O Comaira é un dos barcos de batea máis antigos da Illa de Arousa. Zafouse do despezamento grazas a un grupo de mozos que vén de crear unha asociación para restauralo. Este barco, construído no Freixo en 1946, comezou a súa singradura propulsado a remos e a vela, e pasou por varios propietarios antes de pertencer á conserveira arousá Comaira, que lle deu o último nome. No ano 56 incorporou un motor e estivo traballando as bateas ata hai un ano. Agora agárdalle unha nova vida mais recreativa, a das embarcacións da 5ª listaxe.
A VER SI ACABAN DE ARREJLALO DUNHA VES OS MDA QUE AS RUMOROSAS TEMOS JANAS DE TOMALO SOL RIBA DEL...QUE VA, E COÑA, MOI BEN POR ESTES RAPASES, QUE POR FIN FAN ALJO PRODUCCTIVO...
ResponderEliminar