Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2022

Guerra de tutelos na noite de Defuntos

Imaxe
  [Helena Domínguez] Ata os anos noventa, era habitual que os rapaces da Arousa organizaran guerras de tutelos na noite de Defuntos. Normalmente, as cuadrillas organizábanse por barrios: os do Monte, os das Laxes, os de Pedraserrada, os das Aceñas... e enfrontábanse todos contra todos, nunha emocionante batalla campal que tiña por escenario o cemiterio e as leiras próximas.    O tutelo é un instrumento construído con canela, que se utilizaba a modo de canón para disparar. Introducíase dentro a semente das hedras ou dos loureiros e, ao soprar, saían as boliñas disparadas. Non había que ir moi lonxe para obter a munición, xa que no propio Agro da Torre medraban abundantes arbustos. O impacto dos balotes, por certo, revestía certo perigo e había que ter moito coidado de que a un non lle acadaran nun ollo. O tutelo de canela rematou sendo substituído por tubos de plástico ou de metal, que se obtiñan de material de refugallo. Neste caso, a munición consistía en “carteruchos”...

Etnografía do liborio

Imaxe
                                           Liborios no Entroido da Illa de Arousa   [Helena Domínguez] Un dos trazos característicos do Entroido da Arousa e único no seu contorno é a existencia dos liborios. A propia orixe da palabra é, a día de hoxe, unha incógnita. O termo liborio non vén recollido nin no dicionario de galego, nin no de castelán, nin no de portugués. Si que aparece documentado como nome de persoa -na Arousa non se usa, claro, pois sería como poñerlle a un fillo algo así como “espantallo”- sen que o seu significado, “nacido en Líbora”, achegue pistas sobre a orixe dos liborios do carnaval arousán. Así as cousas, e até que alguén argumente o contrario, “liborio” é unha palabra nosa, dos arousáns da illa, para definir á xente que no Entroido se camufla baixo unha c...

O galego perde forza entre o alumnado do instituto

Imaxe
  A posición hexemónica da que gozou o galego na Arousa está en claro retroceso, como amosa o Informe de usos lingüísticos elaborado polo Equipo de Dinamización Linguística do IES Illa de Arousa. O estudo presenta unha análise da realidade sociolingüística dos adolescentes arousáns, baseada nos resultados de 190 enquisas realizadas no instituto en novembro de 2020.   Aquí van algúns datos: O galego é a lingua materna do 60% do alumnado.  O alumnado relaciónase coas amizades maioritariamente en castelán.  O galego obtén os peores resultados no eido das redes sociais, que acaparan o tempo de lecer dos adolescentes. O 61% só usa o castelán ou máis o castelán.  Un 12% do alumnado declara que ten dificultades para expresarse en galego. Se hai vinte anos nas aulas da Illa de Arousa había algúns nenos e nenas que podían presentar dificultades para falar o castelán con fluidez pola falta de práctica, esta tendencia inverteuse na actualidade, de xeito que nos ato...