14.7.11

A illa nos mapas antigos (IV): o mapa de Domingo Fontán



[Susi Rial] A "Carta Geométrica de Galicia" é obra do pontevedrés, nado en Portas, Domingo Fontán. Neste mapa investiu 17 anos da súa vida e é o primeiro que se fai con rigorosidade científica e matemática. De feito, o mapa de Domingo Fontán supón un enorme salto cualitativo con respecto ós outros mapas aquí mostrados. No século XIX (este mapa foi impreso en 1845), os avances técnicos foron espectaculares, o cal permitiu que por primeira vez se coñecese o aspecto real da Arousa. Como se pode ver, a forma da Illa é practicamente igual á que hoxe coñecemos, e incluso aparecen nomeados algúns dos saíntes máis importantes, como Punta Cabalo e Punta Barbafeita, así como unha barra de area, posteriormente desaparecida a causa da construción da ponte.

4 comentarios :

Anónimo dixo

Un mapa moi interesante e con moitos detalles. É curioso que lle chame "Arosa" a "A Illa". Non só indica "Isla de Arosa" senón a localidade marcada con un punto e pequeno círculo que identifica como "Arosa (San Julián)". Arosa en negrita (como calquera outro pobo) e San Julian entre paréntese en texto sen resaltar.
Outro erro é que sitúa Conrretallado en Concerrado (seguro que por semellanza dos nomes).

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...