Publicacións

A organización dos Encontros de Carril propón unha edición de 'resistencia'

Imaxe
 O cartel dos X Encontros Carril 2011 [Redacción] Do 30 de xuño ao 3 de xullo, vai ter lugar en Carril a décima edición dos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia , a cita bienal de referencia para os colectivos de navegación tradicional. A poucas semanas da celebración, o comité organizador vén de alertar da “grave situación económica” que atravesa, dadas as escasas achegas económicas das empresas patrocinadoras e das administracións. En concreto, a organización destacou a nula colaboración da Deputación de Pontevedra, cando nos Encontros anteriores de Ferrol (2007) e de Muros (2009), a deputación coruñesa destinou aos eventos 60.000 euros. Así as cousas, segundo a Federación Galega pola Cultura Marítima , esta será unha edición de “resistencia”, na que variarán algunhas cousas pero non o esencial: a xuntanza dos barcos e dos seus tripulantes. Certamente, as cifras de participación ata o momento son similares ás doutros anos, xa que está confirmada a asistencia de m...

O pleno de investidura, no Canal Rías Baixas

Vídeo propiedade do Canal Rías Baixas [Redacción] O Canal Rías Baixas , a televisión local da comarca, recolle neste vídeo un resume do polémico pleno do sábado 11 de xuño, no que un grupo de simpatizantes do PP insultou e apupou ao edil do BNG, por apoiar a investidura do alcalde socialista.

Os caprichos dos cons

Imaxe
Pedras na praia de Con Retellado [Susi Rial] Ben coñecida é a importancia dos cons na Illa de Arousa, onde máis que calquera edificio ou monumento, conta como maior símbolo o “con de tres pés”, por poñer só un exemplo. Os cons incluso serven de reclamo turístico, con iniciativas como a “ruta dos cons”. 

Nova sesión do club de lectura

Imaxe
[Redacción] O club de lectura Bibliarousa+ celebra o vindeiro martes 14 de xuño, ás 20.00 horas, o último encontro do curso. Nesta ocasión, o eixe temático é a obra "Como agua para chocolate", de Laura Esquivel.

O BNG apoiará a investidura de Manuel Vázquez

[Redacción] O BNG da Illa de Arousa, a través do seu alcaldable Carlos Otero, vén de comunicar nunha rolda de prensa celebrada esta mañá en Vilagarcía de Arousa que apoiará a investidura do candidato socialista Manuel Vázquez, "para evitar un goberno do PP no noso Concello". "Estamos convencidos de que a decisión adoptada é a mellor para o traballo diario do BNG e, por suposto, a mellor para a Illa", sinalou Otero, que estivo acompañado no acto de Xoan Allegue, responsable comarcal do BNG. Carlos Otero tamén aproveitou para agradecerlles aos arousáns "o enorme apoio recibido" e reiterou o seu "compromiso de traballar todos os días para devolverlles aos veciños esa confianza en conseguir servizos que redunden na mellora da súa calidade de vida". A partir de agora, ábrese un período de negociacións entre o grupo socialista e a formación nacionalista arousá, xa que, segundo explicou Otero, a decisión foi tomada pola asemblea local do Bloque, sen ...

A insoportábel levedade do ser

Imaxe
[Manuel Suárez Nieto]  Os resultados electorais na Arousa foron 5-5-1. Agora tócalle aos concelleiros electos a través das súas correspondentes organizacións políticas conformar as maiorías para garantir un goberno estábel durante os próximos catro anos. De momento, non transcendeu máis alá dun 'quítate ti que me poño eu'. Por outro lado, totalmente normal en pleno proceso de negociación. En todo caso, ao meu entender, as forzas políticas da Arousa estanse comportando con madurez democrática e serenidade, o cal non está de máis recordar e recoñecer.

O Céltiga remata a tempada con boas sensacións

Imaxe
 O campo Salvador Otero [Susi Rial] O Céltiga comezaba a tempada 2010-2011 na categoría de Rexional Preferente co marcado obxectivo do ascenso a Terceira División. Pero as cousas non foron como se esperaba e, xa en xaneiro, o equipo que daquela adestraba José María Rial tiña moi difícil o ascenso. A directiva pediu entón, tanto ós xogadores coma ó corpo técnico, un cambio de actitude, pero en febreiro dimitía José María Rial alegando que o que precisaba o equipo eran aires novos. E algo de razón si que tivo, posto que tras o breve paso de “Carducho” polo banco arousán, a chegada de Manolo Núñez dou lugar ó esperado cambio. O Céltiga comezou a encadear vitorias, de tal maneira que chegou á última xornada da liga con opcións ó ascenso. Unha vitoria contra o Arousa, daríalle o pase para xogar o “play-off”, pero finalmente ambos os dous equipos empataron a dous goles. Agardaremos pois, á seguinte tempada, na que unha nova historia comezará a escribirse.