8.5.08

O aire dos mortos

Ata hai ben pouco, nada máis rematar un enterro, xa había quen facía unha pequena fogueira de loureiros diante do cemiterio para afumarse e evitar así que algún meniño co que tivese contacto collera o “aire do morto”. Aínda quedan persoas que se afuman, sobre todo os máis vellos, pero en xeral, a poboación da illa desprendeuse deste ritual de fondas raíces.

Na cosmovisión para a morte propia da sociedade tradicional galega, considerábase que os mortos podían deixar “aires” enfermizos –hoxe diriamos virus-, que se metían nos meniños, facendo que estes murcharan e quedaran cativos sen aparente explicación médica. Era entón cando se recorría á curandeira experta en sacar o aire e poñíase en marcha o tratamento.
Aínda que resulte difícil de crer, era costume poñer o neno nunha pa e introducilo e sacalo do forno do panadeiro varias veces, de xeito rápido, sen que lle fixera ningún mal ao enfermo. A cerimonia completábase coa aplicación dun remedio de herbas, só coñecidas pola curandeira. O lume, primeiro para afumarse de xeito preventivo, e logo para sacar o aire, adquiría aquí todas as propiedades máxicas e purificadoras. que lle atribúe a antropoloxía galega. Sobra dicir que o único potencial terapéutico de todo isto, era actuar a nivel sicolóxico sobre uns pais preocupados (ou non?).

O artista arousán Antón Millán gañou no 2003 o primeiro premio do Certame de Videocreación da Universidade de Vigo, cunha curtametraxe sobre este tema, que nunca foi estreada oficialmente.

3 comentarios :

rumorosa s.a dixo

A MIN SACARONME O AIRE DUAS VESES, DE UNHA DELAS CREO QUE ME ACORDO, TEÑO UNHA VAGA IMAXE DE DENTRO DO FORNO,ESTABA TODO VERMELLO,FACIA CALOR,EU CHORABA E MEUS PAIS MAIS...
OUTRA CURIOSIDADE DESTA TRADICION E QUE NON TE PODES CRUZAR CON NINGUEN CANDO VAS DE CAMIÑO A PANADERIA, SINON XA NON VALE.

A VERDADE E QUE E UNHA BONITA TRADICION, NA QUE, A PESAR DE QUE MIÑA ABOA ME INTENTE CONVESER DE QUE ME CUROU, NON CREO, ESO SI, SIGO FACENDO O RITUAL NOS ENTERROS, POR SI A CASO...HABELAS HAILAS!!!

Anónimo dixo

que me parece algo parvo!!
meterse nun forno porque e de sunormales jaja

Anónimo dixo

Pero seguro que non che gusta que se che cruce un gato negro verdade?

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...