28.3.09

En preparación un libro sobre o Entroido arousán

Unha obra de Antonio Millán

O artista Antonio Millán anda a traballar no próximo lanzamento dun libro sobre o Entroido da illa. Boa parte da edición completarase cunha selección coidada de fotografías, ademais de entrevistas a xente que participou nas comparsas e nas carrozas, unha recompilación de letriñas históricas do Entroido carcamán e curiosidades sobre as tradicións carnavaleiras no mundo. Xa estamos a agardar polo libro.

6 comentarios :

McMill dixo

Moitas ghrasias!
Cremos que pode estar en cousa dun mes nos quiosques.
Feliz Semana Santa!

Na Arousa dixo

A ver si é posible facilitar algún dato máis coma Editorial, difusión ou lugar onde se poida adquirir. Grazas.

Anónimo dixo

Comentarlle a Antonio tamén que as Rumorosas estamos esperando que nos veña a entrevistar tal como nos dixo, fainos moita ilusión!!! xa somos todas unhas veteranas no mundo das comparsas!!po ano facemos un lustro animando o entroido da illa!!!que ganas teño de que volvan os carnavales e eso que aínda non fai un mes dos últimos!!!e que o arousáns levámolo no sangue!!!


rumorosa s.a (por suposto)

nailla dixo

Pois o mellor é que o autor, se pasa por aquí, nos saque de dúbidas, pero teño entendido que vai ser unha autoedición con algún tipo de publicidade de empresas.

Antonio dixo

O que di «Nailla» é así: é un libro autoeditado, do que somos coautores servidor e máis Miguel Chazo, o fotógrafo, e leva algunhas páxinas de patrocinadores ao final, que nos permite sacar o proxecto adiante. Os contidos tratan do Entroido arousán e do Carnaval en xeral: orixes, curiosidades, etc. con letras de comparsas deste ano e doutras históricas (desde os anos 30), con algunha receta de chulas e filloas, con entrevistas a xente relacionada dun ou doutro xeito co Entroido ("comparsistas", "carrocistas", visitantes, "disfracistas", ... desde Andrés o Vaquilla a Sor Sofía, pasando por Ramón o ferreiro e outros "enterristas da sardiña"... e como non está pechado de todo aínda, aberto a quen queira participar)... e sobretodo, con moitas fotos!

Antonio dixo

O libro será de pasta dura, coa mellor calidade que poidamos, e ha de estar á venta en varios puntos da Arousa, cun prezo que rondará os 20 euros. Un sitio onde ha de estar seguro é no «quiosque brinquedos» (a de Fran O'Coxo) e posiblmente noutros puntos da Ría, coma Vilaxoán, Vilanova e O Grove (ou Ogrobe).

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...