Buscar neste blog

22 de set. de 2008

Lavadoiros

Lavadoiro do Río

Lavadoiro de Palmeira

O persoal do obradoiro Nordés anda a traballar na rehabilitación do lavadoiro público das Laxes, que foi derruído por completo para elevalo ao nivel da Avenida da Ponte. A construción da estrada deixara este humilde lavadoiro de tellado de uralita agochado e esquecido. Agora semella que vai correr mellor sorte e que lucirá con materiais máis nobres.
Na illa hai outros dous lavadoiros máis, o de Palmeira, que é quizais o que mellor se conserva e continúa a manter a fonte natural de auga. E o do Río, un curruncho con moito encanto que foi estragado hai uns anos cunha desafortunada reforma, que soterrou con cemento o rego do pilón polo que fluía a auga.

2 comentarios:

  1. Pareceme unha boa iniciativa que se rehabiliten zonas que estaban moi deterioradas polo paso do tempo. Que os empregados do obradorio fagan un traballo do que poderemos disfrutar todos nun futuro e algo que e moi bo. En palmeira bebemos todos de nenos e gustariame que as proximas xeracions poidan ver o que habia antiguamente e como se facian as cousas sin avances tecnoloxicos. Un balde un bruso e a fregar, en homenaxe as nosas avoas e algunha nai que viveu esto como cotidia.

    ResponderEliminar
  2. Eu opino que as poucas pinceladas culturais que ten o Axuntamento de a Illa de Arousa,non se poden perder,hay que recuperalas,adecentalas e darlle o valor historico que se merecen,saludos!

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.