Buscar neste blog

4 de xan. de 2010

O paseo do Regueiro cae a cachos

Estado do paseo o 30 de decembro

O temporal dos últimos días acabou por derrubar o muro

Así como o paseo que discorre entre a “Carbonera” e Semuíño loce en perfectas condicións, o paseo marítimo entre o Regueiro e o Portiño, de similares características construtivas, amosou moi pronto as súas deficiencias. Ao pouco da súa estrea, o mar xa lambeu parte do recheo de grava e pedra na zona do malecó, deixando os entullos espallados pola area. Co paso dos anos e a falta de actuación, o paseo foi afundindo ata quedar un perigoso oco no tramo inicial. Finalmente, o domingo 3, logo dunha noite de temporal, caeron as pedras do muro de contención. A ver cantos anos teñen que pasar para que o arranxen.

8 comentarios:

  1. Cidadan_8604/01/10, 17:56

    Se a fonte do charco leva mais de dous anos asi e vese facilmente porque esta pola via publica....imaxino que para que arranxen un paseo que non esta tan visible teñen que pasar uns cuantos anos

    ResponderEliminar
  2. ou pasar uns cuantos anos.. ou algunha desgracia!

    ResponderEliminar
  3. E a rotonda de acceso o instituto das laxes xa quedou ben.

    ResponderEliminar
  4. E o amor pola educación dou lugar a un particular performance no Grupo.

    ResponderEliminar
  5. Illa de Arousa que dormes na lama...

    ResponderEliminar
  6. son todos una pandilla de cans q non saven faser nada unicamente comvertir a arousa noutra toxa e eso non e o q queremos son todos os q mqndan uns langrans

    ResponderEliminar
  7. A Illa da pena. Como estamos todos os dias aqui vivindo, nos non nos damos conta, pero recibin amigos de fora para natal e dixeron si a crisis esta dando moi forte aqui porque o estado da Illa era lamentable. Una pena non ter dirigentes que movan o cu para coidar da Illa e que as cousas se fagan ven.

    ResponderEliminar
  8. Eu digo, !que facil e escribir sin razoar e sin ter puñetera idea do que se dí. O tal paseo do Regueiro non existe. O único que se fixo foi pasar por esa zona o alcantarillado,e a xente aproveitou para camiñar, pero nunca foi un paseo.Ë certo que debe arranxarse.
    O que escrebe Da pena, é unha pena.?Decir que a illa ten un estado lamentable. O que pode facer e cambiar de Illa como cambia de outras cousas, pois nada se perdería.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.