A festa da navalla, agardando polo bo tempo

Cartel promocional da festa da navalla, en San Miguel Xa lle choveu o ano pasado, e nesta cuarta edición da Festa da Navalla semella que o tempo non vai ser moito mellor. Sexa como for, a organización ten preparados 1.600 quilos de navallas, que se servirán ao público na vindeira fin de semana, no paseo marítimo do Cantiño. Como de costume, a recadación irá destinada a financiar o deporte local. Neste caso, os beneficiados serán os grupos de baloncesto e piragüismo, que colaborarán no desenvolvemento da festa gastronómica.