14.3.11

Unha mirada ao conflito de Odosa, vinte anos despois


[Redacción] O vindeiro 18 de marzo preséntase na Coruña o documental “Rexistro de Traballo. Doli, doli, doli, coas conserveiras”, unha longametraxe dirixida por Uqui Permui, que aborda o conflito da fábrica de Odosa. En 1989, unhas setenta mulleres da Arousa, catro delas en folga de fame, pecháronse na fábrica para protestar polas condicións de traballo e o peche inminente da conserveira. As reivindicacións das traballadoras quedaron rexistradas nun vídeo gravado por un sindicato do Salnés, material que lle serviu á creadora Uqui Permui parar narrar de novo a historia, contada polas mesmas protagonistas, vinte anos despois. Segundo explica Permui, o título do documental está inspirado nun dos lemas que coreaban as traballadoras, quen, por falta de entendemento ou pola vontade de adaptar as consignas laborais a unha linguaxe divertida, dicían “doli, doli”, en vez de "solidariedade". “Eran mulleres que nunca antes se manifestaran nin tiñan experiencia en prácticas políticas”, explica a creadora. A estrea do documental é na casa museo Pardo Bazán da Real Academia Galega, na Coruña, ás seis da tarde. Está previsto que a obra se proxecte máis adiante noutros lugares, entre eles, a Illa de Arousa.

19 comentarios :

Anónimo dixo

Eu recordo este conflicto porque era un neno pequeno y via a miña nai e as suas compañeiras e amigas ali encerradas, durmindo o frio entre cartons,mantas e colchons vellos. E o triste e que a empresa cerrou, prexubilaron algunhas compañeiras, e o resto quedaron no camiño, despois de tantos anos de traballo sin reconocemento algún. Despois de tantos anos, esta ben acordarnos delas e darlle o recoñecemento social que se merecen.

PSOE=CORRUPSION dixo

Si estuveran en Andasulía xa o Zarrías lles buscaba un apaño para o ERE previa afiliasión ó PSOE

Anónimo dixo

Polo menos os corruptos no PSOE dimiten, e o dos EREs foi denunciado pola Junta de Andalucía.

No PP desde o Prestige "no dimite ni el Tato". Aínda lle han de dar a medalla de ouro e diamantes a Camps, coma a dos narcos que financiaban o partido.

Normal, normal, que uno puede tener amiguitos del alma pero no conocerlos de nada. La vida es un misterio, o tres.

Anónimo dixo

5. Si, jiji, créame, que las Rías se han salvado gracias al PP, jeje, ha sido ETA, jejeje, y tienen armas de destrucción masiva.
Jijiji. Que yo al Bigotes no lo conozco de nada, y el AVE a Galicia lo van a hacer porque Blanco es gallego, jijiji.
Y si gana Feijoo acaba coa crisi en 45 días. Jiiji. Ah, é que non temos competencias. Jaja.

Anónimo dixo

Iso dijo eu, xa ves... cada un retatándose e sin importarlle quedar coma un tonto.

Anónimo dixo

Coma un tonto? coma uns cantos, que menos o comentario 2 os demáis son palla.
A non ser que o resto os escribise o mismo parvo.

o da arousa dixo

os calza burras que non sirvides mais que enmerdar os foros coma este,farias-de vos e nos,un gran favor si vos forades po carallo,pois non sodes mellores que os politicos do navo que tanto defendedes unhs e outros,ese e o problema que temos na illa,que non ,nos respetamos,e catro calza burras envenenan,os demais,a niguen lle acorda a estupidez do enfrentamento dos partidarios de sito e de chiquita,e que nunca bamos a,aprender,falemos como personas civilizadas, sin faltar o repecto o que non pensa coma nos,e sobre todo falemos con conocimento de causa,non pos oidas e faltando a verdade,xa somos adultos,politivamente e socialmente,para andar con estas caralladas de rapaces pequenos,y falando de todo un pouco, a estas mulleres son as nosas mulleres nosas nais, irmans,aboas etc,son as cales nos pariron e nos amamantaron,e non quero creer que pariran cretinos descerebrados,sintamonos orgullosos do que elas representaron e representan,na nosa historia e na nosa vida,o marxen de causas partidistas,elas son o que realmente importa,por que encarnan perfetamente o que nos somos como povo,e non estas babosadas que catro mangantes din aproveitando o anonimato,viva a nai que nos pareu,valla par deles tiñan e te
ñen,pa aturarnos todos os dias da nosa vida.

Anónimo dixo

Seguimos na mesma, salvo o comentario 2 o resto son palla.

Anónimo dixo

Nadie recorda a un que tiña boca de raya e lle chamaban don Rogelio andando polo medio das mesas.Inchado coma un pavo. Preguntade a os vellos, ou as antigas traballadoras.

Anónimo dixo

E sábese cando se vai proxectar no auditorio? eu quero velo

nailla dixo

Xa hai data para a proxección na Arousa, domingo 17 de abril, na Casa do Concello, ás 19.30 h

Anónimo dixo

Parese un retrato da vida dos obreros tras a industrialisasión pero nó é a arousa dos 80 onde inda non se conquistaran nin os dereitos máis básicos. É pa flipar, moi bó traballo, polo menos pa que os que veñen ahí vexan como era esto fai só 20-30 anos.

Anónimo dixo

Totalmente de acordo 17; sen embargo no "Anecdotario da Conserva" parese que foi unha época idílica e bucólica.

Anónimo dixo

E como está a ser, non xa na conserva que non a hai, senón na pouca industria que temos na Arousa. Todos temos amigos ou coñecidos que están nalgunha depuradora e as condicións son terribles, a explotación inhumana e perversa.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...