Publicacións

Ramón Nieto presenta o seu primeiro poemario

Imaxe
O libro foi pubicado por Espiral Maior Ramón Nieto Otero (Illa de Arousa, 1975), arousán residente en Bruxelas, presenta o 22 de maio ás 22.00 horas na sede do círculo mercantil e industrial Unidade de Fene o seu poemario A estación única dunha illa , a obra coa que gañou a XXII edición do Premio Nacional de Poesía Xose María Pérez Parallé . Este é o primeiro libro de Nieto, "Neto" na súa sinatura literaria, e agardamos que non sexa o último, xa que o poeta arousán conta con máis obra inédita. O Pérez Parallé é un recoñecido galardón destinado a promocionar novas voces na poesía galega. O ano pasado gañouno Susana Sánchez Aríns (Vilagarcía de Arousa, 1974), profesora na illa e integrante de Dorna, co poemario (De)construçom

Máis poetas arousáns

Imaxe
Portadas dos libros de Vila Ribadomar e de Eugénio Outeiro A celebración do Día das Letras Galegas é unha boa ocasión para acordarse dos escritores con raizames na illa. Nesta ocasión, a cousa vai de poesía: aquí teñen as portadas de Peixes medievais (Deputación de Pontevedra, 2004), de Xosé María Vila Ribadomar, cambadés asentado na Arousa; e de Às vezes vida (Ateneo de Pontevedra, 2002), de Eugénio Outeiro .

Así está a nova estrada

Imaxe
A estrada está a piques de chegar ás casas do Cabodeiro pendentes de derrubamento Unha pequena ponte salva o humedal da Braña da Veiga Pouco a pouco, a nova estrada de acceso ao Chufre vai tomando forma. Xa está asfaltado o tramo que vai do Bao a Riasón e tamén parte do vial que discorre polo Aguiuncho. Nesta zona, xa foron derrubadadas varias vivendas. Pronto lles tocará ás casas do Cabodeiro que tanta guerra deron.

Neuroband no youtube

A través do Youtube xa podemos ir coñecendo os últimos temas de Neuroband , de momento, hai tres vídeos pendurados .

A reunión dos bateeiros

Imaxe
Os bateeiros arousáns, durante o encontro coa directiva do Consello Aproximadamente unhas 200 persoas reuníronse o pasado 8 de maio no auditorio municipal para escoitar as explicacións do Consello Regulador da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia, ante a polémica suscitada pola filtración dunha auditoría que declaraba a entidade en "creba técnica" e acusábaa de irregularidades nas contas. O presidente do Consello, Francisco Alcalde, defendeu a xestión e a transparencia da institución, e destacou o dano que lle está a causar todo este proceso ao sector mexilloeiro. Os bateeiros arousáns apoiaron á directiva do Consello e acordaron pedir a demisión de Maneiro, director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, a quen sinalan como promotor dunha auditoría "calumniosa" e tamén como responsable da súa divulgación malintencionada.

Think tank para desacreditar a denominación de orixe do mexillón galego

Imaxe
O Consello Regulador Mexillón de Galicia, en Vilagarcía O Consello Regulador Mexillón de Galicia , independentemente dos erros que poida ter na súa xestión, está a ser vítima dunha orquestrada campaña de deslexitimación, impulsada por quen debería ser o seu principal garante, a Consellería do Mar, e en concreto, polo director xeral de Competitividade e Innovación, Juan Carlos Maneiro. A presentación dos resultados dunha auditoría externa realizada ao Consello foi a escusa para iniciar un ataque contra a única institución que aposta pola unión do sector mexilloeiro e a implantación da marca de calidade “Mexillón de Galicia”. Co apoio de certos xornalistas da prensa local, estase a presentar unha interesada lectura das contas da entidade e a lanzar ideas como que a denominación de orixe, cos seus escasos dous anos de vida, é “unha marca de calidade inservible e insignificante en canto ás vendas”, tal e como publicou o Faro de Vigo recentemente. A información non detalla, por exemplo, ...

Seguimos

Imaxe
A marquesiña das Aceñas, en febreiro, rodeada de herbas Non se pode estar en todo e, ás veces, hai que deixar unhas cousas para poder facer outras. Grazas por seguirdes aí. A imaxe é da parada do autobús escolar das Aceñas, da que un comentarista se ten queixado en repetidas ocasións polo seu descoidado estado.