que o mexilon, nalguns puntos de españa xa o regalan, si compras un par de kilos de peixe. Seguide asi, que pronto habra que pagar pa que no lo compren.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.