Dicionario de ausencias
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
!Que recuerdos¡recordo unha vez que fun pedir a unha conocida tenda da arousa,habia moitos rapazes e estabamos à fila,cando me tocou a min recollin a limosna e volvin a poñerme à fila outra vez,cando me chegou o turno de novo dixome a ama da tenda,pero a ti non che din antes?eu,moi resolta dixenlle que non,enton ela como disculpandose,dixome!ai e que a min ahora xa me parezedes todos iguales.!!que lercha eu xa de pequena¡¡
ResponderEliminarPrémio literário para um arousám: http://premioperezparalle.blogaliza.org/2009/11/07/ramon-nieto-otero-gana-a-xxii-edicion-do-premio/
ResponderEliminarOs meus parabéns para Ramón. Já tenho ganhas de ler esse poemário.
ResponderEliminarPropoño unha campaña. Para o ano que ven, indicarlle ós nenos que están a cometer unha gralla, e que polo tanto deben optar harmónica ou cordialmente entre:
ResponderEliminarUnha esmoliña polos defuntiños que van alá!
Ou ben,
Una limosnita por los difuntitos que van allá!
En calquera dos dous casos é obrigada a xaculatoria si o solicitado así o reclama. Que quede claro. Aínda que ás veces non cubra o esforzo, iso vaise sabendo coa experiencia que dá o tempo, e ó próximo ano, que vaia rezar ela que ten máis pecados ca min, total, pa unha castaña podre que dá.