A partida de cartas á tarde é unha cita inexcusable para moitos xubilados. Cada un ten o seu bar, a súa hora e os seus compañeiros de sempre, unha rutina que levanta paixóns.
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
[Redacción. 07/07/09 ] Este espazo, aberto á participación de todos os interesados, pretende recompilar e inventariar os alcumes de tradición familiar que se usan na Arousa. Quedan descartados, polo tanto, os sobrenomes particulares de persoas, moi abundantes na Arousa, por certo, que non se transmiten en herdanza. De ser posible, indicarase a orixe do alcume. Poden deixar as súas propostas a través dos comentarios.
[Manuel Suárez Nieto] Cantas veces os militantes do PSOE, PP, BNG e calquera que estivese nunha organización política ou doutro tipo tivemos que defender cousas coas que non estabamos totalmente de acordo? Ou é que acabamos de caer dun carballo agora mesmo? O Bloque, en clave de país, entende a día de hoxe que a alternativa ao PP pasa polo necesario entendemento entre PSOE e BNG, se non, non hai alternativa. Ningunha das forzas ten a masa crítica suficiente para ser alternativa en solitario. Polo tanto, traballar nese camiño é o normal, e ademais é o que se leva facendo durante bastantes anos.
E nós a limpar o peixe, manda carallo
ResponderEliminarO único que podo dicir na súa defensa e que, ao mellor, fórono pescar eles, e aínda non debendo!
ResponderEliminar;-)