Publicacións

Informe do Consello de Contas: os ingresos da Arousa

Imaxe
[Manuel Suárez Nieto] O Consello de Contas de Galiza é o ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego. O pasado mes de xuño elevou ao Parlamento o último informe, referido ao exercicio 2007. Na Galiza hai 198 concellos con menos de 5.000 habitantes, entre eles, o noso, que rexistrou uns ingresos superiores á media do seu grupo. O informe tamén inclúe a fiscalización das contas das confrarías, corporacións de dereito público dotadas de personalidade xurídica e capacidade de obrar. 

As novas rotondas

Imaxe
Rotonda en obras, no acceso á ponte [Susi Rial] Nun período de tempo non moi grande, pouco máis dun ano e medio, e nun traxecto non moi longo, dende a ponte ata as Laxes, o ordenamento viario viuse modificado coa implantación de, nada menos, que tres rotondas. A súa presenza obrígalles ós vehículos a controlar a velocidade, e mellora a fluidez do tráfico, evitando incómodos semáforos. E, sen dúbida, contribúe a unha nova percepción do territorio.

Undertown, en directo

[Redacción] Marcos Nine preséntanos o documental da actuación de Undertown, banda arousá de rock, durante as pasadas festas do Albariño, en Cambados.

A favor da peonalización

Imaxe
[Redacción] Dos 24 votos recibidos na última enquisa sobre unha hipotética peonalización do centro urbano da Arousa, un 70% amosouse partidario desta posibilidade. E case un 30% votou en contra. Entre os argumentos favorables que os lectores expuxeron nos comentarios, destacan a solución de problemas como a conxestión do tráfico no verán ou a perigosidade que supón camiñar por certas rúas estreitas, nas que os peóns apenas teñen espazo. Iso si, os comentaristas tamén recoñecen que é un proceso complexo, que requirirá da construción de aparcamentos e do deseño de alternativas de tránsito que faciliten a entrada e a saída da illa.

A luz dos mortos

Imaxe
O cemiterio vello [Redacción] Gústalle ao pobo arousán que os seus mortos, coma os vivos, teñan luz que os alumee na noite, aínda que sexa só unha vez ao ano. Así, cada un de novembro, o cemiterio énchese de bombillas e créase arredor do camposanto un resplandor que convida á visita nocturna. Este ano, porén, o sistema de iluminación será diferente. O cableado do cemiterio vello non reúne as condicións de seguridade axeitadas, segundo informou a Compañía de Electrificación, que se encarga da instalación. E o cemiterio novo aínda funciona con “luz de obra”. A empresa eléctrica propúxolles aos veciños a contratación dunha nova rede de alumeado, pero ante a falta de acordo económico –cada abonado debería pagar 30 euros pola instalación, máis outros cinco de cota mensual–, cadaquén poñeralles luz aos seus defuntos ao seu xeito. Velas, lanternas e leds servirán para prender a chama do recordo, en ausencia das bombillas. E nas fiestras dalgunhas casas, seguindo unha vella tradición, na n...

Candido Pazó estrea na Arousa ‘Memorias dun neno labrego’

Imaxe
 Pazó e mais o alcalde, durante a presentación da obra aos medios [Redacción] O auditorio municipal da Arousa acolle o sábado 30 de outubro, ás nove da noite, a estrea da adaptación teatral de Candido Pazó da obra “Memorias dun neno labrego”, un clásico da literatura galega, escrito por Xosé Neira Vilas. Segundo explicou Pazó na presentación do espectáculo, na que estivo acompañado polo alcalde, Manuel Vázquez, trátase dun monólogo narrativo e escénico, creado a partir da obra de Neira Vilas, ao que lle engadiu os seus propios textos e outros de tradición popular. Logo da representación en primicia no auditorio, a obra tamén se levará a escena no instituto, onde está previsto que acuda o propio Neira Vilas.

Ayes de Orjais

Imaxe
A portada do libro, publicado pola editorial Dos Acordes [Susi Rial] Hai agora uns once anos, chegou ás mans do arousán José Luís do Pico Orjais, por mediación de Ugia Pedreira e Ramom Pinheiro, a copia dun manuscrito que, se presumía, podería ser de Marcial Valladares. Este feito marcaba o inicio dunha intensa investigación, á que se uniu no 2006 Isabel Rei, profesora do Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Esta longa travesía culminou coa publicación do cancioneiro "Ayes de mi país", que será presentado o vindeiro venres, 29 de outubro, ás 20:30 no auditorio de Rianxo.