5.5.11

O BNG incorpora a Rosa Núñez como número 2 da súa candidatura

Parte da candidatura do BNG á alcaldía da Illa de Arousa

[Redacción] O candidato do BNG á alcaldía da Illa de Arousa, Carlos Otero, deu a coñecer a lista completa da súa candidatura o pasado luns, na Brasería A Salga. O acto foi presentado por Rosa Núñez, unha das novas fichaxes dos nacionalistas arousáns, que concorre por primeira vez ás eleccións municipais nun significativo posto número dous. Otero e Núñez estiveron acompañados polo deputado Bieito Lobeira, quen presentou o BNG como unha alternativa ás políticas antisociais do PP e PSOE, que “cargan o peso da crise económica nos máis desfavorecidos e priman os intereses da grande banca e do capital”. Pola súa banda, Carlos Otero referiuse á oportunidade que ten a xente de dignificar e limpar a política, botando das administracións a aqueles que as utilizan para beneficio propio ou dos seus amigos, “prácticas habituais do PP e do PSOE alí onde gobernan”. Tamén salientou a capacidade e a forza da súa candidatura para facer “políticas para as persoas”. A lista do BNG incorpora catro novas caras, ademais de Rosa Núñez: Tomás Cores, Sofía Rial, Pilar Suárez e Xulio Villanueva.

Candidatura do BNG á alcaldía da Illa de Arousa
1. Carlos Otero Chaves
2. Rosa Núñez Cores
3. Adelino Santamaría Iglesias
4. Tomás Cores Dios
5. Sofía Rial Nieto
6. Julián Dios Dacosta
7. Antonio Millán Torrado
8. Virginia Otero Piñeiro
9. Xoán Carlos Piñeiro Insua
10. Fátima Prieto Allo
11. Pilar Suárez
12. Xulio Villanueva González

30 comentarios :

morgan dixo

O BNG terá quen traballar moito para conseguir que a cidadanía confíe neles. Nestes catro anos non se veu que fixesen moito ruido a non ser algunha queixa nos plenos e algunha nota de prensa. A xente tén que saber qué propostas se presentan para poder valoralas. Esta actitude de certa vagancia tamén é extensible aos demáis partidos tanto o PSOE no goberno coma o PP na oposición si tuveran que cobrar polo traballo seguro que morrían de fame. Sorte aos tres.

Anónimo dixo

Carlitos Miguel, a política e algo máis que xogar ao axedrez...es moi parado tí...non sei...digo eu vamos...

Anónimo dixo

Máis ben diría, que o carisma de líder que se necesita para estar de cabeza de lista dun partido político, non o atopamos en ningunha das persoas que representan na Illa as forzas maoritarias de Galicia, pero tampouco creo que "Manuelito" teña agora unha actividade frenética e envidiable!! E mira ti, que coa sua "pachorra" leva ahí 12 anos!

Anónimo dixo

Animo a todos os demócratas da Illa a que deixemos de visitar esta páxina e por suposto de escribir, o que pretenden os FACHAS é que nos poñamos á sua altura enmerdando todo, e calumniando agochados no anonimato, e por suposto a que denunciemos todos esta páxina que deixa introducir todo tipo de comentarios calimniosos e inxuriosos sin pedir identificación algunha da persoa. Como di o refran "NON HAI MAIOR DESPREZO QUE NON DAR APREZO" PASADEO

Anónimo dixo

nº8, preghuntome eu ¿non seras tí precisamente o troll/agitador dos comentarios?

Anónimo dixo

e engado, para que che quede ben claro: Iste é un dos mellores blogs de información da Arousa.Non en vano, leva mais de 5 anhos aberto a toda a Illa, e a todo o mundo ¿tí serías capaz de facer algho parecido?

voto en branco dixo

que queres nº8?? ler só o que che gusta?? Censura?? ti si que eres demócrata...

Anónimo dixo

NOTICIAS DE ÚLTIMA HORA:

-Xente da illa de Arousa afirma ver a Mister Bin Laden xojando as casotas no con da juana despois de andar de furtivo na playa do lajartiño e joder uns limons pa matarlle o bravio.

-Temos noticias dende o Pentagono de que un home da pantrijeira jodeu un parapente motorizado e dirixese o axuntamento da Illa pa esparrarse contra a ventana do despacho da Arquitesta.

-Tamen divisaron dende un helicoptero a 3 enanitoss kamikazes homosexuales judios que se dirixen cara o puente en pedaleta cheos de petardos dos arroases x todo o corpo e tamen aljunha bombeta con intencion de destruir a columna maestra da ponte.

-Francotiradores desde o campanario da ijlesia disparan balas carjadas de seseo e jeada para que lle sangren os oidos a todo aquel que sta na Illa pero e do puente paaaaa fora.

Esto e todo,seguiremos informando das noticias da Illa de Arousa

Anónimo dixo

Visto o panorama, eu quedariame co Bloque ou IU, sen dúbida.

Anónimo dixo

pois nese caso, o bloque vai ben, que dentro do grupo socialista tamén hai moitisimos de dereita, ainda que disfrazados de progres. En fin, que cada un vote o que queira.

Anónimo dixo

BNG esta vez teredes mais sorte! os que vos governan xa demostraron que tipo de xente son, e a xente que os votou a eles cambiaran o seu voto para vos.espero que sepades representar a xente da Illa mellor que os que levan tantos anos facendo que traballan por ela. saúdos.

Anónimo dixo

Fai tempo que teño o meu voto decidido pero si non fose así eu preguntaríame:
Qué políticas económicas defenden uns e outros?
Quén defende os nosos sectores produtivos?
Quén promove servicios sociais públicos de calidade?
Quén defende o noso idioma? etc
Despois votaría o que a conciencia me ditase.

Anónimo dixo

Coidadiño , coidadiño.. todo se sabe, quen escribe nos blogs do psoe, no muro do facebook do psoe etc...
Dentro de 15 días ganará quen o pueblo decida, pero os comentarios "anónimos" contra as persoas, quedan nos corazóns deles,dos amigos e das suas familias. Avisados quedades, algúns vano pasar moi pero que moi mal.

Anónimo dixo

22 E ti que? xuntastes duas palabras e xa as pós en todos lados? xa o pasas ben?

Anónimo dixo

Para reflexionar sobre o que esta pasando no mundo
Una aperta
http://vimeo.com/23522925

Anónimo dixo

A min conmoveume o panfleto de este señor que ten 93 anos, viveu unha gherra mundial, e flipa cá xuventude de hoxe.

http://www.attacmadrid.org/wp/wp-content/uploads/Indignaos.pdf

Pero non só hai chamamentos á indignación, hai xente que reacciona:

- Como non-partido están os Cidadáns en Branco:

http://www.ciudadanosenblanco.com/

- Como movemento a nivel mundial está o mevemento Zeitgeist que propón o chamado proxecto Venus, inda que é un pouco dudoso, ao meu pareser. Existen tres películas onde desenvolven as súas xustificacións que se poden ver de forma gratuíta na rede:

http://www.zeitgeistmovie.com/

E se investighamos por ahí e vemos a prensa parese que os xóvenes en españa empesan a manifestarse, non coma en outros países de europa pero xa empesan a oírse voses.

E moi triste ver como perdemos nun par de anos os dereitos que lle costou tanto consejir á jenerasión anterior.

Anónimo dixo

Por certo ademáis a xente está saíndo á rúa para protestar ata o vindeiro día 22

http://www.elpais.com/articulo/espana/chispa/Movimiento/15-M/elpepiesp/20110517elpepinac_9/Tes

Anónimo dixo

Bloque arriba que hoxe en día sodes os que desfendedes a nosa lingua e os seus falantes e os unicoa que non vos preocupades solo de encher os bolsillos coma ou fachas,e os que van de progres utilizando á xente xoven como raquel rial e luis arosa. Bloque contade co meu apoio e co da mairoria da xuventude que ten un pouco de cabeza!!!

Anónimo dixo

Todos a la cárcel. Perdón a la máquina de la verdad-mentira, a ver quien engaña y quien no.
NON SI?/(899,-.

Anónimo dixo

Eu son do BNG, que digo, son do SOE, perdón do PP.Bó ide po carajo, que governe quen queira, total, son todos iguales.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...