Buscar neste blog

27 de feb. de 2011

Entrevista a Manuel Vázquez, alcalde da Illa e candidato á reelección polo PSOE

 Manuel Vázquez, candidato socialista á alcadía da Illa de Arousa

[Redacción] Manuel Vázquez enfrontarase no mes de maio por cuarta vez consecutiva ás eleccións municipais, co convencemento de que os seus veciños volverán confiar nel para seguir ocupando a cadeira de alcalde. O candidato socialista obtivo 1.632 votos no 2007, o que lle permitiu gobernar en solitario nesta lexislatura con seis dos once concelleiros que lle corresponden ao Concello da Arousa. Coa súa entrevista, na que fai balance da súa xestión, completamos a serie de entrevistas cos alcaldables.

-¿Cal foi a actuación máis destacada do goberno municipal nesta lexislatura?
Nesta lexislatura conseguíronse moitos logros que viñeron a completar o traballo desenvolvido nos últimos 12 anos. Se teño que escoller unha actuación que simbolice todo este traballo sería a compra das casas do Campaneiro e dona Tomasa, que nos permitiron completar un proxecto que xa tiñamos plasmado nun documento de 1999. Botei doce anos negociando a compra das casas e chegáronnos a pedir máis do dobre, antes da adquisición definitiva. Esta operación pecha a creación dunha zona lúdica, cultural e de servizos de máis de 13. 000 metros, na que están integrados o peirao de pao e o Museo da Conserva. A través de convenios e compras fixémonos cun patrimonio público. Hai que ter en conta que o Concello naceu sen propiedades e poucos crían neste proxecto doce anos atrás. Tacháronnos de tolos pero hoxe é unha realidade. E se agora podemos discutir se nos gusta ou non unha obra, se estamos de acordo ou non con ela, é porque se fixeron cousas.

-¿Cal cres que é a túa materia pendente?
A construción dun pavillón polideportivo. No plan urbanístico temos prevista a creación dunha área deportiva de 35.000 metros cadrados en Testos. A idea é trasladar alí o proxecto das instalacións deportivas deseñado polo arquitecto Álvaro Siza. Orixinalmente, o proxecto estaba emprazado no Bao, nunha zona que nós considerábamos que era propiedade de Montes. Pero perdemos na Audiencia 37 hectáreas de terreo, que pasaron a zona marítima de dominio público. O proxecto de Siza é precioso, deseñouno no ano 1988 e aínda está emocionado coa idea de levalo a cabo.

-¿E por que non se constrúe o pavillón en Testos?
É un tema económico, non chegamos a un acordo cos propietarios dos terreos, que piden unha cantidade desproporcionada.

-¿Que balance fas da actividade da oposición? ¿Poderías resaltar algún aspecto positivo?
Nestes catro anos, o PP non colaborou en nada. Na anterior lexislatura, do 2003 ao 2007, si que achegou cousas positivas. Pero a maioría absoluta que obtivemos nas últimas eleccións foi como un shock para eles, non a esperaban. O PP fixo un grupo que non conectou coa sociedade e que está por outros intereses. En canto ao BNG, Carlos Otero contribuíu de forma positiva ao debate nestes anos.
Por certo, na Arousa hai moita xente que ten por costume ir aos plenos. Ao final da anterior lexislatura contabamos cunha media de 50 persoas de público. En cambio, nesta decaeu a asistencia e, ademais, os 20 ou 30 que veñen son persoas maiores. Gustaríame recuperar o interese dos veciños pola política municipal.

-Quizais o feito de que o goberno conte con maioría absoluta lle reste interese ao debate
Non ten que ver, nos plenos hai debate igual, e podes seguir os temas que lle afectan á illa. Ademais, no Concello aprobamos moitas cousas por unanimidade.

-¿Cales cres que serán os principais retos da Arousa nos próximos anos?
Penso que vai haber dous temas de traballo fundamentais: o Plan de Ordenación do Litoral (POL), que limita o desenvolvemento da Illa como vila, e máis as mellora dos servizos sociais. En canto ao urbanismo, o principal reto é continuar co desenvolvemento da illa de forma sostible. O plan urbanístico, que foi aprobado por maioría, xa protexe o 70% do territorio. É un plan equilibrado, que tivo un desenvolvemento moi elevado e conseguiu que o Concello conte cun patrimonio importante. E nos vindeiros anos ten que producirse un desenvolvemento turístico que complemente o mar.
Haberá que aguantar as presións, como a especulativa. Pero onde hoxe hai pisos podería ter habido casas... estamos nun libre mercado.

-¿E en canto aos servizos sociais?
No tema dos servizos sociais, está pendente, por exemplo, a ampliación do Colexio Torre, que xa nos prometeran para o ano 2010. Actualmente estase usando a ludoteca municipal como aula, ante a falta de espazo. En aras da austeridade, aos municipios abandonáronnos economicamente, ao tempo que nos vemos na obriga de coller competencias que non nos corresponden.

-¿Que resultados agardas? ¿Esperas revalidar a maioría absoluta?
A min gústame analizar os comportamentos electorais, máis alá dos clixés. Desde o ano 2001, o PSOE gaña en todas as mesas electorais, tamén no Cabodeiro, que antes se resistía. Na Arousa hai unha fidelidade moi alta, e tanto PSOE, como PP e BNG teñen un chan de votos moi definido. A maioría absoluta só se dá cando hai unha alta participación, e xógase nun puñado de votos. No 2003 xa quedara por poucos. No 2007, houbo un 86% de participación e só se presentaron tres candidaturas, e lográmolo. Desta vez, o noso obxectivo é superar os 1.600 votos, imos traballar para iso.

55 comentarios:

  1. ides traballar para iso? deberíades haber traballado para iso!

    ResponderEliminar
  2. Buffff!!! qué tío!!! non hai por donde collelo.

    ResponderEliminar
  3. Si o millor logro foi a compra das casas do Campaneiro e dona Tomasa e levoulle 12 anos conseguilo, ahora entendo que nos ultimos 12 anos non se fixera nada mais na Illa. Apaga e vamonos. Como si a compra de 2 casas en ruinas na cal se empeñou o futuro da Illa fora algo do que estar tan orgulloso, emcima decir que lle levou 12 anos conseguilo. Ou o alcalde ten ambicions moi pequenas ou eu as teño moi altas. Si as expropiara por abandono,feismo e por interes publico acababa antes.

    Claro que a xente non vai os plenos, menos os xovenes, van os vellos porque non teñen mais que facer, nadie os quere ver a cara e ver que non facedes mais que arrastrar os pes e non facedes nada polo pueblo.

    ResponderEliminar
  4. Este ano tamben ides sacar un DVD tan chulo como o das anteriores municipales donde nos mostraste tantas cousas bonitas? Faroles!!

    Vergonza deberia ter a xente que vai votar o PSOE. Porque non empeñaste 12 anos en facer viviendas de proteccion oficial? En terrenos publicos esos 400,000€ que gastaste na compra das casas do Campaneiro e dona Tomasa tamen servian para obrar VPO´s e encima sacarlle ganancia po pueblo tanto en calidad de vida pa xuventud asi como ganancia pas arcas municipales.

    ResponderEliminar
  5. bueno,antes de que o vendaval de criticas destrutivas que o van ser,na sua mañor parte,
    y de o xabon que tamen te van dar os teus correlixionarios,permitame alcalde,unha critica,construtiva e totalmente desinteresada.
    fala vostede dun balance, quen mellor vos van a facer o balance,seran os veciños da illa,pois ainda que as veces, non se ten moita memoria, a xente non e parva,(como alguns se creen) e sera o povo quen valore o nivel de compromiso.que vostedes acadaron,e decir en que grado cumpriron o seu programa municipal.
    chamame a ateccion,o do interese pola politica municipal,bueno penso que eso e culpa da corporacion enteira,faise pouca politica e demasidos tecnicimos e rifis rafes que non son nada politicos,eso e outra cousa,que e donde a xente se aburre,donde van aqueles plenos de manolo dios, ahi ten vostede un exemplo de como se manexan os plenos ,de unha maneira totalmente politica,y ademais son entretenidos e cultivan o personal,por que mais ala do que algun pensen,ainda ahi diferencias entre a dereita y a esquerda.
    outra cuestion,ainda que melloraron algo e o tema da comunicacion,e decir dar a collecer a o povo a labor do goberno.(o boletin,deveria ser municipal,non o do partido e intervir as forzas politicas y as dintintas asociacion y entidades do concello,ai teñen unha idea contrutiva,)
    cuetions como son a boa xestion econimica,recollecida polo representante do bng,muy noblemente,son cousas que ,se deven desglosar e dar a conocer a os veciños,y por ultimo,penso que donde mais problemas tendes e no eido politico, un partido politico que se precie y se chame de esquerdas,ten que facer politicas de esquerdas,y empezando por a casa dun mesmo,metres non se forme a un militante politicamente,solo saldran xente nas candidacturas moy light, a politizaccion dos militantes e moy importante,por que eles son os que van a facer chegar a mensage a rua,y eso o psoe,perdeuno,y esta a facer o mismo que o pp,politica clientelar,que no crea escola,sinon que solo sirve de momento, na illa tendelo facil,por que non ahi candidactos que teñan un perfil politico alto como para disputar a alcaldia o psoe,pero eso non quere decir que se esten a facer a cousas todo o ben que se deverian facer,a esquerda deve de socializar,esa e asu labor fundamental no eido politico,y si logo se fay unha boa xestion econimica,ahi estan os dous pilares para a transformacion da sociedade,bueno,nada mais,sorte, a vostede y os outros dos candidatos,que teñen o meu respeto e admiracion,por ter o valor de presentarse a unhas eletccions.
    molestame moito non identificarme,pero os que me collecedes,xa entenderedes,por que non o fago,que axa un bon debate,sin insultos,e estupidezes, xa somos un povo a dulto,falemos de politica,sin insultarnos,e bo non pensar todos o mismo,un sahudiño,e orgulloso de ser da arousa

    ResponderEliminar
  6. Máis alá do que fixo o PSOE nos últimos tempos (máis ben pouco e moi mal invertido), a min o que peor me parece é o SECTARISMO (sí, con maiusculas) e a prepotencia da que facedes gala todos e cada un dos membros que ides conformando a candidatura elección tras elección.
    Despreciades totalmente a quen non pensa coma vos e non te das conta/vos dades conta que os votantes do BNG e do PP superan con creces aos do PSOE.
    Creo que sodes o máis claro expoñente do PENSAMENTO ÚNICO e, en consecuencia, parece que a frase "ou estás conmigo ou contra min" se fixera pensando en vos.
    Así pois, tendo en conta que o PP é o rival natural é lóxico que os increpes e desacredites todo o que podes pero, en relación ao BNG, sinto amargura pola hipocresía da que fixéstedes gala desde o 1999 en diante. Tratástedes ao BNG como a un "trapo de chupar" e así o seguiredes tratando. Hipocresía, cinismo e desprecio son os vosos sinais de identidade. Como cando Dolores Folgar reparte bicos e abrazos aos electores cando van a votar.

    Saudos

    ResponderEliminar
  7. 1º "E nos vindeiros anos ten que producirse un desenvolvemento turístico que complemente o mar."

    Acórdaste ahora, cando sabes perféctamente que é inviable!!! Como aquel hotel da cadea NH que nos vendíades se iba a facer no Furado e no seu lugar plantáchedes a VILLA PSOE.

    2º"Pero onde hoxe hai pisos podería ter habido casas... estamos nun libre mercado."

    NON!!! si no PXOM se houbera regulado de outro xeito e non se facilitase a construcción de edificios por enriba das unifamiliares.

    3º "o Plan de Ordenación do Litoral (POL), que limita o desenvolvemento da Illa como vila,"

    Claro, limítavos os chanchullos urbanísticos coma o de SERCOYSA e algún que outro notable da órbita do PSOE.

    4º "En aras da austeridade, aos municipios abandonáronnos economicamente, ao tempo que nos vemos na obriga de coller competencias que non nos corresponden."

    Quén vos obriga? Non sexas trampón. Si tes Policía Municipal é porque queres ou porque xa che veu de antemán de Vilanova ca segregación. Si che gusta vivir por enriba das tuas posibilidades atente logo ás consecuencias.

    5º "Se teño que escoller unha actuación que simbolice todo este traballo sería a compra das casas do Campaneiro e dona Tomasa,"

    Si home, cos cartos dos veciños fanse montes e moreas, o carallo é amortizar logo o crédito da Diputación e dos Bancos.

    6º "Hai que ter en conta que o Concello naceu sen propiedades"

    O que dí ben pouco dos teus predecesores en Vilanova...socialistas coma ti.

    7º "No tema dos servizos sociais, está pendente, por exemplo, a ampliación do Colexio Torre, que xa nos prometeran para o ano 2010. Actualmente estase usando a ludoteca municipal como aula, ante a falta de espazo"

    Rotundamente falso meu, eu penso que a ti convénceche o Tourís deixando que te fotografíes no despacho con sonrisa de orella a orella. Palmadiña na espalda e pa a Arousa de volta..., e a outra cousa.

    O Grupo está de pena en canto a mantemento que lle compete ó Concello e eso sábelo ben. Durante anos nin te preocupastes de dar unha man de pintura. O exterior da vergonza: fachadas, verxas, limpeza de xardíns, canalóns...
    Falas de uso da Ludoteca por falta de espacio. Pois podías haber previsto nos anos do Bipartito a ampliación.

    En fin, non tes empacho en botar pola boca porque pensas que falas para xordos.

    ResponderEliminar
  8. Eu como di outro compañeiro fora de decisións mais ou menos acertadas, ou mentiras mais ou menos grandes, o principal reproche a este goberno como di un compañeiro noutro comentario e o sectarismo. Eu o dia que vin a veciños e militantes do Psoe increpar a outros veciños que querian defender os seus intereses (leiras, negocios, vivendas), dinme conta do grado de ingnorancia, e fanatismo de alguns. Estaban mais preocupados da señora Caride que viña poñer a primeira pedra da carretera de acceso, e de quedar ben diante deles a dos problemas e inxustizas que se podian cometer con outras persoas. Si lle tiran a casa ou o bar a un veciño que se jodan que non son dos nosos, estes pensamentos nun pobo de 5000 habitantes son moi tristes, e o egoismo e tratar os veciños en función do que voten e o peor que Psoe municipal fomentou coas suas actuacions, e obras durante estos anos. Axudos os meus e si podo jodo os outros, pero impostos señor alcalde pagamos todos non so os que lle votan, por eso so pido un trato igualitario para TODOS os veciños.

    ResponderEliminar
  9. O principal problema do goberno municipal (aparte da ignorancia e nula capacidade de parte dos seus membros, aínda que iso é común en tódolos grupos políticos da Arousa) é, dun tempo a esta parte, a prepotencia e a soberbia cun comportamento, como ben din por ahí arriba, totalmente sectario en beneficio dos seus amigos.

    Volvendo ao da pouca capacidade, é impensable que nun sitio que aspire a algo esté nunha corporación municipal xente como Isidro García ou Dolores Folgar, aos que podo respetar a nivel persoal pero como políticos son ceros á esquerda, totalmente nulos cando non perxudiciais.

    ResponderEliminar
  10. O anonimo 8 , o quid da cuestion e que si lle tiraron a casa a un veciño e o bar a outro, foi unica e exclusivamente porque eles o buscaron, xa que no primeiro trazado non se derrubaba ningunha propiedade , asi que lastima ningunha , fixeronlle caso o Larú e mais os avogados e asi lles foi.....


    A de estar simpatica a inauguracion da estrada do muelle, xa veremos as fotos na prensa de que os que foron meterlle a de dios a Caride, ahora van a ir a celebralo con Feijoo........tempo o tempo.

    ResponderEliminar
  11. Señor Alcalde, o seu comentario de ¨Pero onde hoxe hai pisos podería ter habido casas... estamos nun libre mercado.¨ Vos aprovades as licencias para poder edificar, chanchullos como o do furado que sabe dios o que fixestedes ahi para poder legalizalo. Ademais lembrolle a recalificacion da area parcelaria do con do sol que estaba calificada para chalets unifamiliares e vos, os do PSOE, recalificastedes para bloques de pisos, e vendestedes un farol de VPOs, claro pa sercoysa. Asi que non veña usted de planpinas dicindo que e mercado libre cando vos recalificades os terrenos para a sua convenencia.

    Ou desde logo gustariame conocer mais a fondo o tema do furado, como xa comentou un compañeiro por ahi arriba, prometeron un hotel e acabou sendo villapsoe. O que me pregunto eu, ese terreno foi recalificado con documentos falsos? porque segun a ley de costas esa parcela non era urbanizable, pero fixose alegando que antes da ley de costas esa zona tiña todos os servicios, pero sinembargo o concello de vilanova confirma via documentos firmados que antes da segregacion ainda o furado non gozaba de servicios. Entonces como pode ser que tuvera os servicios antes de 1988 si na segregacion ainda non dispoñia de eles?

    Creo que tuvestedes sorte que a denuncia non prosperou, pero xa sabemos porque non prosperou.

    ResponderEliminar
  12. Estou dacordo có 6 moitos bicos pa todos e despois tonas

    ResponderEliminar
  13. Anonimo 11 , o que falas dos servicios ganouno o concello en un contencioso para legalizar as casas que tiñan un expediente de derribo , Duran metendo pullas en contra dos veciños, e ti daslle a volta e usalo para facer creer que os pisos do furado son legais facendo trampas, si señor, con un par de collons........

    saude

    ResponderEliminar
  14. Aqui tes o link da noticia, que leer e bo , ademais e gratis.

    saude

    http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3121_17_165747__Arousa-Audiencia-Nacional-obliga-Costas-reconocer-Cabodeiro-como-suelo-urbano

    ResponderEliminar
  15. anda carallo, menudo zorro con piel de corderito!!!, se tiveras vergonza non te atrevias a decir que do que mais orgulloso estás e de conseguir despois de 12 anos unhas casas en ruinas...... unhas casas que vamos a pagar todos e a min ninguen me consultou si me interesaba a compra ou sui queria que os meus impuestos se dedicasen a esa aberración, mellor seria gastar os cartos en comprar terrenos para un pavillón xa que non foi capaz de negociar cos veciños,(por inepto), menuda pandilla temos no concello, e seguirán facendo un feudo privado do que é de todos.......

    ResponderEliminar
  16. O anonimo 10, tamen e culpa do laru da curva que ten a carretera para non levar a leira do alcalde. A verdade e que eu non sei todolos tejemanejes que pasaron hai, como o recurso dos veciños, de como foi ou non foi. A min que lle leven o laru un cacho de horta, non me preocupa moito, preocupame mais que lle tiren a casa a unha familia humilde, ou deixen a unha familia sin o negocio do que viven, sexa quen sexan os veciños, e voten a quen voten. Tan simple como que o que non me gusta para min non llo pido para nadie. Algo que non todo o mundo pode decir, esa e a miña critica, que creo que ten a sua lóxica, e non debe ofender a ninguen.

    ResponderEliminar
  17. bla,bla,bla,bla,bla,bla,desde o sillon da casa todo e moi doado,esta pp,psoe ou pepito sempre sera a misma merda pero con distinto cheiro.haber cando se xuntan todos pa pensar un poukiño mais e non criticar tanto,MAMONAZOS!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  18. P.D: as criticas podedes recollelas cando keirades e metelas polo..........,eso

    ResponderEliminar
  19. Eu doulle a razon o comentario 17 e 18, son todos uns soplapollas, ademais de estar a chupar do vote nn fan outra cousa!!!!!!! o unico qu lles costa discutir e o qu ban a cobrar e de donde ban a sacar tajada!!!!!!

    ResponderEliminar
  20. Que sigan asi, no estado xa vemos o que temos, prohibicions e subidas de impostos por doquier, e aqui, na illa, que poderia ser un paraiso, non temos nada... e nestas proximas eleccions, saldran reelexidos e seguiremos sin ter nada...
    Que foi de toda esa pelicula que nos venderon na lexislatura pasada con ese bonito dvd no que todo era precioso e marabilloso... o regueiro sigue igual, seguimos sen centro de saude, sen viviendas de proteccion oficial (bueno, de esas temos pa os mandamases do psoe ali no cabodeiro) e sen pavillon de deportes, que cando eu era rapaz xa o tiñan no programa e agora que xa teño 33 aniños, teño que ir a piscina a vilagarcia ou a cambados, e se quero xogar o tenis...
    Eu non vou criticar nin a uns nin a outros, que a fin de contas son todos igualiños, pero o que si teño claro e que esta vez eu vou apostar polo cambio, asi polo menos... poderemos comparar quen rouba mais ou menos e quen fai mais ou menos pola xente da illa, que o final somos os que poñemos os cartos para que eles fagan o que lles pega na gana...
    Xa me cansei de dicir que chove cando sei perfectamete que estan mexando por riba de nos...

    ResponderEliminar
  21. demasiadas trapalladas politicas...ide comprar unha barra de pan e metedeas no medio...facedes un bocadillo e comedeas...haber a q sabe...como costa tragar o bocadillo..cando sabe a merda...

    ResponderEliminar
  22. Todos sabemos, cantas promesas pendientes ahy!!!!!
    E atrebome a decir qu nn creo qu se cumplan mais, por qu esas carteiras nunka se van a acabar de encher, dende vilapesoe ata os arreglos entre comillas na plaza do regeiro (qu son pura pantalla), aver a qu bén poñer balados pa pista si arreglar primeiro a misma, e coma qun vota colonia e nn se ducha, sigue cheirando!!!!, as instalacions de patinaxe,ademais de estar moy serca de ser unha merda, en menos dun mes, xa nn balen nin pa tomar polo cu, Sejuramente acabe por aver 4 ferros mal postos , qu os quitaran cando algun rapaz rompa unha perna!!!.......En fin, nesta arousa xa nn sorprende qu poñan merdas deste calibre!!!!!! E MELLOR LIMPALO CU CA PAPELETA, QU DARLLA A CALQUERA SOPLAPOLLAS DOS QU TEMOS COMO CANDIDATOS!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  23. Manueliño, dame a min que se che acabou a bicoca...

    ResponderEliminar
  24. pois a min dame que Manueliño vai sejir mexando por ensima dos arousáns... e eles sejirán desindo que chove!!!

    ResponderEliminar
  25. 23 e 24 , de bilis ben e??


    saude

    ResponderEliminar
  26. qe e o qe dis ome?

    ResponderEliminar
  27. 25 non se traduce así, meu fillo
    O equivalente galego para "salud" como despedida é "un saúdo" ou "saúdos"
    "saúde" é só para brindar, aínda que che guste traducir o que soltan os teus gurús.
    Igual é que xa estás brindando por un novo triunfo do teu amigo Manuel. Non teño a menor dúbida de que sairá elixido de novo.
    Podes durmir tranquilo (e con saúde)

    ResponderEliminar
  28. 27 * Saúde, coma "salud" en castellano, está perfectamente ben para se despedir.
    O que ti dis é coma se corrixes a alguén dicindo 'Non se di "que tal?", que se di "como estás?"'.

    ResponderEliminar
  29. para o 27 , a bo entendedor, eu polo menos teño a decencia de saudar, non teño maldade , eu son asi.....ti non podes dicir o mesmo, cando tratas de correxir e quedar de guay de la pera....domingo cando vaias a misa xa podes dicir que fixestes unha obra boa...

    En canto a victoria de Manuel, a min personalmente non me quita o sono , parece polos comentarios que a algun de vos vaivos a vida en esto , a min sinceramente non, e ti de un saudo cordial interpretas que eu estou brindando pola sua victoria....

    Saude para ti tamen.


    PD: estas bastante mal.

    ResponderEliminar
  30. 29, non te enteras, que eu a misa non vou o domingo, vou tódolos días jajajajaja
    Caedes coma chinches, non entendedes nada, non dades para máis... ¿De verdade cres que a min me importa o máis mínimo calquera dos que se presenta e os seu partidos?
    Tí sí que eres guai de la pera campión, da pera que tes en lugar de cerebro.

    ResponderEliminar
  31. Non , aqui o unico que entende es ti. Xa que vas todos os dias, pide un puesto no coro, que hay unha vacante , ese tamen ia moito a misa, ao mellor eres coma el....


    Que che den.

    ResponderEliminar
  32. Saúde tamén é cumprimento listonto.

    ResponderEliminar
  33. VIVA A VIRGEN DO CARMEN! VIVA SAN XULIÁN! E VIVAN OS CARNAVALES OSTIA! VAMONOS TODOS DE FESTA, QUE ASI E COMO SE ARREJLAN OS PROBLEMAS NA AROUSA!

    ResponderEliminar
  34. o de sempre05/03/11, 12:53

    jajaja,cabado de poñerme o dia ,e manda carallo,aqui ahi moito toro embestindo, o que se poña por diante,pero pouca reflesion socio-politica,que e realmente o que importa,a realidade da arousa e a que,un partido polico que como xa e costume,y esto non importa o color que teña,pois baise aburguesando de tal forma, que o final xa penxa que si non estan, a illa bay a afundirse,e polo tanto xa nos fan un favor os demais so ca sua presenza,isto e asi so por que somos seres humans,y esa e a nosa tendencia natural,sempre e o mesmo,o ser human necesita inquietudes,que o empujen ,que o estimulan,por que si non,pois pasa eso a desgana y a monotonia cubre o espacio que antes tiña a ilusion y ansi de facer cousas.
    Dito esto,a realidade,y o digo co todo respecto de quen se presenta a unhas eletccion municipais,por que para elo ahi que ter vontade e decision ,para facelo,cousa nada facil,pois que os rivais politicos os cales se bay enfrentar o actual alcalde,pois no son,dos que lle poden quitar o sono,o bng,ten un bon cadidato un homen sensato e honrado,unha persoa politizada,y ademais con un programa serio y responsable,pero non teñen estrutura de partido,o bng da arousa e moy sectareo,y o seu discuso politico no chega a rua,so se devate de portas para a dentro,y eso e un handicant moy forte ahora de que o povo conozca o teu programa,o sectarismo non sirve para nada,de que vale pensar que ti eres o mais guapo e o mais listo,si as mozas non te mira,por que ti tes medo sair a rua
    ese e problema do bng da illa.
    por outra banda,temos o pp,un candidato mediocre,si ningun recorrido politico y social no povo,un cabreado mais contra o psoe,que acabou no pp,pero pola contra si ten estrutura de partido,con votos xa consolidados,y que con un bon cadidato,si que podria poñer en solfa o psoe,mentras eso non suceda,non hai nada que facer.
    Para rematar,que decir do actual alcande,un mal politico,en todos estos anos,non mellorou a sua capacidade de conunicacion politica,todos pensamos no seu momento,que chegado o dia de oxe,este home que empezou tan pronto na politica municipal,seria xa a estas alturas un politico de altura no psoe,cousa falta neste povo,cargos politicos que non representen nas altas instancias,co actual alcande estase a perder unha destas posibilidades,pero bueno eche o que ahi,
    pero no eido da politica municipal si e, importante ser un bon politico,mais o e, ser un bon xestor economico,y ahi,o marxen de partidismos estupidos, ahi que decir que este alcalde e o mellor que tivemos nunca,pero insisto un bon alcalde dun povo,deve ter tamen outras cualidades no so as de xestion,penso que tamen as politicas,imaxinense ,a capacidade politica de manolo dios,y a capasidaqde de xestion,do actual rexidor municipal,seria a mezcla perfecta.
    sorte os tres candidatos,que sean claros no seus dircurosos,e que gane o que o povo decida,o final,ese vay ser o veredicto,por que.
    o povo e quen mais ordena,cando la vilamorena,terra da fraternidade.............

    ResponderEliminar
  35. A todos eses q falades de roubos, ilegalidades, amiguismos, chantaxes e chanchullos, notase q falar e gratis, si realmente estades tan seguros do q decides e tedes probas, q facedes q non denunciades, ou acaso solo cuspides o aire? pq esta claro q falar e moi facil, e criticar destructivamente, nin che conto, o q esta claro e q por moito q joda, o q vos chamades villa PSOE (na q por certo a maioria dos pisos son de xente do pp como o "señor" Louzan), antes de abrir tanto a boca, sin ter apenas idea do q se esta decindo, deberian leer, e informarse mellor, pq a verdade q mais q opinions son verquidos. E non fastidiar, poderache gustar mais ou menos o q levan feito os q estan, pero a verdade e q nunca tantas cousas se fixeron como na ultima lexislatura (outra cousa e q todo e mellorable, por suposto, pero q non se fai nada... anda xa)
    E eses santiños da dereita, q cando collan o poder van facer q a illa sexa marabillosa... perdoade pero non mo creo, sinxelamente, pq levan mais de 20 anos governando na xunta e o unico q nos deron foi de lado, e outra cousa, alguen o q chimpan do seu traballo por facer trampas cos cartos de uns poucos, e a alternativa q nos presentan para q manexen os cartos de todos... q medo!!
    Non hai nada como leer asi q informense antes de encher tanto a boca

    ResponderEliminar
  36. moy ben dito,pero a min non me extraña que estes do non digan o que que din,menudo trabalinguas,jajajajaja.
    Por que a realidade e que non teñen argumentos,para nada y solo poden facer o que fan os cobardes,enmerdar de unha forma anonima,ojala ohubese otra alternativa,que enriquecera a politica do noso povo,por que pensar que o bng goberne,pois e unha utopia.

    ResponderEliminar
  37. Si señores, ti crees que eu como individuo vou denunciar, moitas das irregularidades, que vexo e que teño que andar a golpes con todos os veciños axudados polo alcalde e cia. Cantas veces ti denunciastedes as tropelias do PP, demagoxia pura e dura. Eu podo opinar, ainda que non vos guste.Os que opinamos de tratos de favor, e vemos cousas que non nos gustan, non e enmerdar, e decir o que pensamos, porque temos ollos na cara, datos contrastados, como o nepotismo nas contratacións, tratos de favor en temas urbanisticos, o odio o que pensa distinto etc, etc. Outros ante as propelias prefiren mirar para outro lado. Pero os que pensamos asi con datos, non enmerdamos, damos a nosa opinion, enmerdar enmerdan, certos individios que dirixen o Psoe que onte pasan non sae a herba, digase axuntamento, agrupación de mexilloeiros, etc . E claro que o fago dendo anonimato, porque os que protestan dadeslle paus por todalas esquinas. E por ultimo un tio de esquerdas de verdade teria vergoña destos señores que encarnan o peor da dereita. Sectarismo, amiguismo, caciquismo, etc etc

    ResponderEliminar
  38. opinar si,pero con criterio ,calsaburras,que eso e o que so des mais de catro mangantes que no falades masi que babosadas,manda carallo,denuncia baite o xulgado,e pon a tua denuncia contra que comete algunha tropelia contra o teu povo,e a tua obligacion,pero e moy facil facer o que facedes,moito bla bla bla bla,e nada mais,valla banda de amargados, o pp te un candidato que xa o botaron do seu posto de traballo,por malversar fondos de outros,ese e o candidato que tendes, mais catro narcos e dous cabreados,jajajaja valla banda, veña ome vaite traballar.

    ResponderEliminar
  39. Para o 36, asi q ti podes opinar, pero polo visto os demais non, pq si non facemos demagoxia, primeiro q creo q para utilizar esta palabra tes q saber o significado, e para falar do q eu denuncio ou non denuncio, primeiro deberias coñecerme,( eso si e demagoxia falar por non estar calado, e sin datos contrastados) ahor q opinar por suposto q si q podes faltaria mais, ainda q a dereita lle joda este sigue sendo un pais libre. Sigues facendo exactamente o mesmo, e polo q vexo o unico q sabes facer, falar pero sin dar un so dato,(e o de andar a golpes e o q fan as persoas q queren impoñer a sua razon, non as q a teñen, digoche o mesmo, si sabes realmente q o q dis e certo pq non denuncias?, serias novo heroe da dereita, eso si primeiro teras q demostralo. e non penses q non quero q opines, todo o contrario, as opinions de todos son respetables, sempre e cando non se falte o respeto e a intelixencia da xente, asi q o che decia informate, e cando demostres q o q dis e certo, sacareime o sombreiro e dareiche a razon, mentras tanto, eso si e demagoxia

    ResponderEliminar
  40. Vomitade sociatas, vomitade, que é malo reter tanto veneno!!!

    ResponderEliminar
  41. Aqui neste pobo en democracia os revolucionarias, os que moveron as masas, e os que usaron a violencia, foron catro coma vos. Hai moitas cousas que son legais e non son nin eticas, nin honradas nin para a miña opinion ben feitas. Que Chaves lle dera unha subvencion de varios millons de euros a un empresa que contrata a sua filla cun sueldazo, igual e legal pero non da moita transparencia para a ciudadania. Que Camps reciba uns traxes, que non parece moita cousa, pero que lle dea a esa xente contratos por millons de euros, igual e legal, non son xurista, pero moi etico tampouco é. A diferencia entre min e vos e que eu sei criticar e critico cousas que non me gustan que fai o PP o PSoe, ou quen sexa, non vin que aceptarades nada salvo que podo opinar, e ainda asi non vos gusta. Vos pensades que os que criticamos a xestion municipal somos anti algo ou de dereitas ou fachas. Simplemente vemos cousas que non nos gustan, e creo que enumerar detras do anonimato nombres de persoas non e correcto pero que vimos como se conseguiron chollos, non traballos, chollos, e que obraron onde outros non podian, e que obraron como outros non podian, ou que esquivaron os seus bens nunha expropiación, ou que me mentiron descaradamente contandome a Illa no pais das maravillas, no famoso DVD, son feitos non inventiva miña. E estou seguro que ti non ias denunciar nin a Jose Juan nin a Carlos si fosen alcaldes e fixeran cousas que non son xustas, pero podererias, eu diria mais deberias criticalo. Eu non son Conde Pumpido, so un veciño, que traballo que pago os meus impostos, cada vez mais altos por certo, e que recibo poucos ou moi poucos servizos baixo a miña humilde opinión. E como levades toda a vida gobernando o pobo catro, pefiero que agora o fagan outros, como cando o señor Fraga levaba 20 anos pero o reves. E como a miña opinión non e nin sectaria nin radical nin maleducada, non lle fago mal a ninguen, e xa me despido que tampouco quero convencerche do que non podo, so que o que pensamos outros no e malo senon distinto.

    ResponderEliminar
  42. Que non este dacordo coa tua opinion, non implica que non me gusta q opines, neso ademais de en moitas outras cousas estas equivocado, criticar e moi bo (sempre constructivamente), ahora criticar por criticar q queres q che diga...ahora ben si calquera dame igual sexa dereita, centro ou esquerda, gobernante do meu pobo fai algo delictivo e q me afecta, podes estar seguro q eu si o denunciaria, esa e unha das cousas q nos diferencia (o da violencia deixo para outros) Si queres falar de feitos falamos, dille a todos os q se presentan, q antes de coller ningun poder, que fagan publico o seu patrimonio (queremos saber q posue a xente q nos goberna) a ver q che din o teus amigos salvadores da Illa. Que diga donde e en q traballan, eso si seria transparencia, e asi podiamonos reir todos, o malo deste pobo e q a maioria coñecemonos, e sabemos de sobra como se confeccionan as listas, e eu nunca che tildaria de malo por pensar diferente a min, pero esta claro q non podo estar dacordo en moitas cousas, sobre todo en q prefiro malo coñecido...

    ResponderEliminar
  43. piraguismo campeons sin medios!!!!!!

    ResponderEliminar
  44. quen este libre de pecado:

    http://www.tribunadeeuropa.com/?p=2269

    http://www.catalunyapress.cat/es/viewer.php?IDN=34125

    ResponderEliminar
  45. Os cargos do bng que son IMPUTADOS xudicialmente presentan a súa dimisión. Os CONDENADOS do pp traballan na deputación de pontevedra. Non todos son iguais.

    ResponderEliminar
  46. Ok, mellor malo coñecido.

    ResponderEliminar
  47. JDT, dille a construtora san jose que te emplee en vieiros ou a nosa terra..., hai non carallo, que foron o tacho, bueno, no yate de kin dandolle patente cando o leven o carro

    ResponderEliminar
  48. Ok, mellor deixamos que siga o psoe.

    ResponderEliminar
  49. Igualiños igualiños...

    http://www.elmundo.es/elmundo/2011/02/24/opinion/1298567759.html

    ResponderEliminar
  50. O comentario 40.... aplauso!!!!

    O que non queira ver o que pasa na Illa e porque ou e cejo ou esta do lado que recibe os favores ou lle fan a vista gorda. Non e para todos igual, e o que diga o contrario minte.

    ResponderEliminar
  51. Sintoo Manuel pero este ano non che voto

    ResponderEliminar
  52. Gracias o anononimo 49 eu escribin o comentario 40 e algun mais pero so saben decir que enmerdo, e que son un tonto, fascista e non recoñeceron nin criticaron unha soa actuación do PSOE, nin unha, nin de Chaves, nin de ZP, nin de Touriño, nin de Rubalcaba, nin de Sebastian, nin do señor Alcade, nin unha sola critica, con todo o que cae, eso e radicalismo e esta claro que non hai mellor cego que o que non quere ver. So pido un pouco de talante do que tanto presume o voso lider.

    ResponderEliminar
  53. Moi ben 51 , ahora fai un relato de Gurtel, Crespo, Louzan e os seus enchufados , o facha do alcalde de Valladolid , O puteo de Fraga coa illa durante 20 anos , Os mangoneos de Lopez Veiga e agora a Conselleira de Mar , machacando literalmente os bateeiros da illa , Os desprecios de Duran co pobo da illa.
    Cando me reconozcas todo eso, creerei que tes o talante que predicas e que non eres un enmerdador que vives ou ben da politica ou gracias a ela.

    E dentro de un par de comentarios sairei eu mismo dandome unha palmadiña na espalda como fas ti.

    saude.

    ResponderEliminar
  54. eu dijo, deixadevos de parbadas e coidemos o que temos empezando por ahi, vale! vale, pois si o concello que o fin somos todos pagamos uns impostos para algo no? e mais, si gastamos x cartos en papeleiras,en columpios etc,.. porque rompelos?
    A carretera nova, e o mellor que pudo haber pasado na illa nos ultimos anos, pois de eso depende parte da vida laboral da illa, sobre todo os bateeiros, justariame ver os do partido, "putos peloteros" PP gobernando a ver que farian, pois o mesmo que os que estan agora, o mellor posible.
    Estamos cerca, gañaremos outra vez seguro, a xente non e tonta. jajaja
    bicos a tod@s


    saude

    ResponderEliminar
  55. 52 creo que os que se fan ricos e negocian cos cartos de todos deben ir a carcere, Gurtel, Jaume Matas, ou Cristo Bendito. Creo que o conselleiro Lopez Veiga foi un bandido e unha lacra para o mar. Creo que os mandatos dos politicos se deberian acurtar por lei a duas lexislaturas, para que ninguen por bo ou malo que fose se perpetuara no poder. Non vin un so dos que apoian a corporación municipal,criticaran o sectarismo, o nepotismo, a arrogancia ou a chuleria de quen nos goberna. Eu podo criticar a Feijoo, a Zp, ou o meu alcalde sea de quen sea, pero vos ainda que non creades no que fan, decides que si a toda a merda que se faga so porque cheira a socialista. Esta e a diferenza que nin un so e capaz a criticar nada, so decir que os do PP son peores, gran argumento por certo e unico dos que aqui comentan. Un saudo 52.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.