Publicacións

A revolución das sequeiras

Imaxe
Camaxe despois dunha xornada de seca   [Helena Domínguez] A investigadora norteamericana Sarah Keene Meltzoff realizou un traballo de campo na Arousa entre 1985-1986 e 1989-1991 para estudar como as mariscadoras se organizaban e constituían un cabildo. O cabildo é a entidade encargada de organizar as vedas do marisqueo (determina cando e onde se pode ir á seca), a vixilancia das praias (normalmente nos veráns porque son moitos os turistas que caen na tentación de espurruñar na area e levar o que non é seu) e os traballos de limpeza (se os areais se enchen de esterco, as ameixas afogan e morren). Ata daquela só había un cabildo para os homes. Que careceran de poder “político” non significa que as mulleres estivesen á marxe das actividades marisqueiras; de feito, ir á seca é un traballo tradicionalmente de mulleres. Tal e como explica a investigadora no seu interesante estudio , o éxito da organización do cabildo das mulleres foi propiciado por dous factores: elas controlaban os m...

A Radio da Arousa nas ondas da rede

Imaxe
Música libre e de inspiración carcamana. Esta é a suxerente proposta que nos ofrece o radioblog Radio de Arousa , que para comezar xa nos regala catro temas orixinais, de composición propia do autor da web. Reproducimos aquí un fragmento da canción titulada “Rapaza”, pero o mellor é que a escoiten! “Rapaza se vas mariscar coidado coas pedras podes tropezar ponlle moita atención que podes caer no medio dos cons”

O Regueiro inundado

Gravado o 27 de novembro

As primeiras lámpadas que iluminaron a illa

Imaxe
O alemán Ervin Willisch foi pioneiro na instalación dunha central eléctrica   [Juan Dios Chaves] Arredor dos anos 30, vivía en Santa Uxía de Ribeira unha familia alemá, os Willisch, de profesión mecánicos, que traballaban nos barcos de pesca en Ribeira e temporalmente na Illa de Arousa. Vendo a necesidade que a Illa tiña de luz eléctrica decidiron montar un grupo electróxeno no sitio no que logo se construíu a fábrica de conservas "Bouzada y Gil", no Cantiño.

A Arousa, segundo Teixeira

Imaxe
Este mapa da ría de Arousa de 1634 é obra de Pedro Teixeira, un cartógrafo portugués que realizou un atlas de España por encargo do rei Felipe IV. Na illa aparece representado un edificio que Texeira identifica no atlas como "unha granxa e recreación dos monxes de San Benito", encargados desde o século X de explotar as salinas. Teixeira realizou unha vintena de mapas da costa galega .

Choveu a "esmadrasar"

Imaxe
18 de novembro. O Portiño

En lembranza de Evaristo O Mudo

Imaxe
Esta é só unha pequena mostra da obra de Evaristo "O Mudo”, tal e como era coñecido na Arousa. As paisaxes mariñeiras da illa, as súas xentes, o mar… están retratados na súa pintura cunha sensibilidade que conmove. Este pintor autodidacta era, a pesares das súas limitacións, un artista completo que tamén fixo escultura en pedra e en madeira, aínda que disto practicamente non se conserva nada porque no seu día ninguén lle deu valor. Comezou a pintar sendo novo, así que deixou centos de cadros que el mesmo “malvendía” por toda a comarca. Como a moitos outros artistas, a Evaristo “O Mudo” (illa de arousa, 1932-vigo 1997) chegoulle o recoñecemento despois de morto, cunha fermosa mostra de pintura que por primeira vez reuniu parte da súa obra, espallada en mans privadas; o recoñecemento "oficial" porque o da xente que o tratou sempre o tivo.