Publicacións

José María Rial, novo adestrador do Céltiga

Imaxe
Entrada do Salvador Otero [Susi Rial] Despois dunha época convulsa, o Céltiga toma as rendas con vistas á preparación da próxima tempada. No pasado mes de maio, o clube da Illa viviu o seu particular "mes horribilus", que comezou coa inesperada espantada do antigo adestrador, Antonio Gómez, a tan só dúas xornadas para o remate da liga. Despois chegou a crise da presidencia, xerada pola falta de candidatos, e solucionada coa continuidade da actual directiva, con Martiñán como presidente. Pero a culminación dos males chegaría co descenso do equipo á Rexional Preferente, logo de cinco anos na Terceira División. Pero agora, unha vez coñecido o nome do novo adestrador, semellan soprar ventos de esperanza. Trátase de José María Rial, técnico procedente do Portonovo, equipo  ó que ven de ascender á Terceira División. Polo tanto, trátase de todo un experto nos obxectivos que perseguirá o Céltiga na próxima tempada. Xunto con el, presúmese tamén a chegada de Wagner, o seu "segu...

Outra festa no calendario gastronómico

Imaxe
A carpa gastronómica do Chufre ofrece marisco case todas as fins de semana de xullo e de agosto Ás festas da navalla, do mexillón, dos produtos do mar e do polbo, súmase este ano unha nova convocatoria gastronómica, cuxos beneficios irán destinados a financiar o clube de Ximnasia Rítmica Illa de Arousa. Trátase da primeira edición da Festa da Ameixa Encarnada , que terá lugar  do 10 ao 11 de xullo no Chufre, como é habitual. Coa papatoria de ameixas arrinca o calendario festeiro do vran: na seguinte fin de semana tocaralle o turno á Festa da Navalla, e na outra, ás festas do Carme.

A Arousa renova as dúas bandeiras azuis

Imaxe
 Este verán nas praias do Bao e da Area da Secada ondeará unha vez máis a bandeira azul, que acredita que cumpren unhas determinadas condicións de limpeza e accesibilidade. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor vén de dar a coñecer o listado das bandeiras 2010; os portos e as praias galegas obtiveron en total 132 enseñas, oito máis ca o pasado ano.

Un carril bici diante da porta

Imaxe
Imaxe collida de Dorna A Escola de Navegación Tradicional Dorna quéixase a través do seu blog do trazado do novo carril bici, que xusto lles pasa por diante  da caseta na que gardan os aparellos. Por outra banda, o vindeiro sábado iníciase na Arousa a tempada oficial de regatas de dornas a vela, coa celebración do VI Trofeo Fasquía , a primeira proba puntuable para o campionato galego.

Os patos rodean a illa

Imaxe
  Colonia de patos na praia de Semuíño [Susi Rial] Dende hai xa bastantes meses vense dando en certas praias da Illa de Arousa un curioso fenómeno, como é a gran proliferación de patos. Unha das praias más concorridas por estes animais é a praia de Semuíño. Nalgúns momentos chegáronse a contabilizar ata oitenta patos nunha praia de non máis de 25 metros de longo. Pero non todo foi mérito deles, posto que contaron coa gran axuda dos veciños da zona. Algúns collían os ovos e coidaban dos patiños ata que se facían grandes e se podían defender ben das gaivotas. Pero a natureza é sabia, e o resultado final non foi outro mais que a superpoboación. Os veciños tamén lles dan de comer regularmente, ata o punto de que, cando teñen fame, non dubidan en achegarse ás portas das casas pedindo comida co seu particular berro. Polo tanto, pódese dicir que son patos "semidomésticos". É tal a expectación que causan que, sobre todo coa chegada da calor, converteron a praia de Semuíño en des...

Novidades no blog

A partir desta fin de semana, na illa incorpora unha nova colaboradora, Susi Rial Guillán , que nos irá achegando ocasionalmente novos artigos de temática arousá. Licenciada en Xeografía,  Susi Rial xa ten colaborado hai tempo neste blog, coa redacción do artigo A ditadura do metro cadrado . Agora inicia unha nova etapa, que se estrea cunha entrada sobre os patos de Semuíño, o seu barrio. Os artigos de Rial irán identificados cunha etiqueta propia, que facilitará o seguimento das súas colaboracións. Por outra banda, tamén foi mellorado o motor de busca do blog . O buscador anterior só permitía localizar palabras nos títulos das entradas. Co novo sistema, o buscador rastrexa as entradas completas e tamén os comentarios, un avance que tamén foi implantado en na illa 2 , o blog de apoio no que se aloxan o dicionario de ausencias, a talasonimia e os outros proxectos de participación colectiva. Deste xeito, pódese recorrer ao buscador para consultar o significado dun termo e o deba...

Sobre os comentarios

Imaxe
O mellor deste blog son os comentarios, iso sábeo calquera que veña por aquí. A xente que comenta en na illa completa as informacións, corríxeas, matízaas e enriquéceas con novos datos e puntos de vista. Ademais de debater e deixar constancia das inquedanzas dos veciños da Arousa, os comentaristas deste blog tamén están a construír un Dicionario de Ausencias , o Proxecto Talasonimia , a Fraseoloxía Carcamana e o inventario de Apodos . O principio que guía a administración dos comentarios é o da non intervención: nin se borran nin se moderan as mensaxes deixadas polos lectores. Neste blog existe liberdade  para que cadaquén diga o que queira, e non molesta o anonimato, unha opción que lle permite, a quen así o desexe, liberarse da lóxica identificadora dunha comunidade pequena na que todos se coñecen. Ao logo de case cinco anos de existencia, este sistema funcionou ben, aínda que de cando en vez aparecese algún comentarista que tirase proveito da liberdade para lanzar ataque...