Publicacións

Xa está arranxado

Imaxe
Hai unhas semanas dabamos conta do derrube do paseíño do Regueiro , baixo o que se agocha o canal dos sumidoiros. Como ven na imaxe, a desfeita xa foi reparada.

As pías dos cons de Testos

Imaxe
C onxunto de cons con valor xeolóxico, en Testos Detalle dunha das cavidades cilíndricas que presenta o con Outra pía de orixe natural no mesmo conxunto [noticia rectificada] Na redacción orixinal desta información propoñiamos o conxunto de cons do piñeiral de Testos, situado preto do denominado Con da Abella, como unha posible mostra de pedras con valor arqueolóxico, baseándonos nas cavidades que presenta, similares á ara de Niño do Corvo rexistrada por Ilha de Orjais, e na súa proximidade a esta. O biólogo arousán Juan Poza acláranos que en realidade as cavidades que se observan nas imaxes son resultado dos efectos da meteorización e erosión química e diferencial do granito, que forma as coñecidas popularmente como pías (marmitas de gigante, en castelán). Segundo explica Poza, este tipo de ocos cilíndricos están considerados como formacións de interese xeolóxico, e nos cons da Arousa existen varios exemplos. Se cadra, no pasado as pías foron usadas polos antigos poboadores da Aro...

A pérgola que nunca deu sombra

Imaxe
Pérgola no paseo marítimo do Cantiño Será porque a salitre queima as prantas, porque non se escolleu a especie gabeadora axeitada, ou porque non recibiu os coidados que precisaba; o caso é que a pérgola do paseo marítimo do Cantiño xace desde a súa construción nun estado de triste nudez, sen follaxe que a envolva, nin en inverno nin en primavera. E así van pasando as estacións.

Un videoclip gravado na Arousa

As praias da Arousa no outono serven de escenario do último videoclip de Ataque Escampe , un grupo que se autodefine coa etiqueta de "rock de serie b", pola precariedade de medios coa que comezaron. A canción do vídeo, titulada "Europa e o ballet", ben podería comezar así: "Xastelas é o lugar onde o ballet tamén se podería ver como a maneira de aparentar que as persoas somos quen de ter ás..."