Publicacións

A festa da navalla, agardando polo bo tempo

Imaxe
Cartel promocional da festa da navalla, en San Miguel Xa lle choveu o ano pasado, e nesta cuarta edición da Festa da Navalla semella que o tempo non vai ser moito mellor. Sexa como for, a organización ten preparados 1.600 quilos de navallas, que se servirán ao público na vindeira fin de semana, no paseo marítimo do Cantiño. Como de costume, a recadación irá destinada a financiar o deporte local. Neste caso, os beneficiados serán os grupos de baloncesto e piragüismo, que colaborarán no desenvolvemento da festa gastronómica.

Cantiga á patrona dos mariñeiros

Imaxe
Montaxe a partir do "libro das festas" É habitual que durante a celebración do Carme se cante en repetidas ocasións, na misa e durante a procesión, o coñecido tema "Salve, reina de los mares". Pero desde o ano 2006, hai unha nova cantiga no repertorio, en galego, e de orixe carcamana. Aquí a teñen.

Fetichismo dorneiro

Imaxe
Non hai bar que se precie de mariñeiro que non teña a súa maqueta de dorna ben á vista da clientela. Na Arousa hai varias persoas que se dedican a facer dornas por encargo, a un prezo que ronda os 150 euros, máis ou menos. Trátase de traballos artesanais que reproducen fielmente a embarcación a escala. Quen queira iniciarse nesta arte, pode botar man dos planos do antropólogo sueco Staffan Mörling, grande coñecedor das embarcacións tradicionais galegas.

O Alborada, na véspera

Imaxe
O nuevo Alborada, ás dez da noite no porto O barco que este ano ha de levar en procesión a imaxe da Virxe do Carme, o Nuevo Alborada, permanece solitario e xa engalanado no porto do Chufre. Mañá, todas as miradas se dirixirán cara el.

Tensa espera no Cabodeiro

Imaxe
Cartel de protesta, ante a casa do Cabodeiro ameazada de derribamento Estado actual das obras do vial As obras de construción da estrada de acceso ao Chufre permanecen paradas, unha vez que as escavacións acadaron o punto do conflicto: as dúas casas do Cabodeiro ameazadas de derribamento. Despois dunha intensa campaña de mobilizacións, os veciños afectados lograron gañar tempo e, ao parecer, están pendentes de reunirse cos novos responsables da Xunta para renegociar a súa situación. Mentres, os propietarios afectados polas expropiacións do seguinte tramo da estrada, do Cabodeiro ao Lagartiño pasando polo Aguiuncho, foron convocados a unha reunión informativa a vindeira semana, no Concello.

Inventario de alcumes

Inauguramos un novo espazo de participación, destinado a compilar os sobrenomes que reciben en herdanza familiar as xentes da Arousa, gústelles ou non. Quedan descartados, polo tanto, os alcumes particulares de persoas -moi abundantes na illa, por certo- que non se transmiten de xeración en xeración. Poden deixar as súas propostas en Alcumes da Arousa .

E agora aparece un ramo

Imaxe
Os veciños do Charco están decididos a chamar á atención das autoridades para recuperar a fonte. A última acción, a colocación dun ramo de flores en recordo do patrimonio perdido.