Publicacións

Lembrando o Patrón de antes

Imaxe
Un bolo de pan de ovos feito na casa [María García] O recordo que teño das festas do Patrón de antes está envolto nun inequívoco cheiro a pan de ovos, doce típico destas datas na illa. O pan facíase na casa, cada un amasaba o seu, pero logo, o que non tiña forno -forno de leña-, ía cocer á casa dalgún veciño que o tiña. Así, era normal que se xuntaran varias familias para cocer o pan de ovos no forno a noite de Reis. Eran tres días de festa, os tres ben importantes. Existía o costume de invitar a comer ás amizades de fóra que tiña cada un. O día de San Xulián, mentres as mulleres cociñaban para os da casa e mais os invitados, os homes ataviados coas súas mellores galas, saían a tomar os viños e formaban cantareas nas tabernas. Chegaban tarde para comer, pero chegaban e comíase en familia; mesmo nalgunhas casas tamén había cantarea despois de comer. E pola noite, todos ó baile para honrar ó Patrón.

O balance anual do Rexistro Civil

Imaxe
Fonte: elaboración propia a partir dos datos do Rexistro Civil da Illa de Arousa [Redacción] A Arousa mantén un crecemento de poboación positivo, unha vez pechados os datos do Rexistro Civil correspondentes a 2010. O ano pasado naceron na insua 23 nenas e 20 nenos, o que supuxo un total de 43 novos habitantes, fronte ás 19 defuncións contabilizadas no mesmo período. Aínda así, o número de nacementos foi lixeiramente inferior á media anual dende 1997, situada en 49 nacementos. Por outra banda, o ano pasado casaron na illa 17 parellas, 11 delas optaron polo matrimonio pola Igrexa, e outras seis, polo civil. O número de vodas tamén semella que vai á baixa, posto que a cifra media dos últimos anos é de 24.

As máis comentadas do 2010

[Redacción] Aquí teñen o top ten das entradas máis comentadas o pasado ano. Sen dúbida, a sorpresa no ránking é a información sobre a pérgola, que suscitou un longo fío de debate. Certo é que o titular da información non é necesariamente indicativo dos temas que logo acabaron abordando os comentaristas. 1   Chaves acusa publicamente ao Concello de corrupción 70 comentarios 2   Think tank para desacreditar a denominación de orixe do mexillón galego 66 comentarios 3   A pérgola que nunca deu sombra 60 comentarios 4   Os usos efémeros da nova estrada do Chufre 58 comentarios 5   Informe do Consello de Contas: os ingresos da Arousa 56 comentarios 6   As famosas letras dos M.D.A. 35 comentarios 7   Arquitectura de vangarda da Illa de Arousa 28 comentarios 8   Noitebús, máis ca un medio de transporte 25 comentarios 9   Un ano do proxecto Talasonimia 23 comentarios 10   Habemus fonte 23 comentarios

Os alumnos da Escola de Música celebran un festival

Imaxe
O alumnado da Escola de Música, posando en conxunto ao remate de festival [Redacción] A Escola Municipal de Música ofreceu o pasado 30 de decembro, no auditorio,  un concerto de Nadal no que o alumnado puido amosar os seus progresos. Polo escenario foron desfilando durante unha hora solistas e grupos, diversos tanto en idades como en instrumentos e en repertorio. O colofón do festival puxérono os pequenos alumnos de "expresión corporal", que arrincaron, co seu baile, o sorriso dun público familiar que agardaba a actuación dos seus.

Nova conserva de mexillón con selo de orixe

Imaxe
Conserva co logo do Mexillón de Galicia, adquirida nunha oferta dun supermercado [Redacción] Pouco a pouco, vaise ampliando o catálogo de conservas de mexillón que apostan pola denominación de orixe galega. Unha das últimas novidades do mercado é esta terrina de mexillóns cocidos, envasada e comercializada por unha empresa da Arousa, Pescadona . Este produto súmase aos preparados das factorías Cermar e Boiromar , entre outras, que tamén locen o distintivo impulsado polo Consello Regulador do Mexillón de Galicia.

A Arousa acada os 5.000 habitantes

Imaxe
[Redacción] Nin un máis, nin un menos. A Illa de Arousa conta na actualidade cun censo oficial de 5.000 habitantes, de acordo cos datos que acaba de facer públicos o Instituto Nacional de Estadística . Esta cifra supón un incremento da poboación en 18 persoas con respecto ao 2009,  pero non logra a ansiada meta demográfica que lle permitiría ao Concello ascender de categoría, e aumentar así o seu financiamento. Na enquisa que publicamos hai uns días sobre este tema, a maioría das persoas que participaron consideraban a consecución dos 5.000 habitantes un fito relevante. Faltounos un [Manuel Suárez Nieto] Despois da lotaría, hoxe o BOE publica o Real Decreto 1612/2010, de 7 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación referidas a 01/01/2010. Xa somos 5.000 veciños. Estes dados, como xa apuntáramos , valen, entre outras cousas, para fixar a participación nos fondos do Estado e tamén para establecer o número de concelleiros que compoñen a corporación municip...

A agrupación socialista reparte un boletín polas casas

Imaxe
[Redacción] A agrupación socialista da Arousa lanzou o pasado mes de novembro un boletín informativo no que explica algunhas das actuacións máis destacadas do goberno municipal, en concreto, a adquisición das casas de estilo modernista do Campaneiro e Doña Tomasa, e as xestións para a construción do novo centro de saúde. O folleto tamén se dirixe directamente ao Partido Popular, ao que acusa de insultar, provocar e interromper plenos. A publicación, distribuída mediante buzoneo , enmárcase nun contexto de precampaña electoral. O déficit de comunicación que caracteriza os partidos políticos locais, que carecen de blogs –con contidos actualizados-, publicacións ou calquera outra canle de comunicación regular coa veciñanza, altérase habitualmente ante a chegada das eleccións. As municipais están previstas para maio do 2011 e o alcalde, José Manuel Vázquez, xa comezou a aumentar o número de amigos no facebook. O folleto propagandístico distribuido polo PSOE