Buscar neste blog

19 de nov. de 2009

Como facer unha árbore xenealóxica

Libro do rexistro de Vilanova, de 1878

Se alguén ten a certeza de que seus avós e bisavós, da liña materna ou paterna, xa naceran na Arousa, facer unha árbore xenealóxica que recolla os antepasados ata o século XIX é relativamente fácil.
O máis importante é acertar cos apelidos completos e as datas correctas de nacemento de cada un dos descendentes. Pódese comezar cos datos dun avó, e de aí, solicitar unha copia da acta de nacemento no rexistro Civil de Vilanova (detrás do Concello). Este documento é unha valiosa fonte de documentación para reconstruír a historia familiar, xa que nel figuran nomes, anos e profesión dos pais e avós do inscrito, así como outros datos “secundarios” relativos ás circunstancias persoais. A consulta é de acceso libre e gratuíto, pero para obter resultados hai que levar sabido de antemán o ano exacto do nacemento, porque os libros vellos están organizados en tomos por anos, e sen dixitalizar.
O máis lonxe que se pode chegar no rexistro do Concello de Vilanova é ata 1870, ano no que se creou o rexistro civil español. Ademais, os documentos desta primeira etapa poden resultar difíciles de descifrar pola caligrafía dos rexistradores da época.
Para ampliar datos e guiar a investigación é de gran utilidade dispoñer de escrituras de propiedade antigas e consultar cos máis vellos da familia, que a miúdo gardan na memoria episodios familiares que só foron transmitidos oralmente.
Os que desexen continuar escarabellando na liña de ancestros, deberán dirixirse ao arquivo histórico diocesano de Santiago de Compostela e consultar o fondo parroquial da Illa de Arousa, que contén o rexistro de bautizados entre 1635 e 1885. Non é raro que no curso da investigación, vaian aparecendo ramas familiares procedentes do contorno xeográfico próximo e algún que outro pai descoñecido.

43 comentarios:

  1. Se mo permites Na illa, creo que tes unha obriga con todos nós. Xa saíu a sentenza daquela famosa discusión que se deu aquí antes do verán.

    ResponderEliminar
  2. Aquí vai un enlace

    http://www.sva.forosonline.es/board/post13584.html

    ResponderEliminar
  3. Na Arousa, de momento non teño ningunha información "exclusiva" que darvos, máis alá do xa publicado. Se a chego a ter, algo poñeremos ;-)
    Agora, se o que queres é debater sobre o tema, o fío xa o abriches.
    Saúdos a todos

    ResponderEliminar
  4. Para Na Arousa:
    non seas armadansas.

    ResponderEliminar
  5. Máis um. Sóavos o nome dalgún?

    http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2009/11/20/supremo-confirma-prision-multas-millonarias-acusados-alijo-cocaina-non-stop/388100.html

    ResponderEliminar
  6. Que va, todos esos que vos falades son empresarios de éxito, honrados que pagan os seus impostos como todo fillo de veciño. Eu non entendo como hai xente que poida defender o indefendible, xa que son o que son, que teña vergoña e calen a boquiña.

    ResponderEliminar
  7. "Na Arousa dijo...

    Máis um. Sóavos o nome dalgún?

    http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2009/11/20/supremo-confirma-prision-multas-millonarias-acusados-alijo-cocaina-non-stop/388100.html"

    Na Arousa, o lado de esa noticia, polo menos na edicion impresa habia outra similar, pero parece que esa non che interesa sacala, sera que che toca cerca da familia??? , e que non entendo porque a uns si e a outros pasas de puntillas....solo che desculparia que non tiveses acceso a edicion impresa, pero sabendo que noticia e , seguro que se publicou en algun medio....

    saudos

    ResponderEliminar
  8. aqui tes o link....

    http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=177474

    saudos

    ResponderEliminar
  9. Home xa estabas tardando...pois nada sigue leendo noticias e poñendo links sigue a dedicar o teu tempo libre a criticar a xente que eu seguirei defendendo o que como dis ti o indefendible. E non vou a calar a boquiña que para eso a teño para falar e defender o inxusto e a mentira. E pase o que paseeu sei a verdad que non e a que sale nos periodicos.

    ResponderEliminar
  10. e si que parece que hai noticias que se olvidan porque creo que hai un bombazo que saleu nos xornais e con corrupcion aduaneira incluida

    ResponderEliminar
  11. Como podes dicir iso anónimo das 15:44 se a noticia do South Sea é o primeiro enlace que colo?. Será que es un mal intencionado?. Non está ben que cho diga eu, nin son quen, mais deberías desculparte.

    ResponderEliminar
  12. Afortunadamente, aínda que a familia non se escolle, podo dicir que non me toca. Igual ti non podes dicir o mesmo. Dígoo porque parece que a ti si che importa.

    ResponderEliminar
  13. tranquilo, si queres que me disculpe non teño problema, pero sigo sin entender porque non colocaches as duas noticias xa que na edicion impresa viñan xuntas, non tes acceso a ela, as miñas disculpas.

    Agora, o de negar a familia ti saberas, a min tocame algo, pero digamos que e bastante lonxano, sabes que aqui na arousa si te pos a mirar todos somos familia, pero non teño especial interese en que saian links sobre este tema, pero tampouco que non saian, dame exactamente igual.

    O unico que me molestou foi que sacaras o tema para falar de uns, e os outros non.

    si ti dis que non che toca ningun na familia terei que creerche, tan solo vouche a dicir que desgraciadamente e facil ter algun familiar implicado en algun tema de estos, ainda que sexa da familia politica, que non deixa de ser familia o fin e o cabo.

    saudos, e reiterome nas miñas desculpas.

    ResponderEliminar
  14. A ver, a min dácheme igual o que ti creas ou deixes de crer. Eu falo de feitos. Eu pídolle ao dministrador do blog, o mismo día que me informo polos xornais, que cubra a condena do South Sea por un debate que tivemos aquí fai meses no que eu mostrara o meu desacordo co tratamento que se lle dera dende a dirección do blog. A partires de aí, o mesmo día colo o en lace da condena do South Sea, e ao seguinte día na prensa vexo a confirmación da condena do Non Stop e colo o enlace. Non sei si existe algunha operación mais que poida ser á que fagas referencia. Si hai outras operacións, eu dende logo non as vin.

    No caso do South Sea colei o día 19 o enlace cunha páxina "relacionada" co SVA porque me parecía máis extensa e ampla, e no do Non Stop colei o día 20 o enlace á edición dixital do Faro, non me molestei en informarme máis, non era unha condena nova, era a resolución dun recurso ante o TS, non viña a conto repetir o que xa colara o día anterior. Como comprenderás, non podo colar enlaces a edicións impresas. Tampouco acostumo colar, si podo prescindir e atopo outra fonte, enlaces coa Voz, por aquelo do Boicoz, non sei si estás ó tanto. O resto penso que son cousas túas e porque te colastes. Nunca me escoitarás a min negar da familia nin dos meus amigos. Outra cousa é defendelos en todo o que fagan. Só unha pista, Na Arousa vive moita xente.

    ResponderEliminar
  15. Finalmente revisei o Faro do día 20. Efectivamente sae unha noticia na que vincula a veciños da Arousa. Non sei si te refires a esta.

    http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2009/11/20/portada-arousa-audiencia-vincula-empresarios-arousanos-droga-miguel/388102.html

    Si che digo a verdade, non pasara do titular. A verdade é que o narcotráfico na nosa zona ten bastante incidencia. Insisto, colácheste. De tódolos xeitos penso que a nova non somos nós. Non temos interese.

    ResponderEliminar
  16. reiterome nas miñas desculpas, tes razon , e cando un mete a pata hai que saber recuar......

    o meu erro foi que non vira o enlace da paxina do sva, ese e o que pensaba que te saltaras , de ahi a miña sorpresa , e por iso che chamaba a atencion, pero errar e de humanos, e desta vez equivoqueime.

    Ainda que sigo reiterandome tamen en que non e necesario sacar estos temas, bastante teñen os afectados como para que nos fagamos xuizos paralelos a sombra do anonimato, para os seus familiares dicirlles que teñan paciencia, xa que desgrazadamente non son todos os que estan nin estan todos os que son.

    saudos

    ResponderEliminar
  17. Errarum humanum est.

    Como comprenderás, non comparto as túas opinións en nada. Perdón, en algo sí, eu tamén me solidarizo cos familiares, entendo que a algúns lle ande o cu de dentro pa fora, remataron os dias de viño e rosas, e saben que aqueles que colaboraron teñen moitas papeletas para entrar na cadea.

    Os que están, estano porque o dixo a xustiza, non eu nin ti. De xuízos paralelos nada. Están condenados, no caso do Non Stop en firme. E, ademais, as sentenzas son públicas. Por algo será.

    O anonimato será o teu. Como xa dixera noutro comentario, a cara hai que dala onde hai que dala. Este é un blog onde algúns opinamos, sen mais. Houbo moita xente que deu e está a dar a cara de verdade e saíulles bastante caro, para eses si que vai a miña solidariedade.

    De calquera xeito, recoméndoche para a próxima que te relaxes un pouco e que non acudas á chamada do ius sanguini. Viñas a por lá e saíches rapado.

    Non sei si é necesario ou non quitar istos temas, pero para a túa información, eu non o fixen. Hai uns meses publicouse neste blog un artigo, no medio do xuizo oral polo South Sea, que a min non me gustou por distintos motivos, entre outros por algunhas imprecisións que xa expresei e que non vou reiterar, en concreto dixera que segundo a miña opinión a nova estaba enxaguada. Á marxe de comentários que alí apareceron, eu manifestáralle ao administrador a miña desconformidade co tratamento, aśi llo fixen saber, dicíndolle que esperaba que igual que dera unha imaxe amable dalgún dos xuzgados, cando saíse a sentenza se fixera eco da mesma. Iso foi o que eu lle reclamei neste primeiro comentário, de forma sucinta, pero que o administrador entendeu, dándome unha resposta cortés mais pouco satisfactoria para min.

    O teu erro foron vários erros, ou non, ao mellor é que ti pensas así. Si tiveses boa vontade e a min se me esquecese enlazar algunha nova, con engadilo non tiñas mais (Digo nova conscientemente, porque como ves, non nomeo persoalmente a ninguén). Pero claro, o teu interese non era ese. Ti sentiche a chamada do ius sanguini. Moi respeitábel claro que si, mais eu non a comparto. Sóame a repetición do argumento aquel de "yo estoy en contra de los narcos pero fulano no lo es". E resulta que agora que xa se podo dicir que o son, volvémonos todos bos e solidarizámonos cos familiares. Igual pensas que son parvo.

    Tamén dis na mesma frase, "desgrazadamente"..., e que non están todos os que son. É verdade, pero tamén o é que cada dia faltan menos, que finalmente a gran maioria acaba onde ten que acabar.

    Do xeito que for, as desculpas non se precisaban. Saúde.

    ResponderEliminar
  18. "non teño especial interese en que saian links sobre este tema, pero tampouco que non saian, dame exactamente igual".

    22 de novembro de 2009 ás 10:14

    "sigo reiterandome tamen en que non e necesario sacar estos temas"

    23 de novembro ás 15:27, tamén de 2009.

    Pasas de dicir que che da igual que saian ou non saian a dicir que non é necesário quitar estos temas. E dis ademais que te reiteras. Que te reiteras en que? O que fixeches foi un dia dicir unha cousa e ao outro dicir outra.

    ResponderEliminar
  19. "Pasas de dicir que che da igual que saian ou non saian a dicir que non é necesário quitar estos temas. E dis ademais que te reiteras. Que te reiteras en que? O que fixeches foi un dia dicir unha cousa e ao outro dicir outra"

    explico o que quero dicir, dame igual porque non me afecta xa que non teño ningun familiar implicado, o que non me gusta son os xuicios paralelos, a xusticia di que son culpables, dacordo, teñen dereito a recurrir, ainda esta semana saeu absolto un Narco de Meis polo supremo, o sea que eu coñezo casos nos que xente paga as de outros.

    o que me parece increible e a hipocresia que se usa na illa, moi ben por diante, e aqui aproveitando o anonimato poñendo a todo dios a pingar, de verdade non o entendo.

    O comentario de solidarizarme cos familiares sigo mantendo , xa bastante teñen co seu, como para que eu me alegre dos males alleos, non me sae, non e que queria quedar de bo ni exculpar a ninguen , non me sae.

    A xustiza non sempre acerta, e Na arousa deberias de sabelo ben, ten un alto indice de acerto, pero non o 100%, por eso o meu comentario de non son todos os que estan , nin estan todos os que son.

    un saudo.

    ResponderEliminar
  20. Si, si, o que ti queiras. Explícaste moi ben. Eu non me alegro do mal alleo, do de ninguén, a ver si che queda claro. Tamén teño claro que si me teño que solidarizar con alguén é co débil. E xa por útlima vez, porque vexo que non che da entrado, a cara dase onde hai que dala, tódolos días nos foros axeitados.

    Menos mal que che temos a ti para dicer cando acerta ou non a xustiza, quen é familia de quen, quen sabe o que sabe... porque tu lo vales.

    ResponderEliminar
  21. coma sempre na tua linea, en fin, a culpa e miña seguirche a conversa, eu non digo cando se equivoca a xustiza, soio dixen que non ten o 100% e que ti deberias sabelo, non respondeches.......respecto a familia, mellor deixemos o tema....


    saudos

    ResponderEliminar
  22. Non home, si che parece hei de seguir a tua liña. Si non sabes torear pa que te metes.

    Segues unha e outra vez levando o tema ao campo persoal. Xa está ben home. Un dia dis unha cousa e ao seguinte outra parecida.

    "a min tocame algo, pero digamos que e bastante lonxano"

    22 de novembro.

    "dame igual porque non me afecta xa que non teño ningun familiar implicado"

    24 de novembro.

    Ti si que segues a tua liña. Estes son os meus princípios, si non che gostan teño outros. Non mantés a coeréncia dun dia para o outro. Iso si, sempre en beneficio teu. Niso si que es previsíbel. Debeche ver ultimamente a triloxia do padriño e andas saturado. E xa para rematar, todos os condenados din que son inocentes. Aquí si, o 100%. Estes nosos non ian ser menos.

    ResponderEliminar
  23. Na arusa en fin, como che gusta seguir co tema. Da me a impresion de que hai rencor ou algo pendente, foi a ti a quen che rouvou as leiras?Eu pensaba que xa o habias deixado, e xa vexo que esto alimentache e encheche de gusto. Pois nada sigue pensado que eres o que mellooooorr debates. Ten coidado porque o mellor vamos a coller medo e non vamos a escribir mais e vaiseche a acabar o teu "hobby" de debatir.
    E por cierto no teñas pena pola familia, a familia temos pena de ti.

    ResponderEliminar
  24. Mira unha cousa, eu non vou calar a boca ate que a cales ti. Non a calei nunca e non a vou calar nun blog na rede. Para min é unha alegria que encadeen a narcotraficantes, non é nengunha desgraza nen nengunha pena, é un éxito do estado de direito, que anda falto de alegrias o pobre.

    Non é rancor amigo, é xustiza. Aqui, fai uns meses, publicouse un artigo no medio do xuízo polo South Sea ao meu entender irreal e benévolo, no que eu lle demandara ao Administrador do blog que esperaba o mesmo interese cando saíse a sentenza. Reclameillo estes dias. Algún deuse por aludido, metendo a pata. Primeiro que si non nomeaba a algúns porque eran família, falso. Despois, que si a xustiza non acerta sempre, pois claro que non, pero como comprenderás si estamos a falar dunha sentenza e ti dis que a xustiza se equivoca, estás a decir que os condenados non son culpables. Que si eu sei ou teño que saber. O que sei é o que sae na sentenza, que é pública e o que recolleron os meios da vista oral que tamén é pública.

    Houbo filtracións do sumario. Mal feito, non me gostan as filtracións, nengunha. Eu non me fixen eco delas, aqui no blog si que tiveron aceso ao sumario, polo menos a parte del, si non, non se entende a atitude do administrador, que lla meteron ben metida e ainda non corrixiu.

    Ao que lle proa que se fale disto problema del.

    Ha persoas que non necesitamos ser agraviados directos para denunciar as inxustizas. Outros empregan o tempo en acumular penas, ou a ser parvos úteis dos colegas e cando lle caen as hóstias ainda se surprenden.

    O que non entendo eu son os teus ataques si estás contra os narcos e non tes nengún familiar no medio. Pois iso, a esperar outra ocasión que esta non che saiu ben. Podemos quedar para cando saia a sentenza do branquexo de capitais e contra a facenda pública. Paréceche?.

    ResponderEliminar
  25. tan solo un inciso, o comentario das 18:27 non e meu , polas verbas imaxino que sera de algun familiar.

    despois , nas cousas que te refieres a min .

    "Algún deuse por aludido, metendo a pata. Primeiro que si non nomeaba a algúns porque eran família, falso. "

    metin a pata , e disculpeime, pero xa vexo que non sirve de nada, para a proxima xa o sei, o que non entendo e si tamen dis que e falso que non tes ningun familiar , porque creo que ainda non o dixeches.

    "Despois, que si a xustiza non acerta sempre, pois claro que non, pero como comprenderás si estamos a falar dunha sentenza e ti dis que a xustiza se equivoca, estás a decir que os condenados non son culpables."

    eu non dixen que os condenados non fosen culpables, o que dixen e que sei pefectamente que a xustiza comete erros, e jodoche nesta e si non e por esta sera por outras que fixeches, coñezo alguns casos semellantes, seguro que ti tamen coñeces algun ainda que seguro que como non che conven non coñeceras ningun.

    "Que si eu sei ou teño que saber. O que sei é o que sae na sentenza, que é pública e o que recolleron os meios da vista oral que tamén é pública."

    Sabes o que che conven saber, e contas o mesmo , o que che conven, gustariame saber si aplicas isto fora da rede, ou solo te desafogas aqui e logo po-lo camiño actuas como si non che importase......


    "Ha persoas que non necesitamos ser agraviados directos para denunciar as inxustizas. Outros empregan o tempo en acumular penas, ou a ser parvos úteis dos colegas e cando lle caen as hóstias ainda se surprenden."

    Aqui parece que me queres dar a razon en algo, creo que entendeches o que queria decir.

    "O que non entendo eu son os teus ataques si estás contra os narcos e non tes nengún familiar no medio. Pois iso, a esperar outra ocasión que esta non che saiu ben. Podemos quedar para cando saia a sentenza do branquexo de capitais e contra a facenda pública. Paréceche?."

    Ataques?? , o unico que che fixen xa che expliquei por que fora , porque non lein o primeiro enlace, e pensei que o pasabas por algo a posta, xa que na edicion impresa saian xuntos, a dobre paxina, ese foi o erro que cometin e por eso pedin disculpas, mal feito porque de nada serviron.


    O que mais me jode do asunto, e que parece que eu defenda a alguen, porque si te paras a releer as entradas asi o parece, e nada mais lonxe da realidade, cada quen que augante co seu , todo esto e producto do meu erro a hora de recriminarche que te saltaras unha noticia , parece que estas por encima do ben e do mal e que non se che pode dicir nada........ o peor e para ti.

    Entendes que desde o momento en que te puxeches bravo , podria haber deixado de escribir e non seguirche co tema?? pero non , aqui estou tratando de explicarme, esa e a diferencia entre eu e mais ti.

    Acusasme de contradiccions , como comprenderas , non me vai a vida en esto , e podes sacarlle a puntilla a todos os meus comentarios, dame exactamente igual, e o problema de que os comentarios no blog non se poden editar , eu poderia dicir que no teu ultimo comentario tes unha falta de ortografia que case me sacas un ollo ,pero eu non son asi, entendo que sabes escribir perfectamente e non por eso intento atacarche por ahi, eu vexo as cousas no bo sentido, ti non podes dicilo mismo.

    un saudo, e por min xa chegou.

    ResponderEliminar
  26. Pola miña parte xa fai moito tempo que chegou, desde o primeiro comentário que fas.

    Non nos entendemos.

    Si só atopache unha gralla non foron moitas. Xa me dirás cal é porque así por acima non vexo nengunha barbaridade. Pero ollo, pode habelas.

    Cando te chamei eu a atención por como escrebes ti nen ninguén?

    E xa para rematar, como vou a aceitar as tuas desculpas. A primeira vez que te desculpas falo sen ver o erro que acababas de cometer. Só despois de moitas explicacións baixas da burra.A min os fala barato como comprenderás...

    O mundo ao revés, agora resulta que ti tes boa vontade saltándome á chepa nas primeiras de cambio. O que ti queiras.

    Despois de desculparte xa che puxen que non se precisaba, isto foi unha discusión que mais alá dalgunha que outra picada non ten moito interese. Ti partes de prexuízos contra min que non sei de onde os sacas. Non só me imputas unha omisión que non é tal senón que ademais fas un xuízo de valor desa omisión con moi mala hóstia, e a pesares de todo ainda queres quedar ben, con todo o mundo.

    Con respeito ao último comentário, a verdade é que soaba un pouco distinto, mais eu pensei que era da mesma autoría. Non me imaxinaba que ninguén entrase na discusión, mais que nada porque acabou sendo un enganche entre nos os dous. Eu por iso emprego un apodo, para poder seguir o fio do debate si se produce.

    Boa tarde.

    ResponderEliminar
  27. Perdón que se me esquecia. Xa che puxen en resposta ao teu primeiro comentário que afortunadamente non me toca na familia. Eu procuro dicer sempre o meso, non fago coma outros. Iso non quer dicer que non teña as miñas contradicións coma todo o mundo.

    Agora si, boa tarde.

    ResponderEliminar
  28. Fanequinha Peteiruda27/11/09, 18:27

    a ver si quedades os dous pa tomar algho carallo!

    ResponderEliminar
  29. Outra cousa que se me esquecia. O tonto útil es ti. Non o digo por reiterar o de tonto, digoo para que che quede claro, que non pillas unha. Adeus salvavidas. Agora resulta que querias editar os comentários. Manda carallo. Como te digo una co' te dilo la o'.

    ResponderEliminar
  30. Si non che vai a vida nisto para que dis nada. De onde ven tanta curiosidade polo que fago na rua ou deixo de facer. Desde logo non me adico a vender coca. A quen estás a defender ti. A ti si que non che escoitei dicer que te alegrabas do encarcelamento de narcotraficantes. Ti só dixestes que non nombraba a todos pero ainda non dixestes que estás contento de que estean na cadea os narcos, tamén da Arousa. Tanto sofrimento como teñen causado e ainda parece que hai que xustificarse.

    ResponderEliminar
  31. contra os fillos de puta nin un paso atras, moi ben!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  32. Agora tralos insultos xa tes desculpa para non escribir mais. Xa cheiraba.

    ResponderEliminar
  33. Ollo, o de fillo de puta vai polos narcos que están na cadea. Non estou dicendo que ti o sexas.

    ResponderEliminar
  34. Ti non ves que a min si me pode ir a vida dun familiar ou dun amigo nesto. Faltouvos sensibilidade para poñervos do lado dos débiles ainda que só fosen cinco minutos.

    ResponderEliminar
  35. A ver María Moliner si me dis onde está a gralla. Teño curiosidade. Atrévete. Estiven repasando o comentário que dis e si, fallan un par de acentos, non hai coeréncia en decir-dicer ou no plural de -bel. Pero estou certo de que non te referes a nengunha destas. Non penso que sexas capaz a perder un ollo por un til mal posto. Igual te tes que desculpar outra vez e xa empezan a ir unhas poucas.

    ResponderEliminar
  36. A verdade é que o comentário insultando sobra. Desculpas. Se é posíbel pediríalle ao administrador que os borre. Si non, si é posible, pido que non se teñan en conta.

    ResponderEliminar
  37. ostias de verdade escribiches ti todo esto??? pois si que che vexo afectado........

    eu non quero quedar de bo, pero non me alegro dos males alleos.

    e para listo xa chegas ti, o fianl recurres o insulto como unha discusion de bar......vexoche moi afectado , e eso que sigues mantendo que non tes a ningun familiar implicado......eu sigo pensando que en eso mintes.

    ResponderEliminar
  38. Por iso non aceitei as tuas desculpas. Porque non es sincero. Ti estás igual de afectado ca min, senón non respostarias.

    ResponderEliminar
  39. Vale, agora que xa vamos sendo íntimos, inimigos pero íntimos, gostariame facerche unha pregunta. Tes razón no de que perdín os papeis, é obvio. Aí gañaches. Chámate a atención que escribira moito, demais. Non é menos certo que o teu último comentário non é pequeno e tocas moitos paus. Non vou reiterar todo o que dixen, pero penso que seria bo recapitular un pouco, desde o principio, ou incluso si queres vámonos ao outro artigo de fai meses. Parece que ti no único que te reiteras é no feito de que algún dos implicados é familia miña, e como comprenderás aquí non nos poñemos de acordo. Fas tamén outras acusacións que non xustificas e deixas cuestións que eu che pregunto sen resposta, pero non imos empezar de novo, verdade. No caso de que iso fose asi, que eu tivese algún familiar implicado, e antes de que non boten por pesados, a pregunta é ¿en que cambiaria todo o demais? Porque non o entendo, ao mellor é que me perdín nalgún momento. Eu reclámolle ao administrador que recolla unha nova polo que xa expliquei, colo o enlace, ao dia seguinte sae outro asunto na prensa, colo o enlace de novo, incluso como xa vimos tamén habia outro que se me pasou e a ti tampouco che importou, e despois ven todo o demais. Reler os comentários pode ser un bo exercicio.

    Bo dia.

    ResponderEliminar
  40. En fin na arousa,fai dous dias que non vexo o blog e toleastes. Recomendoche unha cousa deixa o blog e sal da casa a tomar un cafe, porque esto co ciberespacio estache afectando. Deixa o tema que aburres, e cando queiras debatir sobre o tema xa sabes fala ca meniña ou calquera dos seus familiares que non tendran ningun poblema e falar do tema contigo.
    E nada reiteramonos dasnos pena

    ResponderEliminar
  41. o anterior anonimo non son eu...

    "a pregunta é ¿en que cambiaria todo o demais? Porque non o entendo, ao mellor é que me perdín nalgún momento"

    parece que ao final imos chegando a algun sitio na discusion, porque en realidade eu comparto a maior parte das tuas opinions, o que pasa e que me colei porque pensei que te saltaras unha noticia a drede, e de ahi parteu a discusion, e rareouse de tal forma que parece que eu defenda a alguen , nada mais lonxe da realidade, pero claro como metin a pata(e pedin disculpas por elo, como ti me pediches) , enzarzamonos na discusion, e como che repito, eu non apoio a ningun narcotraficante, mais non me gustou o feito de que ti quixeras sacar a noticia, porque como che dixen , bastante teñe co seu, eles o buscaron , ahi o teñen.

    Penso que e mellor centrar os nosos tecleos ciberespaciais en outras cousas, isto non merece a pena.

    o dos insultos non cho teño en conta, porque sei que non necesitas deles para debatir ningun tema, asi que por ahi non teñas problema...

    creo que queda todo aclarado, e si ben a culpa e miña por colarme e entrarche a cuchillo , creo que xa quedou suficientemente aclarado o motivo.

    saudos

    ResponderEliminar
  42. Grazas. Eu tamén me pasei.

    Saude.

    ResponderEliminar
  43. Vale... algo que decir sobre cómo facer unha árbore xenealóxica??

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.