Buscar neste blog

15 de set. de 2006

Requiem pola punta do Furado


Nas imaxes apréciase a proximidade do valado ó mar. Coa autorización dos responsables municipais, pronto comezará a construción dun gran bloque de pisos “de luxo”, case enriba da praia do Cabodeiro. Onde agora está o valado, antes había un pinar aberto ó mar. Nin Lei de Costas, nin vergoña!

5 comentarios:

  1. Ola, en primeiro lugar noraboa polo teu Blog. Gustaríame facer algún comentario sobre Punta do Furado xa que me toca persoalmente na medida en que estou considerando a posibilidade de mercar un apartamento nese lugar. De feito buscando información sobre a Illa e en concreto sobre esta zona foi como dei co teu Blog.

    A min tamén me sorprendeu a proximidade ao mar, e o feito de que puidesen construír nunha zona na que non se respectan os 200 m da liña de costa, tamén o feito de que os edificios se fixesen nun piñeiral á beira dunha praia, un lugar que parecía en principio máis indicado para converterse en zona verde que en zona de vivenda.

    Permitinme indagar un pouco, e o que se me dixo é que esa zona de construcción en concreto non está afectada pola Lei de Costas, seica hai zonas que si e zonas que non. Eu recoñezo a miña ignorancia ao respecto pero penso que, se a obra é ilegal, debería ser fácil denunciala.

    Verbo do piñeiral comentóuseme que non era un espazo público, senón de titularidade privada (no mesmo piñeiral aínda quedan letreiros que poñen algo así como zona privada, e un número de teléfono do antigo propietario, eu mesmo os vin) O acordo entre a construtora e o Concello é que a empresa adquire o piñeiral e, salvo o fragmento cosntruído, cede o resto (todo o que non está valado) para uso público. Desta forma un espazo particular pasa a ser de disfrute público na súa maior parte.

    A min e á miña familia gústanos a Illa, e en xeral a luz e o clima da zona de Arousa. E gustaríanos ter un apartamento (o noso poder adquisitivo non dá para máis) no que poder pasar as vacacións e de cando en vez algunha ponte ou fin de semana xa que vivimos relativamente preto. A Illa reúne unhas condicións inmellorables así que se cadra acabemos sendo tamén nós "carcamáns" de adopción.

    Un saúdo cordial

    ResponderEliminar
  2. O terreo era propiedade particualar e mediante un acordo con Costas permítese construír nunha liña próxima ó camiño a cambio da cesión da maior parte a Costas.
    Por ese motivo aquí sí se pode construir e en outros sitios máis apartados non.
    Dádelle a Costas o 80-90 % do voso terreno e xa veredes que non tendes problemas para construir.

    ResponderEliminar
  3. Espero que disfrutes do tua vivenda, honestamente. Tes sorte de poder mercar unha vivienda na Illa. Bueno vivienda non, porque quen pode "vivir" nun piso de 60M2? Unha familia non desde logo.
    Mais ven una familia o unico que pode facer en 60M2 e incubar porque vivir non.

    Somos varios da Illa que tuvemos que comprar vivienda fora xa que a casa dos pais non da para vivir con a parexa e os fillos. Da pena xa que tendo terrenos donde poder obrar solo cria toxo.

    Aproveito unha vez mais para agradecer a goberno local (PSOE) que paralizou as obras de viviendas unifamiliares e promove bloques de viviendas. O partido que o seu presidente(ZP) prometeu luchar contra a especulacion urbanistica e fazer VPO, que na Illa hay moitas de esas, por certo.

    A ver si cando os meus pais morran podo vir de novo para o lugar donde nacin, eso si non nos expropian a casa para facer viviendas para os turistas, porque ir como vai a cousa non me extranaria nada.

    ResponderEliminar
  4. Realmente curioso o tema do Furado e as casas que estan obradas que querian tirar abaixo.

    Tenho escoitado por ahi que Xose Blanco o do PSOE mercou vivenda ahi, ademais de ser inversor no proxecto. Sera verdade isto?Sera ha razon que se pudo construir ahi?

    Mentras tanto en outras zonas do litoral derrumban viviendas debido a modificacion do deslinde. Como se come iso?

    Unha paxina interesante de unha nova plataforma. Isto interesarianos a todos da Illa. Xa que calquer dia expronian as nosas viviendas debido a un deslinde modificado e quedamos sin nada.

    http://www.costasmaritimas.com/00.htm

    ResponderEliminar
  5. O PS DE G PSOE NA ILLA O QUE ESTA FACENDO E VOTAR OS CARCAMANS FORA PA FACER A ILLA UNHA ILLA PRA XENTE DUN NIVEL SOCIAL ALTO,O ALCALDE DA ILLA TEN A OS ISLEÑOS MARGINADOS,SIN DEIXARLLE NINGUNHA ELECCION

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.