Dicionario de ausencias
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
pois mira por donde, teños visto na mallante e nin sabia o nome nin sabia de que arbore caian, nunca te acostaras sen saber .......
ResponderEliminar:O non tiña nin idea de que era eso, si que me teñen enseñado a larva que hai dentro. pero non sabia que era. sempre me extrañou ver un bicho dentro de unha "semilla" que era o que pensaba que era eu, non un tumor
ResponderEliminarUnha crítica, non sei si residuo é a verba mellor acaida á mallante. Tamén é discutible a orixe e itinerario desta cecidia que de pequenos usabamos para facer unhas pipas de xoguete engadíndolles un pau e baleirándoas, hai carballos na beira do mar. Polo demais, moi bo, eu pensaba que eran para confundir ós paxaros e que estos comeran os bugallos e non as landras.
ResponderEliminarNa arousa, tes razón en que os bugallos non deben chegar á praia só a través dos ríos, así que xa está corrixida a información. Con respecto á palabra "residuos" está usada aquí como sinónimo de "restos". Como lle chamarías ti aos diversos elementos da mallante (algas, paus, animais mortos, follas, plásticos.. etc)?
ResponderEliminarNos dicionarios consultados, a mallante está composta de residuos, polo tanto estaría ben empregado, sería como dicir entre as areas da praia. Foi un primeiro impulso inicial no que seguramente me colei centrándome no aspecto case sempre negativo que se lle da ós residuos e ó feito de considerar así á mallante. Estarías polo tanto empregando un recurso literario que se chama pleonasmo. Vai resultar que tes dotes para a poesía. Por outro lado, xa sei porque o identifiquei con algo malo, lembrei o artigo "o pleonasmo de don manuel", de Manuel Rivas. O eterno retorno. Saúdos.
ResponderEliminar