12.3.09

Conservas con selo de calidade


Mexillóns en escabeche, un clásico, agora coa etiqueta da orixe

Esta é, de momento, a primeira conserva lanzada ao mercado coa etiqueta da denominación de orixe protexida Mexillón de Galicia. Elabóraa en Cambados a empresa Cermar, que xa colocou en máis dun cento de supermercados as tres receitas que produce: en escabeche, á vinagreta e á galega. A forma de presentación do mexillón é innovadora, en bandexa de plástico e con envase transparente, para que entre polo ollo.

4 comentarios :

Na Arousa dixo

Noraboa á empresa e ó Consello. Mais algunha observación. Chámame a atención a ausencia do galego no envase, tanto da empresa como no logo do Consello. Non sei si é unha partida para vender fora da galiza. En fin, menos mal que nos queda portugal. Igual pensan que o galego non é distintivo de calidade, mais ben todo o contrario. E, falando de calidade, o que garante o selo do Consello é a trazabilidade. Teño as miñas dúbidas de que algo envasado en plástico se poida calificar así. Mais a pesar de todo, penso que é unha boa noticia.

Anónimo dixo

E moi facil de entender, o Castelan entendese en Galicia e no serto de España, e o galego so en Galicia. O importante de verdade e que esta empresa xa aposta polo distintivo de calidade e pola diferenciacion do producto.O relevante e que veña chileno e poña que e galego, fundenos o prestixio e engana o consumidor.

Na Arousa dixo

As denominacións de orixe garanten fundamentalmente a orixe, a calidade é outro tema. O etiquetado en galego non exclúe ó castelán, poden ir os dous. A falta de sensibilidade e respecto polo noso é abraiante. Quen lle pon a productos procedentes doutras orixes que é galego son as propias empresas transformadoras galegas. Hai moitísimos productos de calidade que se comercializan á marxe das dop´s, ligadas a valores de marca fundamentalmente. Esta via penso que está sin explorar. Non se trata de ter unha depuradora ou unha conserveira e xa está, fai falla poñer un producto no punto de venta cunha marca, cun nome, que acade prestixo, para eso fai falta tempo, publicidade, cartos, garantir a satisfacción do consumidor, etc. e quizais seria a avanzadilla do despegue do sector, alomenos unha axuda. Hai que engair valor ó producto, 0,30 centimos de euro no peirao e 3 euros no super, un incremento do 1000 por cen sin transformación, quen se está a rir de nós.

Anónimo dixo

Vaia vaia con estes argumentos. Entón como deberiamos decir, D.O. Rias Baixas ou Rias Bajas, Albariño ou Albarito, Terras Gauda ou Tierras Gauda, Ribeira Sacra ou Ribera Sagrada, Abadia da Cova ou Abadia de la Cueva. Volswagen ou coche del pueblo, Citroën ou non sei o que, Renault ou vai a saber o qué, Philips, Fujitsu... Unha pregunta, o teu portátil é Pentium ou cinco... Así vos vai...

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...