Publicacións

Discurso dedicado á Quinta do 77, co gallo do seu 40 aniversario

Imaxe
  Queridos amigos e amigas, Reunímonos hoxe aquí para celebrar que temos xa 40 tacos, e non creo que esaxere se digo que moitos de nós estamos no ecuador da vida. Algúns, desafortunadamente, xa non nos acompañan e quero empezar cun recordo para eles, Juan Jesús O Chasquiño e Miguel Paz, “ M igheliño”. Deu a casualidade que todos e todas nacemos no mesmo ano, o 1977, e iso fíxonos compartir moitos momentos e incluso etapas, especialmente na infancia e na adolescencia. Nalgúns casos forxamos amizades que conservamos ata hoxe, noutros casos somos case descoñecidos, que nos saudamos cun “eh” cando nos cruzamos no camiño. Así e todo , estamos un idos por moitos recordos que merece a pena lembrar. E se todas as quintas da Arousa se xuntan para facer unha cea, por que os do 77 non imos ter a nosa festa! Nós tivemos a sorte de nacer coa democracia e nun tempo de liberdades. Que ben que poidamos pensar distinto e que todos sexamos respectados! Hoxe en día somos conscientes máis ...

E á dereita, o continente

Imaxe
Os antigos sinais que orientaban os condutores sobre a ruta de saída da illa cunha frecha que sinalaba o “continente” foron no seu día obxecto de moita brincadeira, tanto entre as xentes locais coma as de fóra. A bifurcación, que distingue entre a Arousa e o resto da masa continental europea, ten a súa graza, ao deixar en terra de ninguén a pequena illa, unha condición que, por outra banda, casa moi ben co sentimento romántico da poboación insular de estar a vivir nun lugar á parte, no que rexen as leis ‘daquela maneira’. Durante anos foron estes os únicos sinais de indicación para abandonar ou entrar na illa, mais co paso do tempo engadíronse outros carteis máis modernos e precisos. O caso é que os antigos sinais continúan erguidos aínda que nun estado de abandono e deterioro. Preguntámonos se valería a pena restauralos e rescatalos para o noso patrimonio urbano, do mesmo xeito que algunhas cidades deciden conservar carteis, rótulos e outros grafismos singulares que adquiriron un es...

O blog que nunca morreu

Imaxe
Hai cinco anos anunciabamos con gran pesar o cese da actividade deste blog. Mais o certo é que a bitácora resistiuse a morrer e aínda que deixamos de actualizar as entradas e pechamos a posibilidade de engadir comentarios, o arquivo de contidos continuou a recibir visitas diarias e a espertar un grande interese.

E agora, calamos

Imaxe
[Redacción] Se en agosto de 2006 botabamos a andar este blog coa intención de non quedar calados , o que nos presta agora, cinco anos despois, é calar. O vindeiro 8 de agosto, coincidindo co noso aniversario, imos varar a dorna de na illa.  A partir de entón, este espazo deixará de actualizarse e non admitirá máis comentarios. Vémonos noutros mares. Ata logo!