Publicacións

O PP renova os postos de saída da súa candidatura

Imaxe
O equipo do Partido Popular para as eleccións municipais do 2011 [Redacción] O Partido Popular confeccionou para as vindeiras eleccións municipais unha candidatura que presenta cambios nos postos de saída, con respecto á listaxe do 2007 . Así, o cabeza de lista, Juan José González, repite acompañado por dúas novas caras nos números dous e tres, Paula Suárez e Miguel Paz. A candidatura complétase con outras dúas incorporacións, Valentín Oubiña e Joaquín Fernández, ademais do resto do equipo habitual do Partido Popular, que conta nesta lexislatura que remata con catro concelleiros na corporación (Juan José González, Zoila Paz, Ramón Ferro e Diana Ríos). Candidatura do PP á alcaldía da Illa de Arousa 1 Juan José González Vázquez 2 Paula Suárez González 3. Miguel Paz Cores 4. Zoila Paz Dacosta 5. Valentín Oubiña Mariño 6. Juana María Suárez Paz 7. Carlos Alberto Pouso Otero 8. Diana Ríos Dios 9. Joaquín Fernández Hermo 10. Ramón Ferro Dios 11. Ana Rial Nieto 12. Daniel Pous...

Carretando votos

Imaxe
[Redacción] A sombra do carrexo de votos pende sobre cada proceso electoral que se celebra en Galicia. Este fenómeno, que consiste en trasladar aos votantes aos colexios electorais, inducindo o voto nun determinado sentido, é unha táctica habitual en contornas rurais e practicase especialmente cos votantes máis vulnerables, como poden ser as persoas maiores. Xa no 2001, co gallo das eleccións ao parlamento galego, o filme colectivo “ Hai que botalos ” denunciaba a anomalía que supuña a carretaxe no libre exercicio do voto secreto. Na enquisa que publicamos sobre este tema, a gran maioría dos participantes consideran que na Arousa tamén se practica o carrexo de votos. Con todo, mentres que no resto de Galicia a sospeita recae sobre o Partido Popular, as acusacións na Illa adoitan ir dirixidas contra o partido gobernante, o PSOE. “Carretan votos e anotan quen vai votar e quen non”, aseguraba Carlos Otero, candidato do BNG, durante unha entrevista que lle realizamos hai uns meses.

As antigas reivindicacións mariñeiras, no libro de Dionisio Pereira

Imaxe
Dionísio Pereira, no centro, durante a presentación en Pontevedra [Susi Rial] O pasado venres, 8 de abril, foi presentado o novo libro de Dionisio Pereira, “Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)", Ed. Xerais, na librería Michelena de Pontevedra. Foron 20 anos de investigación por parte do autor, que recolleu documentación, traballos previos e conversas cunha serie de entrevistados. Cun claro compromiso coa memoria histórica, neste libro podemos atopar como foi durante o mencionado período a loita de clases, o asociacionismo e a loita da muller mariñeira polos seus dereitos, así como unha relación dos aparellos de pesca e de como estes foron evolucionando. A falta de documentación impide que no libro haxa referencias directas á Illa de Arousa. Caso totalmente contrario é o do Grove, do que se expón moita información no libro. De tódolos xeitos, estamos ante un traballo que recolle precedentes do carácter loitador mariñeiro; unha cuestión que facilmente pode ax...

Os fondos mariños da Illa, nunha exposición

Imaxe
[Susi Rial] Baixo o título de “Os fondos mariños da Illa de Arousa”, expóñense no auditorio imaxes da flora e da fauna da Illa máis descoñecidas. As fotografías foron realizadas por Ramón e Rodrigo Lojo, pai e fillo afeccionados ó mergullo, que queren compartir deste xeito as imaxes que tomaron do fermoso mundo submarino do mar arousán. Primeiros planos de criaturas acuáticas, peixes de vivas cores, cabaliños de mar e raras especies vexetais son só algúns exemplos do que se pode contemplar na exposición, que ademais constata a elevada calidade ecolóxica das profundas augas da Illa. A exposición permanecerá aberta ata a finalización do curso escolar, de luns a venres, de 10:30 a 14:00, e de 16:30 a 19:30 horas; e os domingos e festivos, de 11:00 a 14:00.

O Concello anuncia un contencioso contra o POL

Imaxe
[Redacción] O Concello da Illa de Arousa recorrerá á última vía que lle queda para opoñerse ao Plan do Litoral ( POL ), os tribunais. O alcalde, José Manuel Vázquez, anunciou a semana pasada que interporá un contencioso-administrativo contra as novas directrices que regulan a construción na costa, ao considerar “que vulneran e quitan dereitos adquiridos polos veciños e veciñas da Illa de Arousa”. O POL reduce as hectáreas urbanas da illa, especialmente na zona sur , onde se localizan a maior parte dos solos considerados incompatibles. A Xunta rexeitou todas as alegacións presentadas polo Concello, ao estimar que a porcentaxe de transformación urbana prevista non garantía os valores de sustentabilidade e conservación paisaxística.

A banda The Alkrikes proba sorte nun concurso da Radio Galega

Imaxe
[Susi Rial] O nome da banda e do tema non podían ser máis arousáns. “The Alkrikes”, formada por catro rapaces arousáns (Sergio Dios, Paco Vázquez, Víctor Vidal e Miguel G. Poza), compiten estes días co seu tema “Riasong” nun concurso da Radio Galega destinado á descuberta de novos talentos emerxentes. Na web do certame poden escoitar en liña o tema en competición, así como darlle un voto de balde, aínda que tamén se pode votar por medio de teléfono móbil, mandando NOVOSON_45 ao número 25211. O prazo das votacións remata o vindeiro 18 de abril ás 19:00 horas.

Disputado empate entre As Rumorosas e os M.D.A.

Imaxe
[Redacción] A batalla por gañar a enquisa sobre a mellores letras do Entroido 2011 librouse entre dúas comparsas que gustan de rivalizar, os M.D.A., formada integramente por homes, e As Rumorosas, composta exclusivamente por mulleres. Durante a semana de votacións, o resultado mantívose case a diario nun axustado empate, compensándose inmediatamente os votos de máis que recibía unha ou outra comparsa. Así as cousas, quedaron igualados. Tal e como falaron os comentaristas, os M.D.A. crearon unhas letras máis críticas, en consoancia coa tradición das comparsas carcamanas. Pero As Rumorosas presentaron unhas letras mellor compostas e rimadas.