O 29 de outubro fanse cinco anos da morte de Sor Aurora, unha relixiosa que formou parte da primeira comunidade de monxas que se estableceu na illa, en 1971. Nunha vila carente dos máis elementais servizos sociais, Sor Aurora alternou as súas obrigas pastorais coa posta en marcha de proxectos de atención á poboación, desde actividades de formación para as rapazas -clases de mecanografía-, á creación dunha gardería infantil ou unha silandeira rede de apoio ás familias máis desfavorecidas. Se algo caracterizou a súa vida foi a discreción, e así morreu tamén, como un paxariño. Probablemente nunca imaxinou nin soñou homenaxes, pero velaí a está por desexo popular no atrio da igrexa, tal e como a concebiu o escultor César Lombera, o mesmo que fixo as famosas “Marías” da Alameda de Santiago.
Cacho de susto me meteu a primeira ves que a vin! Era de noite e vin unha sombra... Imaginate!
ResponderEliminar