Había tres ou catro que non saían os cabezudos na procesión do "Corazón de Xesús". O pasado domingo, e logo dun proceso de restauración, as cinco figuras de cartón pedra volveron ás rúas a alegrar -ou asustar, sempre hai algún que chora- os nenos. É curiosa a fusión de elementos relixiosos e pagáns que se produce nesta celebración relixiosa, que mestura a procesión dun santo co desfile dos cabezudos. Este tipo de figuras, e tamén os xigantes, están presentes nas tradicións lúdicas de moitas culturas, e na Arousa gozaron de moita popularidade noutros tempos. Sería interesante recuperalos tamén para as festas populares.
Buscar neste blog
1 de xul. de 2009
Cabezudos
Había tres ou catro que non saían os cabezudos na procesión do "Corazón de Xesús". O pasado domingo, e logo dun proceso de restauración, as cinco figuras de cartón pedra volveron ás rúas a alegrar -ou asustar, sempre hai algún que chora- os nenos. É curiosa a fusión de elementos relixiosos e pagáns que se produce nesta celebración relixiosa, que mestura a procesión dun santo co desfile dos cabezudos. Este tipo de figuras, e tamén os xigantes, están presentes nas tradicións lúdicas de moitas culturas, e na Arousa gozaron de moita popularidade noutros tempos. Sería interesante recuperalos tamén para as festas populares.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarCaro NaIlla:
ResponderEliminarPelas minhas mãos passam muitas fotografias com valor etnográfico onde aparecem músicos, cabeçudos, labores tradicionais, etc. mas faz muito tempo que não sentia uma emoção igual ao ver uma imagem. Eu lembro aos cabeçudos da Arousa quando criança e a instantânea é fabulosa. Os meu parabéns por uma vez mais achegar-nos um bocadinho de história tão formosa.
Os meus parabéns e por favor, mais imagens como esta.
Que boa foto!! Pero realmente non recoñezo en que parte da Avenida Castelao é. Eu non cheguín a coñecela así de deserta. Aprobeito para corroborar a extraña pero inquedante existencia destas personaxes, á que os nenos/as miran abraiados pensando que haberá debaixo, ou polo menos eu era o que pensaba de nena!! Alégrome de que se retomaran e gustaríame velos polas rúas algúnha mañá das festas do Carme. E mirando ben a foto, podo recoñecer a cara dos cabezudos, os mesmos dos anos 50 tamén estaban nos 90. Estas características pernosaxes comezan a ser algo históricas, ó contar cuns cantos aniños!!
ResponderEliminarJosé Luís, alégrome que che guste a foto, saiu do álbum familiar ;-)
ResponderEliminarNúñez, o lugar é difícil de recoñecer, pero douche algunhas pistas. Na esquerda da foto hai unhas mulleres subidas a un banco, arrimado a unha casa de pedra. Penso que debe ser o que hoxe é a tenda de "Mayca", na "carretera general". E se te fixas ben na dereita da imaxe ao fondo, hai unha fachada de pedra moi peculiar, que penso que se conserva tal cual, aínda que foi reformada e transformada nun edificio de pisos. Está preto do hotel Piorno, no camiño que vai para a Igrexa. Daste conta?
Por certo, na Arousa aos cabeçudos se lhes chamava tradicionalmente papamoscas. Este é um termo muito usado em toda a Galiza, fundamentalmente para os gigantes com mandíbula móbil e que ao saltar se abre e fecha livremente. Segundo tenho entendido, na Arousa papamoscas eram todos, gigantes e cabeçudos.
ResponderEliminarcerto, esa fachada peculiar da que falas , era unha antiga escola, e a ultima edificacion que hai , vindo da igrexa hacia "o transformador"(xa me entendedes) , na parte de atras de esa edificacion esta a casa de juanito nine.....
ResponderEliminarPreciosa foto.Encantame ver as fotos antiguas da Arousa. Eu acordome de rapaz que os cabezudos eran un rey e unha reina, altos coma o da foto e algun negriño.Efectivamente a casa da esquerda era a do señor Eusebio o abo
ResponderEliminarde Maica. A casa blanca era a do señor Torrado que tiraron a baixo fai pouco para facer unha nova. E a antigua escola que se ve a dereita ainda esta, pero en ruinas,a parte de atras era a casa do señor Manolo Nine e diante da escola Don Anatonio Gestal,contoume meu pai que unha vez don Antonio castigouno encerrando na despensa e comeulle o pan.
Como dixo José Luís, por favor mais
imaxes como esta e enoraboa polo blog, na Illa, esta cojonudo.
Precisamente un dos cabezudos que se ve na foto e o "negriño" que ti dis.O que està diante pode que sea a reina,miña nai que se acorda deles di que a reina tiña unha chorrera no peito e un vestido floreado ainda que na foto non se aprecia ben.Mirando a foto da a impresiòn de que os rapazes disfrutaban arredor dos cabezudos,debia ser unha verdadeira festa.Noraboa por facernos chegar cousas coma esta
ResponderEliminar