Colonia de patos na praia de Semuíño
[Susi Rial] Dende hai xa bastantes meses vense dando en certas praias da Illa de Arousa un curioso fenómeno, como é a gran proliferación de patos. Unha das praias más concorridas por estes animais é a praia de Semuíño. Nalgúns momentos chegáronse a contabilizar ata oitenta patos nunha praia de non máis de 25 metros de longo. Pero non todo foi mérito deles, posto que contaron coa gran axuda dos veciños da zona. Algúns collían os ovos e coidaban dos patiños ata que se facían grandes e se podían defender ben das gaivotas. Pero a natureza é sabia, e o resultado final non foi outro mais que a superpoboación. Os veciños tamén lles dan de comer regularmente, ata o punto de que, cando teñen fame, non dubidan en achegarse ás portas das casas pedindo comida co seu particular berro. Polo tanto, pódese dicir que son patos "semidomésticos". É tal a expectación que causan que, sobre todo coa chegada da calor, converteron a praia de Semuíño en destino dos máis variados domingueiros: familias con nenos pequenos, xente paseando que pasaba por alí,... e todo tipo de persoas que sentan alí uns intres agradables dándolles de comer ós patos, cousa que eles agradecen enormemente. Outra das características destes animais é que non gostan moito das aglomeracións. Viven en familias, ou en parellas mentres que non teñen crías. Buscan o seu espazo, o que dá lugar a que se espallen cada vez máis pola costa arousana.
Eu creo que comeza a ser un problema a superpoboación de patos en semuiño, hai moitos en unha praia tan pequena, non teñen onde refuxiarse os días de vento e cando pasas có coche tes que baixar e botalos para un lado. Penso que a xente que os cría, que fai unha gran labor, debería de soltalos en diversos puntos da illa de forma máis espallada porque deste xeito sobreviven cada ano a totalidade das crías na mesma zona de forma insostible aínda que cada vez e máis a xente que se achega a dar de comer aos famosos patos
ResponderEliminarNas noites de verán tamén supoñen un problema á hora de dormir XD
ResponderEliminarEu creo que a este paso os patos vannos a superar.
ResponderEliminarPolo visto estanse a converter nun atractivo turístico ;)
ResponderEliminarhay que abrir un restaurante de patos...
ResponderEliminarestou de acordo
ResponderEliminarCurioso !.
ResponderEliminarMmmmmmmmmmmmmmmmmmmm.....!!!!! delicatesen, pato a naranxa, paté de pato, pato ó espeto, hasta nun codelo de pan está bo. eu xa comín un par deles dos de Semuiño, e están moi jugosos,vese que están ben alimentados.
ResponderEliminarpiiitas,pitas!!
ResponderEliminarQue tantos detractores dos patos, a verdade e que tantos son un incordio
ResponderEliminarque é un pato?
ResponderEliminaré un instrumento que teñen os ovos pa faser máis ovos
Hay gente pa tó...
ResponderEliminarSaude
pa eso eres ti?
ResponderEliminarOs patos eran animáis sagrados para os celtas (*) dos países atlánticos.
ResponderEliminarHai un historiador, Laureano de Chantada, o que descubriu a cabeza do guerreiro de catro metros, co torques de Taboadela, do que fixeron un artigo en National Geographic, que escribeu un libro sobre a moeda que circulaba polos países celtas hai 2000 anos, nas que aparecían patos. Tamén aparecen noutros obxectos importantes.
Daquela os patos representaban a unión de todos os mundos, pois vivían na terra e nos montes, voaban, nadaban e flotaban sobre as aguas doces ou salgadas, e tamén se mergulhaban por debaixo do mar.
(*) Aceptemos o termo: «Celtas» ten sete ou oito significados, pero un deles refire-se aos "finisterres" europeos, de Irlanda a Escocia, e Gallaecia/ Galicia/ Galiza... tamén "latino" se pode chamar hoxe a un mestizo sudamericano, sen pensar que se fala dos romanos).
En Galicia son comúns os apelidos Pato, Patiño e Patón, moi frecuente este último na Arousa (é o lugar con máis "Patóns" por habitante).
ResponderEliminarO de comer pato, pois alá cada un ... se eu fose dos que os alimenta non me faría gracia, -non os vexo como plaga, e son ben bonitos-. De todos xeitos o de "moi jugoso" igual provocación, pero os patos de máis de dez ou doce meses soen ter carne máis ben correosa.
ResponderEliminarO que me parece lamentable de todo é o paté, vistes como se fai? dan de comer á ave á forza, sen que se poida mover, cun anel para que non vomite... un sufrimento evitable, un gasto de cereal enorme para convertí-lo en bomba de colesterol, por moi bo sabor que tenha...
http://pt.wikipedia.org/wiki/Alimenta%C3%A7%C3%A3o_for%C3%A7ada
eu o que non creo é que esos patos sepan ben.
ResponderEliminareu de vez en cando doulle de comer, a verdade e que e unha actividade moi bonita para facer cos meniños, unha barra de pan reseso e os meniños pasano en grande.
ResponderEliminarDesde lo, eu non vin nunca que nadie lle fixera mal ningun os patos, e tampouco creo que cheguen a ser ningunha plaga.
saudos
Sije habendo xente pa tó..., jodendo a cadena trófica.
ResponderEliminarSaude
xa hay tempo que esta "jodida"
ResponderEliminar... E xa postos, ¿haina que sejir jodendo?
ResponderEliminarEu penso que non, o pan para as galiñas e os patos que se busquen a vida.
ResponderEliminareu dijo coma ti
ResponderEliminar