28.7.09

Lastra por todas partes

O carreiro que atravesa o piñeiral de Con Cerrado foi pavimentado con pedra

Semella que a lastra é a solución construtiva preferida para pavimentar as rúas do centro da illa, e tamén para urbanizar os carreiros entre os piñeiros, como este que ven na imaxe que comunica a rúa de Con Cerrado (onde están os cámpings) coa praia do mesmo nome. Non sería máis axeitado, nun contorno natural, unha plataforma de madeira?

12 comentarios :

ospapeisdegradin dixo

teño entendido que a primeira idea era facelo de madeira, pero alguns veciños protestaron porque asi non poderian acceder as suas propiedades con un coche , entonces optarian po-lo adoquin, a min non e que me guste moito, pero cando este rematado quedara ben , co carril bici vai a ser un recorrido moi bonito.......

Eu non fun dixo

Perdoa papeisdegradin pero eso é unha falacia. Tamén protestaron os veciños do Charco e non lle fixeron nin puto caso. Non se pode gobernar así. Cando me ten conta digo que foron os veciños e cando non non lles fago caso. Política infantil.

osdegradinsinpapeis dixo

¡A quen se lle ocurre!poñer adoquin no medio do monte e pola beira da praia,eso e impacto medioambental,polo menos.E que xa non vai haber un camiño de terra por donde andar.

ospapeisdegradin dixo

a min nin me vai nin me ven, digoche que poñen adoquin porque protestaron os da beira do mar no seu momento, por ejemplo un que me consta que protestou moito foi o pandolfo que ten un cerrado despois do chiringo do you, asi que eu digo o que escoitei , a min tampouco me gustan os adoquins, pero que carallo porias???

terra non, porque para eso xa estaba, madeira din que o resultado non e moi axeitado e que o seu mantemento e caro, louzas de pedra tampouco ,porque o impacto seria maior, asi que poucas opcions quedan......

eu sigo decindo que a primeira idea era facelo como no bao , pero toparon co problema dos terrenos que solo teñen entrada por abaixo, e constame que a beira do mar protestou por eso.

de todos modos hasta que este rematado non se pode apreciar ben, eu digo que a min personalmete non me encanta, prefeririao de madeira, pero como esta quedando en adoquin tampouco me disgusta.

saudos

Anónimo dixo

Que protestaran os da beira do mar non che leva directamente ò adoquin

ospapeisdegradin dixo

por suposto que non, pero da ti unha alternativa, e moi facil decir esto non me gusta , e non propoñer nada, polo menos eu interesinme e preguntei , e aqui expuxen o que me dixeron, e moi comodo criticar sen aportar nada......


saudos

Anónimo dixo

Ainda que eu dea unha alternativa non me ian facer caso,suponse que o equipo de governo do concello ou de quen sea competencia a obra debe estar preparado para aportar alternativas e ter a sensibilidade de que estas estean en consonancia co medio.

ospapeisdegradin dixo

iso non e de todo certo, toma como exemplo o caso da fonte do charco, o outro dia lein en unha nota de prensa que ian poñer outra fonte , e que estaban barallando o tipo de fonte que ian a poñer, iso e debido a
pancarta na valla e o ramo de flores, claro si ti ahora dis que boten xabre non van a levantar o adoquin para despois bota-lo, non funciona asi, pero mira como os interesados protestaron e conseguiron que a senda lles permita chegar cos coches as suas propiedades, nunca chove a gusto de todos, pero no por elo debes de sair sen abrigarte.......


saudos

Anónimo dixo

Pon exemplos visibles,no charco de momento non hai ningunha fonte.Fun ali mirar para asegurarme e aqui expoño o que vin,tres vallas de obra,de unhaa delas,colga un cartel,as flores xa mucharon.

ospapeisdegradin dixo

exemplo visible xa tes o adoquin que estan poñendo e que e obxeto de este debate, a idea inicial era unha senda sen adoquin , pero as reivindicacions dos veciños fixeron que se tivera que poñer o adoquin para que pasen os coches para as suas propiedades, senon iria de madeira ou de outro material....

Anónimo dixo

Outra vaca no millo. Os que temos fillos pequenos e temos que andar co carriño do crio temos pa pasalas putas. Xa vexo eu que non vai quedar rincon da illa para poder pasear o crio con carriño porque o probe parece que esta nunha batidora cando vamos de paseo. Vaya merda o que fan, po lo menos que pensen na xente que ten dificultad camiñando e nos que temos crios. E millor que utilizaran pedra lisa, xa que a madeira para mostra a do vao que outra merda mais.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...