2.8.09

Como facer unha pisallada

Coas amoras pódese facer pisallada ou marmelada

Primeiro, búscase unha compaña agradable e, a poder ser, de boa estatura (as mellores amoras teñen a manía de medrar no alto). Logo localízase unha zona na que haxa abondosas silvas. Entre conversa e conversa, apáñanse as amoras, dándolles preferencia a aquelas máis grandeiras, maduras e que non estean comestas polos bechos. Xa na casa coa bolsa chea, lávanse ben os froitos para retirarlles o po. Esmigállase o miolo de media barra de pan do día (a codia non se aproveita). Cun tenedor, machúcanse as amoras coa miga e azucre a gusto, ata que non quede ningunha frangulla de cor branca. A pisallada está lista para servir e compartir.

5 comentarios :

Anónimo dixo

Así mesmo é!!! Ummmm...... entre os bonitos recordos da miña infancia, a pisallada era aljo típico dos vrans da Arousa.

Anónimo dixo

"pisallada" débese añadir tamén ó diccionario de ausencias!

Anónimo dixo

Tamen a expresion "Fixestes unha pisallada", a teño escoitado. Quere dicir que fixestes un estropicio, ou un cristo ou algo asi.

pepito dixo

Non sei si foi proposta a frase "sabeo cameán" para expresar algo que se da por feito.

Anónimo dixo

sisi. eu oxe mesmo vou a ir as moras e vou a faser unha pisallada, asi q bo probeito.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...