Xa ven o que pode dar de si unha tarde de domingo de inverno e unhas plastilinas: unha exclusiva felicitación de Nadal para todos os lectores deste blog.
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
[Redacción] O exalcalde Sito Vázquez vén de iniciar dende o seu blog unha campaña para que o Concello da Illa de Arousa mude o seu nome por 'Concello de Arousa'. Vázquez preparou un modelo de carta de solicitude que os usuarios poden descargar e enviar por correo ao alcalde. Historicamente, tanto os habitantes insulares como os seus veciños se referiron á illa co nome de “Arousa”, unha tendencia que comezou a mudar a partir da constitución dun municipio propio baixo o nome de “Concello da Illa de Arousa”, de xeito que se está impoñendo o nome de “illa” para referirse ao lugar. Vázquez xa ten escrito en varias ocasións sobre a preocupación que lle causa o feito de que a illa estea a perder o seu nome . Máis información sobre a nomenclatura da Arousa: A illa nos mapas antigos: I , II , III (Susi Rial) Concello da Arousa (Sito Vázquez) O nome da Arousa (Ilha de Orjais) Arousa: a illa dá o nome á ría (Xoán Dopico, revista Dorna )
[Redacción. 25/05/09 ] "Fraseoloxía carcamana" naceu co obxectivo de compilar e explicar as expresións típicas carcamanas, unha morea de frases de uso coloquial, difíciles de entender para as persoas alleas á Arousa. - Andar ao chuchuchú : participar en pequenas reunións regulares ou improvisadas onde se propagan e difunden rumores ou pequenas conspiracións. Exemplo de uso: "non te fíes de fulaniña que anda moito ao chuchuchú". -Aparta laxe que te fendo!: expresión para indicarlle a alguén que ten moita fachenda ou que esaxera as súas capacidades. Obviamente, unha laxe non é tan fácil de fender. -A xogar a Testos: expresión usada para dicirlle a alguén que deixe de molestar e marche. Fai referencia ao lugar ao que tradicionalmente ían os rapaces a xogar ao fútbol.
Moi bo. Moitas grazas. Estou ata os collóns de tanto papanoel. Bon nadal.
ResponderEliminarQuen é o fulano do bitote que está á dereita?
ResponderEliminarparese un pastor,un pouco moderno, iso si. O porco está ben mantido, je,je.
ResponderEliminarOdio o nadal e todo que teña que ver con el. pero en fin, so por o traballo que pasaches. Felices festas! os que lle gusten que as disfruten.
ResponderEliminarSi odias todo o que teña que ver co nadal dame a min os rejalos, que eu administrochos
ResponderEliminarPara todos desexobos un feliz nadal e un prospero ano novo 2010.
ResponderEliminarBo ano 2010 a todos/as! Esta noite, botas de "ajua".
ResponderEliminar