Buscar neste blog

26 de dec. de 2009

Escasa iluminación de Nadal

Alumeado de Nadal no Regueiro

Que o Concello anda mal de orzamento nótase tamén na iluminación de Nadal, que este ano escasea. O alumeado concéntrase na Avenida da Ponte e apenas hai ornamentación no resto das rúas. A decoración das palmeiras do Regueiro é unha das poucas concesións a unhas festas marcadas pola austeridade. Ata o alcalde deixou de enviarlles a tradicional postal de felicitación das festas aos veciños.

30 comentarios:

  1. Felices festas!!28/12/09, 11:23

    Deben ter millor cousas que facer. O concello esta pa outras cousas non parar alegrar ou facilitarlle a vida os veciños.

    Ademais non sei porque esta tan escaso o diñeiro, desde logo recaudouse bastante en impostos e pisos contruidos, cerca de 6 millons de euros o ano pasado non? Donde vai? porque na illa non se ven invertidos desde logo.

    Deberian tomar ejemplo de un concello que saleu na tele o outro dia donde en vez de adornos tradicionales fixeron os adornos con material reciclado e o diñeiro que tradicionalmente gastaban no alumbrado das luces foi para darlle traballo a xente do municipio para facer esas decoracion ecoloxicas. Ese e un alcalde a altura das circunstancias.

    disfrutar lo votado...........

    ResponderEliminar
  2. "6 millons de euros o ano pasado non?"

    E a resposta é...

    NON.

    Sentímolo, moitas grazas por xogar, sorte á próxima

    ResponderEliminar
  3. Non creo que recaudaran tanto (6 millóns pareceme excesivo) pero xa que se fala da construcción, quen carallo é capaz de mercar un piso na Arousa cos precios que acadan?* habería que ter o soldo do Alcalde para conseguir un crédito.
    E facer unha casa en unha área de reparto? misión imposible.

    *Pepiño Blanco in PSOE´S VILLAGE é outra cousa, eles, obreiros proletarios poden.
    Ó anónimo ludópata simpático: non sexas infantil.
    Grazas

    ResponderEliminar
  4. "E facer unha casa en unha área de reparto? misión imposible.

    *Pepiño Blanco in PSOE´S VILLAGE é outra cousa"

    Currecto. O de pepe blanco non é un area de reparto. Por certo, hai areas de reparto que si se desenvolveron.

    Tocouche o reientregho.

    ResponderEliminar
  5. E as vivendas de protección oficial no con do sol, que foi delas. Sera que a Sercoysa non lle interesa xa construir nos terreos que lle recalificaron. Cando eran dos veciños monte sen valor algun, e recalificamolo para facer VPOs, e como de casualidad estes señores promotores amigos meus estan o lado xa entran na area de reparto. Se eso non e caciquismo que alguen mo explique. E neste puto pobo todos complices e caladiños, porque o fan os de "esquerdas". Si esto son esquerdas eu renego delas.

    ResponderEliminar
  6. Cutre...pero cutre...o alumeado de nadal na arousa!! Na Avenida da Ponte hai unhas cuantas luses por badén, sejindo atopas con outra no campo, no rejeiro, na ijlesia e para de contar!! E o mellor de todo esto, é que aljunhas foron postas o día 23 pola tarde!! non vaia a ser.....
    Pedaso cutres!!

    ResponderEliminar
  7. Ao das VPO tocoulle a pedrea. Non lle tocou o gordo porque a modificación que fixo posible ese cambio aprobouna o psoe e mailo independente que non é precisamente de esquerdas, e votaron en contra pp e mais bng. Este último non é moi de dereitas que digamos.

    ResponderEliminar
  8. Aprobouse nun pleno, antes das eleccions municipais, cando un mes antes se denegou enerxicamente por todolos grupos menos o socialista que estaba moi interesado en sacalo adiante. O independente ese deberono untar ben para conseguir o voto un mes despois. Os outros xa debian estar untados de antes. O que esta claro que o axuntamento ten unha "especial" relación ca empresa Sercoysa. Non sei si legal ou ilegal, pero canto menos sospeitosa.

    ResponderEliminar
  9. "6 millons de euros o ano pasado non?"

    E a resposta é...

    NON.

    Sentímolo, moitas grazas por xogar, sorte á próxima

    Creo que deberias averiguar porque o mismo alcalde confirmou que recaudaron 4 millons e non decian 5 porque aun non estaban incluidas xa que non foran recibidas aun. Busca busca que o millor tocache o gordo a ti.

    ResponderEliminar
  10. Un pouquiño de rigor por favor. O orzamento (total) do Concello para o ano 2009 é de 2.716.850,95 €.

    É certo que o orzamento do ano 2008 foi de 6.831.318,34 €, como ves, este ano baixou en -4.114.467,39€.

    A maior variación nos ingresos prodúcese no capítulo VI: Enaxenación inverións reais, o ano pasado orzamentáronse 4.337.466,86 €, e para este ano só prevén 218.109,44 €.

    Do mesmo xeito, os gastos do Capítulo VI: Inversións reais son para o 2009 298.515,07 €, e o ano pasado eran
    4.590.250,80 €.

    O do alumeado do nadal na Arousa non é novo. É certo que algúns anos está mellor ca outros. Eu penso que é por aquilo de cando no inverno se iba a lus cada dous por tres, ou de cando non tiñamos alumeado público, e claro, non temos costume.

    ResponderEliminar
  11. Moito presuposto e pouca execucion=remanente inverosímil=>goberno inutil

    ResponderEliminar
  12. Estou de acordo. Que o Alcalde e demáis liberados se baixen o soldo na mesma medida na que merma o orzamento. Fágase a lus.

    ResponderEliminar
  13. "Moito presuposto e pouca execucion=remanente inverosímil=>goberno inutil"

    Podémoslle aplicar isto ao orzamento que vai aprobar o Concello de Vilanova?

    Enxeñaria financeira. Si fixéramos así na casa, a comida sería virtual. Tamén a roupa, aínda que isto non estaría mal.

    ResponderEliminar
  14. Eu non sei si se pode aplicar a Vilanova, xa se verá a finais de ano ou cando presenten a liquidación da conta xeral. Polo de pronto ao que hai que aplicarllo é ó da Illa, gústeche ou non.
    PD: Tanto énfase en separarnos para agora acordarnos deles?

    ResponderEliminar
  15. Só quería poñer de manifesto a doble vara de medir. Ao Concello de Vilanova non fai falla que lle diga eu nada, xa llo dixo o Tribunal de Contas.

    ResponderEliminar
  16. http://www.ccontasgalicia.es/html/cuentas_rendidasG.html

    Segundo os dados do Consello de Contas de Galiza, tanto o Concello de Vilanova como o da Arousa presentaron a conta do 2006 fóra de prazo despois do 31 de nadal de 2007.

    ResponderEliminar
  17. Non sei porque, pero os socialistas cando a cagan sempre tratan de meter por medio o PP. Que ten que ver o que se fai na Illa co que fan en vilanova. A min importame ven pouco o que pasa en vilanova, eu non vivo ali, pero si vivo aqui na Illa donde pago os meus impostos. Vexo que me equivoquei mais arriba cando dixen 6 millons de €, foron casi 7millons...... Eso e moitisimo diñeiro para un pueblucho como o noso. Donde se invirten? Eu nos vexo por ningun lado.

    ResponderEliminar
  18. Pueblucho? Onde vives ti?

    ResponderEliminar
  19. Demasiado diñeiro, para que o xestione segun que xente, que non esta a altura das circunstancias. Moito empregado, de mais hai arruinamonos pero hai que contentar a moito tonto util.

    ResponderEliminar
  20. Claro....pueblucho. O acaso es una gran ciudad? Ni llegamos a los 5,000 habitantes con lo cual...... Y no lo digo de mala manera ya que yo amo A Illa. Pero no dejamos de ser un pueblo de mala muerte.

    ResponderEliminar
  21. Pueblucho non é o antónimo de gran cidade. Un pobo é unha entidade de poboación de menor tamaño que unha cidade. -ucho é un sufixo despectivo, aínda que non necesariamente sempre, por exemplo cando dicimos dalguén que está malucho. Si tiña algunha dúbida, cando dices "pueblo de mala muerte" xa me quedou claro. Menos mal que amas la isla. Eu penso que os pobos trascenden ás persoas que poidamos vivir neles nun determinado momento. O pobo da Arousa xa existia antes que nós e vai seguir existindo despois. Xa non che digo nada dos que poden gobernar un pobo. Hoxe, os europeus miramos con certa envexa aos alemáns, pois fíxate ti que gobernantes tiveron, ou a mesma españa, ou, si me permites a maldade, aínda recentemente galiza. Non se trata de cantidade, trátase de calidade. Neste caso de calidade de vida.

    ResponderEliminar
  22. A verdade e que pueblucho, con ese sufixo e despectivo. Perdoademe por entrar na discusión, somos un pueblo gestionado por un politicuchos, de tres al cuarto, interesados nos cartos e en empregar a amigos aumentando continuamente o persoal laboral do axuntamento, non un pueblucho. Cosennos a impostos coma as subidas desproporcionadas do IBI para aguantar ese negocio que montaron. Esa é o que eu penso, un saudo

    ResponderEliminar
  23. A ver, por muy buena gente que seamos la gente de la Isla, lo que es la Isla en terminos de infrasctruturas y demas damos pena. Yo de mi punto de vista no veo calidad de vida en la Isla, por ningun lado vamos. Al menos que calidad de vida le llames ir a la playa, al bar y dar un paseo hasta carreiron.

    Para mi calidad de vida son muchas otras cosas, que aqui no tenemos por lo menos en mi opinion.

    Por ejemplo, obras eternas... ni mas ni menos 3 años para realizar la carretera de as aceñas. La rotonda de as laxes, falta de polideportivo, piscina municipal. Que cuando vayas al concello se solucionen los temas y no quedes peor de cuando entraste. VPO para los que lo necesitan. Un centro medico adecuado. Programas para la juventud. Limpieza de todas las zonas publicas mas a menudo, como cortar las malas hiervas que crecen sobre las aceras. Aceras en mejor estado. Un cuerpo de policia adecuado y que enforce las leyes especialmente de circulacion, porque aqui cada uno para,estaciona y conduce como le da la gana. Que patrulle toda la Isla y a menudo. Que el ayuntamiento demande la presencia de la guardia civil, tenemos derecho a que patrullen como en todos otros lugares, tambien pagamos impuestos. Yo tengo llamado y ni se molestan acercarse para nada. Ni para accidentes, ni nada. Bueno si, cuando viene pepiño si estan.

    Paradas de autobus en mejor estado, creo que la de as aceñas esta entre tojos y que yo sepa se usa. Madre de dios, los badenes. Es lo peor. Si el cuerpo de policia fuese adecuado y enforzaran la lei no habria necesidad de badenes. Mira que yo he recorrido mundo y miles de kilometros conducidos en otros paises y en mi vida me he atopado con tantos badenes como en los pocos kilometros de carretera en la Isla.

    Vamos estaria todo el dia recalcando cosas que se pueden hacer. Pero yo tengo un concepto de calidad de vida tal vez diferente a la de los demas.

    ResponderEliminar
  24. Vai ser iso...

    ResponderEliminar
  25. Temos outra para o dicionario de ausencias... enforzar, que carallo significará?

    ResponderEliminar
  26. con ese castejano, no me extraña que no te guste la isla, a ti lo que te pasa es que naciste en el nido equivocado........en la castellana estarias mas ubicada.

    tan solo la opinion de los badenes ya refleja el tipo de persona que eres, cuantos atropellos graves has visto desde que se pusieron?? antes de que los hubiese yo recuerdo unos cuantos.....asi que no me voy a parar a analizar el resto del comentario que ya me duelen los dedos de tanto escribir en castellano....

    saudos

    ResponderEliminar
  27. "Un cuerpo de policia adecuado"... vai a ranharlla papán.

    ResponderEliminar
  28. O cuerpo da policía da Arousa non está tan mal...

    ResponderEliminar
  29. Tipicos Isleños.

    ResponderEliminar
  30. que isla, que isla!!!! A AROUSA OSTIA!!!!

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.