Publicacións

Chuchamel

Imaxe
Por que lle chamarán chuchamel, sendo como é tan agre?

Pensando xa no aguinaldo

Imaxe
Unha pequena colección de chisqueiros Agardemos que a crise non remate co bo costume dos bares e pubs da Arousa de darlles aos seus clientes un aguinaldo de Nadal. Os fumadores aproveitan a ocasión para facer provisión de chisqueiros, un agasallo que, ademais de ser práctico, pode chegar a ter un valor sentimental. Cando os lugares que promocionan desaparecen, os chisqueiros viran pezas de colección, cobizados testemuños de noites pasadas.

Avanza a construción do novo peirao

Imaxe
Obreiros traballando no Chufre, onte

Pensamentos contracorrente

Imaxe
Captura de pantalla do blog Ramón Otero Oubiña, bateeiro da Illa de Arousa, mantén desde o pasado verán un blog denominado Pensamentos contracorrente , no que leva publicados algúns artigos interesantes sobre a situación do sector mexilloeiro. Para o blogueiro arousán, a competitividade, a cohesión e a rendabilidade do sector mexilloeiro están estreitamente vinculadas ás decisións da Consellería de Pesca, e relaciona os vaivéns do sector coa promulgación de leis, normativas e decretos.

Como facer unha árbore xenealóxica

Imaxe
Libro do rexistro de Vilanova, de 1878 Se alguén ten a certeza de que seus avós e bisavós, da liña materna ou paterna, xa naceran na Arousa, facer unha árbore xenealóxica que recolla os antepasados ata o século XIX é relativamente fácil. O máis importante é acertar cos apelidos completos e as datas correctas de nacemento de cada un dos descendentes. Pódese comezar cos datos dun avó, e de aí, solicitar unha copia da acta de nacemento no rexistro Civil de Vilanova (detrás do Concello). Este documento é unha valiosa fonte de documentación para reconstruír a historia familiar, xa que nel figuran nomes, anos e profesión dos pais e avós do inscrito, así como outros datos “secundarios” relativos ás circunstancias persoais. A consulta é de acceso libre e gratuíto, pero para obter resultados hai que levar sabido de antemán o ano exacto do nacemento, porque os libros vellos están organizados en tomos por anos, e sen dixitalizar. O máis lonxe que se pode chegar no rexistro do Concello de Vilan...

A solución

Imaxe
Unha das posibles vistas desde o piorno, a liña de costa entre "Suas hortas" (onde está a casa branca) e a "Abilleira" O camiño de acceso ao piorno, visto desde os cons da praia Efectivamente, o piorno do gato está situado na Abilleira, á beira do mar, nunha zona non visible desde o camiño principal. En concreto, o lugar no que se atopa coñécese entre os veciños como "a punta" (da Abilleira pequena, contra Suas Hortas).

Ghato na mó

Imaxe
De acordo co blog Hórreos da Illa de Arousa , na illa temos máis de sesenta piornos. Moitos deles están en lugares pouco visibles e só son coñecidos polos veciños inmediatos. Este que ven ma imaxe, con gato ao soliño incluído, podería ser un exemplo. Onde está?