Buscar neste blog

21 de xul. de 2009

A festa da navalla, agardando polo bo tempo

Cartel promocional da festa da navalla, en San Miguel


Xa lle choveu o ano pasado, e nesta cuarta edición da Festa da Navalla semella que o tempo non vai ser moito mellor. Sexa como for, a organización ten preparados 1.600 quilos de navallas, que se servirán ao público na vindeira fin de semana, no paseo marítimo do Cantiño. Como de costume, a recadación irá destinada a financiar o deporte local. Neste caso, os beneficiados serán os grupos de baloncesto e piragüismo, que colaborarán no desenvolvemento da festa gastronómica.

1 comentario:

  1. segun a web de meteogalicia o sabado teremos bo tempo.

    Despois de varios días de tempo irregular resultado dunha atmosfera inestable, cara á fin de semana agárdase unha melloría do tempo, con ascenso de temperaturas e diminución da probabilidade de chuvia. Esta tendencia continuará nos vindeiros días.

    asi que sorte para a organizacion e que teñan moita xente o dia do apostol.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.