Publicacións

A Illa, no armario

Imaxe
Os resultados da última enquisa [Susi Rial] Coa chegada da ponte, hai agora 25 anos, a sociedade da Illa sufriu un evidente cambio de mentalidade. Ós arousáns gústanos viaxar e alá onde imos deixamos unha morea de amigos. Da mesma maneira, encántanos recibir visitas e coñecer xente de países exóticos, sen que as diferentes culturas ou os idiomas sexan un impedimento para facer novas amizades. Resumindo, pouco queda daquel pobo pechado que detestaba calquera cousa que viñera de fóra. Mais debemos recoñecer que nalgúns aspectos, a Illa regresa á súa faceta primitiva. E un destes aspectos é o que ten que ver coa homosexualidade. Porque se non, non se entende por qué non vemos parellas do mesmo sexo polas rúas da Arousa collidos da man, ou porque os homosexuais deciden facer a súa vida fóra da Illa. Por qué a estas alturas aínda non se celebrou na Illa a primeira voda homosexual? Este artigo non pretende sacar a ninguén do armario, faltaría máis. A quen queremos sacar do armario é á propi...

A labor do xuíz de paz

Imaxe
 Pablo Iglesias, xuíz de paz da Illa de Arousa [Redacción] O xulgado de paz é probablemente unha das institucións menos coñecidas da Illa, e iso que por el han de pasar desde as persoas que desexan casar ata aqueles que deben responder ante a Xustiza por denuncias de calumnias. O da Arousa ten a súa sede na Casa do Concello, e é atendido por Pablo Iglesias. Os luns, toca xuízos; os mércores, conciliacións; e os sábados, casamentos. O propio xuíz de paz explícanos neste artigo cales son as súas competencias e a filosofía que guía a súa labor.

BBE & SD, o máis novo do rock insular

Imaxe
BBE & SD, durante un concerto ofrecido no Con do Moucho [Redacción] A última banda de rock que naceu na Arousa chámase 'Between Big Eggs & Small Dicks' e fórmana tres compoñentes: Viktor García (guitarra), Alberto "o alemán" (voz e batería) e Álex "funkillo" (baixo). No YouTube xa se pode ver algún directo da banda , que ofrece un rock potente e aloucado que rexeita calquera etiqueta. O grupo ten o seu propio espazo no facebook, e tamén no myspace .

Constituído o club de lectura Bibliarousa +

Imaxe
[Redacción] O club Bibliarousa + estréase coa lectura de Afirma Pereira , unha fermosa obra de Antonio Tabucchi, ambientada historicamente na Lisboa da dictadura salazarista. Coa escolla deste título, quedou constituído, o pasado mes de xaneiro, o primeiro club de lectura de adultos da Arousa, unha iniciativa que partiu da biblioteca do instituto e que secundaron, polo momento, cinco persoas. O club está aberto permanentemente á incorporación de lectores. A próxima cita será o 22 de febreiro, e terá como protagonista a un xornalista portugués, especializado en necrolóxicas.

O resultado da enquisa das infraestruturas

Imaxe
[Redacción] Escoller entre tres infraestruturas básicas non é fácil, tendo en conta que o ideal sería dispoñer das tres. Con todo, se hai que elixir, os lectores deste xornal decántanse pola construción dun novo centro de saúde, unha opción votada polo 45% dos participantes e moi igualada -con só un voto de diferenza- co polideportivo municipal. A casa da terceira idade, unha vella demanda dos xubilados arousáns, queda nun segundo plano fronte ás outras opcións. Na enquisa desta semana queremos saber o seu parecer sobre o trato que reciben as persoas homosexuais na Arousa.

Sons da Arousa: a subida da marea

[Redacción] Co son que fai a marea cando comeza a subir, presentamos unha nova sección de na illa , Sons da Arousa , un arquivo sonoro cuxa entrada directa atoparán na columna da dereita, á beira do Dicionario de Ausencias . O vídeo foi gravado en xuño de 2010 na praia do Portiño e captura o murmurio do mar, axitado polas forzas dos astros.

Anécdotas da motora

Imaxe
 A motora que transportaba viaxeiros entre a Arousa e Vilanova [María García] Cando se fala do pasado da Illa de Arousa, nalgún momento ten que saír o tema da motora, pois era o medio de transporte que nos comunicaba co mundo exterior. A motora, ademais das viaxes regulares, facía viaxes especiais, incluso a altas horas da madrugada, para trasladar a un enfermo, a unha muller que ía dar a luz ou ás orquestras que viñan amenizar os bailes. De seguro que todos temos algunha anécdota relacionada coa motora.