Un adianto sobre o 'Entroido na Arousa'

[Redacción] Logo de moito tempo de traballo , Antonio Millán ofrece o sábado ás 19.00 horas un adianto do libro "Entroido na Arousa", que el mesmo está preparando, en colaboración co fotógrafo Miguel Chazo. O acto consistirá nunha pequena presentación dos contidos e mais a proxección de fotografías, antigas e recentes, do Carnaval arousán. Os autores agardan que a obra poida estar lista para a venda nos vindeiros meses.