O Igafa, invisible na rede
Imaxe collida da web dun alumno do curso de mergulloO Instituto Galego de Acuicultura (Igafa), dependente da Consellería de Pesca, non conta cunha web oficial na que consultar a súa oferta formativa e os seus proxectos de investigación. Neste centro, o único que imparte Formación Profesional na illa, pódense estudar dous ciclos de grao medio (mergullo a media profundidade e operacións de cultivo acuícola) e un de grao superior (produción acuícola). Ademais, o IGAFA organiza e participa noutro tipo de actividades marítimo-pesqueiras, desde cursos de competencia mariñeira ata proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Non estaría mal que tivera un pouco máis de presenza na rede, como lle corresponde a un centro do seu nivel.
Xa che dijo macho, podian contratar a algien que se ocupara de diseñar unha web, e logo tela actualizada, seria un posible posto de traballo para modesto.
ResponderEliminar