A lonxa da illa rexistrou un gran movemento o martes 30
As principais capturas corresponden a ameixa san e babosa
A crise económica tamén deixou sentir os seus efectos nas economías mariñeiras. A campaña de marisqueo do Nadal, a máis importante do ano, estivo marcada pola caída dos prezos. Mentres que no 2007 a ameixa alcanzaba a súa máxima cotización xa na primeira semana de decembro, neste final de ano houbo que esperar ás vésperas de Noiteboa e Noitevella para lograr as mellores vendas. Aínda así, a ameixa san vendeuse a un máximo de 70 euros o quilo, fronte aos 100 euros que chegaron a acadarse no 2007. Noutras especies, a situación non foi mellor. A centola, por exemplo non chegou aos 40 euros, cando noutras campañas se tiña vendido a 55 € o quilo.

Esperemos que este ano que entra as cousas vaian algo mellor. Ou mellor dito que non vaian a peor. Saudos e paciencia.
ResponderEliminar